Ribeira, 14 de xaneiro de 2012. O Bloque Nacionalista Galego presentou esta semana unha iniciativa no Parlamento galego para que se cubra a praza vacante no Distrito Marítimo deste municipio e se mellore a xestión deste servizo no porto ribeirense. Bieito Lobeira, portavoz de Pesca do Bng no Parlamento informou disto xunto co BNG de Ribeira, o cal presentará esta mesma iniciativa no Concello para que o Goberno Municipal demande da Xunta de Galicia e do Estado a subsanaciòn das carencias (que se indican no texto adxunto) do Distrito Marítimo de Ribeira, que está adscrito á Capitanía Marítima de Vilagarcía, e do Servizo Médico do ISM.
Bieito Lobeira tamén reclamou que a Xunta abone o diñeiro dos Convenios subscritos coas confrarías de Ribeira, Palmeira e Aguiño para labores de vixiancia e asesoramento técnico, os cales están sen pagar desde hai meses.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia