“ O BNG comprométese a mellorar os servizos públicos e aumentar a poboación”
Aumento poboacional que ten que poñerse mans a obra e o BNG e os seus concelleiros que non están practicando co exemplo, estando empadroados eles e as súas familias en outros concellos.
Na Pobra temos moita poboación e menos censo, xa que moita xente vive no noso municipio, pero non está empadroada no mesmo. O Goberno Municipal inviste en chan industrial, para a creación de postos de traballo, aprobamos a Ampliación do Polígono Industrial de A Tomada, con máis de 100.000 m2 e a creación de cerca de 1.000 postos de traballo e cos votos en contra do BNG, así é como queren subir a poboación do noso municipio.
“ O Plan de Ordenación do Litoral e as mentiras de Isaac Maceiras “
O BNG dí que grazas a mobilización dos veciños e veciñas xunto ao BNG obrigan ao PP a modificar o POL na Pobra. Eso sí que é unha mentira, xa que o noso Concello tiña aprobado o PXOM ( xa presumía o bipartito de que o Concello de A Pobra do Caramiñal era o único Concello de Galicia, que tiña adaptado o seu PXOM a Lei do Litoral ) , polo que a nós non nos afectou para nada as variacións que fixo o PXOM .
“ O Goberno Municipal do PP malgasta máis dun millón e medio de euros “
O BNG critica as obras do Río Morto, necesarias para evitar inundacións aos veciños afectados, critica as obras dos Xardíns Municipais da Pobra, non critica desa maneira que a Deputación Provincial de A Coruña, a un Concello do BNG lle dea unha subvención de 250.000 € para arreglar os seus xardíns.
Pero o BNG é que critica tódalas obras que fai o goberno municipal, como é a cosntrucción do novo Centro de Saúde. No seu día tamén criticou a ampliación do peirao comercial, o recheo portuario, o mercado municipal o CAD, a tódalas obras ou votan en contra ou se absteñen; así é a maneira coa que queren que progrese o noso Concello.
“ O BNG comprométese a mellorar o barrio de Lamas e Andrés-San Roque”
Neste punto uns veciños da Urbanización Lamas e Andrés xa lle contestan ao BNG recordándolle as inversións que fixo o Goberno Municipal do PP en dita urbanización; lembrandolle tamén que cando estaba o bipartito gobernando na Pobra non invertiron un peso na mesma, e que a zoa que queda sen arreglar está en vía xudicial, e mentras os xuizes non dicten resolución non se pode facer nada na mesma.
“Rosana Pérez consigue que o campo de fútbol de Cadreche sexa unha realidade”
Queremos aclarar, que foi o que fixo Rosana polo Campo de Fútbol de Cadreche.
- ¿ Quen negociou cos veciños para mercar os terrenos ? O Goberno Municipal do PP
- ¿ Quen negociou coa Xunta de Galicia para conseguir os 340.000 € ( convenio coa Secretaría Xeral para o Deporte ) ? O Goberno Municipal do PP .
- ¿Qué consigue Rosana ? Unha parte que ten que poñer a Deputación Provincial de A Coruña, exactamente 340.000 €, hoxe mesmo, xoves 30 de decembro foise a firmar o convenio na Deputación.
Polo que a día de hoxe, o campo de fútbol estase facendo cos cartos que dispuxo o Concello e a Xunta de Galicia.
“ O BNG tamén defende A Pobra no Parlamento Galego e en Madrid “
Din que defenden a mellora dos servizos públicos coma a Sanidade, e no noso Concello non están de acordo con facer un Novo Centro de Saúde.
Acusan tamén ao noso Alcalde de renunciar a medio millón de euros, para iniciar a recuperación das Xunqueiras, cando saben que levamos loitando anos para que dita recuperación sexa unha realidade; non cremos que haxa ningún veciño neste Concello que crea que o noso Alcalde renuncia a ningunha subvención. Tergiversar é moi fácil, pero eles saben tamén coma nós, que os terreos para recuperar as Xunqueiras teñen uns propietarios e Costas do Estado, está en negociacións cos donos para chegar a un acordo económico.
“Rosana Pérez dá un novo pulo ao comercio da Pobra a través da Deputación “
Dase un novo pulo ao comercio tradicional da Pobra creando escolas para os mesmos ?
Gracias a eles cos seus votos o Goberno do PSOE, tamén disminue o porcentaxe de parados, creando cursos de formación para os mesmos e retirando aos participantes nos mesmos das listas do INEM.
Etc, etc, …………..un panfleto moi instructivo no que para nada nos explican porque o Goberno do PSOE en Madrid, cos VOTOS do BNG a favor, quita para diante a : Subida de LUZ, a subida do GAS, a subida do GASOLEO, a conxelación das PENSIONS, a retirada do CHEQUE BEBE, etc.etc……………
E xa para rematar, recordarlle a Sra. Deputada do BNG na Deputación Provincial de A Coruña, Rosana Pérez, que non é ELA a que consigue subvencións ou melloras para os veciños e veciñas de A Pobra do Caramiñal, senón que a Deputación Provincial, dalle ao noso Concello nin máis nin menos que o que lle corresponde por Lei".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario