30.12.10

Rianxo: a Cabalgata chega á praza de Castelao ás seis e media da tarde do mércores 5

Rianxo, 30 de decembro de 2010. O vindeiro mércores, 5 de xaneiro, as Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente visitarán, coma cada ano, o Belén Vivinte e ós nenos e nenas de Rianxo. A partires das 17:30 horas, estará exposto o Belén Vivinte, o cal estará amenizado por panxoliñas e actuacións. Mentras tanto, os Paxes Reais estarán recollendo as cartas  dos nenos e nenas para entregarlle  despois ós Reis.

As 18:30 horas. as SS.MM. os Reis Magos chegarán a Praza Castelao para realizar a ofrenda ante o Belén Vivinte e ser recibidos polas Autoridades no Concello. A continuación realizarase o desfile coas carrozas polas rúas da Vila , para rematar a súa visita ó pobo na Igrexa Parroquial, onde repartirán caramelos entre as nenas e nenos (19:30 h).

Durante toda a tarde, diversos grupos e entidades locais estarán ambientando e acompañando os actos.No caso de choiva, a recepción trasladarase á Igrexa Parroquial.

O Concello agradece a colaboración das entidades participantes na organización desta cabalgata:

Liceo Marítimo Rianxeiro - Asoc. Cultural "Fogo Fatuo" - Escola de Música de Rianxo - Asoc. Cultural "Vai de Roda" - Asoc. Rianxeira de Empresarios - Grupo de Teatro "Airiños" - Asoc. Sociocultural "A Moreniña" - Motoclub "Jas a Tope" - Motoclub "A Moreniña", entre outros...

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical