Segundo se desprende dos feitos ocorridos, é posible imaxinar que dende fai varios meses poderíanse estar cometendo accións dirixidas a socavar o estado sicolóxico destas dúas persoas co único fin de que deixaran o seu posto de traballo. E poderíase decir a estas alturas, que o obxectivo estaría cumprido, pois tanto a administrativa como a secretaria víronse obrigadas a aceptar a baixa médica a causa do estado de enorme ansiedade no que se atopaban. Ao longo de meses producíronse unha serie de feitos graves contra estas dúas funcionarias e en presenza de veciños do Concello como testigos. O Sr. Alcalde, Arturo Diaz, falalles con malos modales, a gritos en moitas ocasións, a través de terceiras persoas, e incluso chegou a acorralar en máis dunha ocasión a unha das funcionarias impedindolle o paso, ésto en presencia de veciños, membros do equipo de goberno e persoal do Concello. Á Secretaria do Concello intentou baleirarlle de contido as súas funcións, ocultandolle información, agochando expedientes, informes, etc, etc, todo isto información necesaria para a realización do seu traballo. Un sinfín de feitos ocurridos na maioría das ocasións diante de veciños e compañeiros de traballo pretendendo con este hostigamento, intimidación ou perturbación o abandono do posto de traballo das vítimas xa que a súa presenza é unha molestia ou amenaza para os seus intereses, tal e como se define o acoso laboral. Chegou incluso a denegarlle días de permiso a unha das funcionarias para atender a súa nai gravemente enferma, días aos que tiña dereito legalmente e tivo que facerse un procedemento extraordinario para que llos concederan.
Pero o máis grave, se coubera, de todos estes feitos é que unha das funcionarias reclamou a axuda e auxilio da Sra. Victoria Rey un dos días dos feitos no Concello. A este auxilio a Sra. Rey optou por mirar para outro lado coma se con ela non fora, cando era coñecedora de todos estes feitos. A Sra. Rey, a gran defensora da muller maltratada ese día pechou os ollos, o día 10 de decembro no pleno onde o PP presentou unha moción urxente por estes feitos mirou para outro lado, e no pleno de hoxe o único que contestou foi que o PP de Dodro intentaba “queimar a unha candidata” e que non sabía porque asumíamos esta representación. A Sra. Rey di que “non é da súa competencia nin responsabilidade”. Si o é dende o punto e hora que forma parte do goberno municipal, si o é aínda que só sexa por humanidade, si é responsable porque veu e escoitou, si o é porque non pode consentir que se xogue coa vida das persoas. O Partido Popular revelou no Pleno e enseñou a todos os presentes o documento de apertura de expediente disciplinario, que con data 10 de decembro (o mesmo día que o PP presentou a moción urxente) o Sr. Arturo Díaz iniciou contra unha das funcionarias de baixa, a secretaria do Concello, funcionaria que xa se encontraba de baixa médica. A Sra. Victoria Rey, tendo coñecemento desto no pleno dese mesmo día, contestou que era “un conflicto interno entre traballadoras”, e sendo preguntada no Pleno de hoxe novamente opta por non responder. O Sr. Arturo Díaz por suposto obvia a pregunta e enseñándolle o seu escrito repetidamente opta por non responder. Do Sr. Arturo Díaz non temos palabras para calificar a súa actuación que xa ten precedentes e da Sra. Victoria Rey só podemos decir que a súa ambición política non ten límites manifestando en todo momento un cinismo e unha hipocresía absolutamente desmedidos". Antes publicamos:
Política: o PP denuncia "feitos graves" de acoso
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia