10.7.10

Boiro: nenos entre 6 e 14 anos patrullarán Carragueiros, A Retorta, Mañóns e Barrana como instrutores medioambientais


Para formar parte desta iniciativa poden inscribirse antes do 19 de xullo

Boiro, 10 de xullo de 2010. Este é o terceiro verán no que funcionará a patrulla medioambiental nas praias de Boiro. Comezará as súas vixilancias o luns, 19 de xullo.Trátase dunha actividade desenvolvida por nenos de entre 6 e 14 anos nos areais de Carragueiros, A Retorta, Mañóns e Barraña. Os nenos uniformados patrullan as praias como instrutores medioambientais, premiando aos usuarios polas súas boas actitudes, con agasallos de cinseiros e chapas feitas por eles mesmos.


En praias do Algarve portugués hai cinseiros para que os fumadores tomen prestados e recollan as súas cabichas sen emporcar a area


Participarán na campaña deste ano aproximadamente 50 nenos que repartirán 2.500 cinseiros. A actividade é desenvolvida pola empresa Trebello, a cargo do monitor Luís Castro, por petición das concellerías de Turismo e Medio Ambiente do Concello de Boiro. A actividade está patrocinada pola empresa Javasan Excom, encargada da limpeza dos areais boirenses. Aínda quedan prazas para participar nesta actividade. Os que se queiran inscribir deberán facelo antes do 19 de xullo en info@trebello.com ou chamando ao teléfono 679.20.88.53 

Relacionada:


Policía infantil de Ribeira: esta é a XV Promoción

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical