30.12.10

Ribeira: 500 persoas, 10 carrozas e 2.000 quilos de caramelos para recibir aos Reis Magos o 5 de xaneiro

Ribeira, 30 de decembro de 2010. Máis de 500 persoas entre nenos, membros de asociacións e colectivos musicais, persoal loxístico e municipal, así como efectivos da policía local e protección civil, participarán o vindeiro día 5 de xaneiro como membros da organización na tradicional Cabalgata de Reis que descorrerá polas rúas de Santa Uxía.

O concelleiro de Cultura e Festexos, Luciano Fernández, acompañado dos técnicos Unai González e Chiki Durán, presentaron hoxe esta actividade, na que en total, serán 10 o número de carrozas que participen no desfile (cunha disposición indicada no documento adxunto). A comitiva, como é habitual, estará composta por paxes, bonecos de neve, estrelas, pastores, etc... Entre os colectivos participantes, figuran 7 asociacións locais: Amencer, Flor de Toxo, Amas de Casa, Francisco Lorenzo Mariño, Aires da Dorna, Alfaia e Arrecó. 

Entroido? Non, cabalgata de Reis en Ribeira en 2009

Acompañarán á cabalgata a banda de música de Cedeira, a banda de música de Barro, a charanga O Santiaguiño de Padrón, a comparsa Os da Caña de Marín, así como zancudos e tragalumes de Portugal. 

A saída terá lugar ás 17.30 horas desde a explanada do porto, onde previamente desembarcarán os tres Reis Magos, acompañados dunha estrondosa pirotecnia. Repartiranse 2.000 quilogramos de caramelos de diversos sabores durante o desfile. 

O percorrido pasará pola Avda. do Malecón e polas rúas de Galicia, Romero Ortiz, Rosalía de Castro e 9 de Agosto para desembocar na Praza do Concello. Alí, Melchor, Gaspar e Baltasar serán recibidos polo alcalde e pola Corporación Municipal. Procederán ao discurso dende o balcón da Casa Consistorial e logo recibirán aos nenos/as de Riveira nas balconadas do Concello. Ao rematar o discurso un espectáculo pirotécnico dará comezo á recepción real. 

En caso de choiva, a actividade terá  lugar no Auditorio Municipal ou na carpa de Nadal anexa.


Relacionadas:

Declaran o estado de alarma en Ribeira para a cabalgata de Reis (portada)



Carreira: o Carteiro Real chega este domingo 2 de xaneiro


Viaxe a patinar: o 3 de xaneiro. Anótate! Gratis!


PekeNadal: repítese o luns 3 de xaneiro



Liceo Marítimo: baile de fin de ano este venres 31



Concerto solidario: o 7 de xaneiro, Inllorfeis presenta Alpabarda


Obradoiros de Nadal: entrega de diplomas




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical