17.1.10

Boiro: os veciños da Unión de Cabo de Cruz subiron 43 imaxes do Nadal

Boiro: en Picasa 57 imaxes do paso do furacán Aurelio pola bisbarra

Boiro: unha crítica á cabalgata de Reis Magos dende Escarabote

Fotografía: The Beatles cando eran adolescentes

George Harrison 14, John Lennon 16 e Paul McCartney, 15. E xa estaban a darlle!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: o templo da Granxa desapareceu pedra a pedra

No asilvestrado territorio meridional barbanzán seguimos a deteriorar o legado dos nosos antepasados.

Mámoas, petróglifos e vestixios dun humilde pasado arquitectónico caen o golpe de bandarria, palas mecánicas e barrenos de pólvora. Todos eles seguen sendo pasto da ignorancia dos nosos ineptos políticos e licenciados na maña de controlar os “refugallos” que os nosos remotos ancestros nos deixaron dispersos por montes, ribeiras e lagoas.

Co invento da imbecilidade de botar a tella na ventá cega de San Alberte, por exemplo, están erosionando o pouco románico que queda na Barbanza. O emblemático monte onde se facían as primitivas romerías pagás ofertadas polos druídas barbanzícolas está a piques de desaparecer.

 Macras edificacións de aberrante estética, antenas de telefonía e depósitos de gas enterran a esencia do pobo; a sabia primixenia, o inzo o cerne onde os pobos se catapultan ao progreso racional e intelixente.

 Sen pasado non hai futuro.

 Nestas imaxes, mostro os restos de un templo no lugar da Granxa en San Martiño de Oleiros, e a esfumación  total do mesmo, sen que ninguén verta unha bágoa por el.

 Domingo Regueira


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Lingua galega: horarios do bus de Barbanza e razóns para ir á manifestación

  O autobús da Comarca da Barbanza que promove "Queremos Galego" será gratuito e terá o seguinte horario:

Saída:

Ribeira          9:30     Estación de Autobuses

Pobra            9:40     Praza Maior

Boiro             9:50     Praza do Concello

Rianxo          10:05    na Ribeira

Para gardar praza en:

vazquezcobas@yahoo.es ou no móbil 638 070 867

21 DE XANEIRO:
PAREMOS O DECRETAZO CONTRA O GALEGO

A plataforma Queremos Galego convoca as comunidades educativas para un paro xeral no ensino o 21 de xaneiro, como contestación ao decretazo contra o galego.

A agresión é histórica, sen dúbidas a máis forte contra o idioma propio en toda a etapa democrática. Por iso é tan importante que nos impliquemos todas as persoas con sensibilidade pola nosa cultura, independentemente da lingua que falemos no día a día, para facermos do 21 de xaneiro unha data tamén histórica na contestación social.


Por que rexeitamos este decretazo?

1) Porque non garante que os estudantes finalicen cada etapa educativa coas destrezas lingüísticas tamén en galego.
Todos os informes oficiais sinalan que hai un problema para conseguir que boa parte dos rapaces e das rapazas, sobre todo nas zonas urbanas, teñan fluidez comunicativa en galego. Diminuír a presenza da nosa lingua non fará máis que agravar a situación, vulnerando o dereito do alumnado a unha educación de calidade e pondo en perigo a pervivencia da nosa cultura.

2) Porque é unha proposta feita de costas á sociedade galega.
O presidente da Xunta sabe que non conta con ningún consenso do profesorado, o estudantado, as familias e da sociedade en xeral para este decretazo. Por iso o presentou na véspera de fin de ano, a última hora do serán, e sen que existise ningún proceso previo de diálogo nin contraste.

3) Porque a aplicación deste decreto suporá enfrontamentos nos centros.
A Xunta fai deixadez das súas funcións e traslada o problema ao profesorado, ao estudantado e ás familias, que serán parcialmente consultadas (ben tendo en conta só o criterio da maioría, sen que se saiba que pasará coa minoría que se sinta perdedora; ben dando unha opinión cada catro anos, o que significa que uns pais darán a súa consideración sobre a educación das fillas e dos fillos doutros). A política lingüística e educativa non se pode limitar á opinión que poida ter a comunidade escolar, porque nos corresponde a todas as galegas e a todos os galegos. Hai que ter presentes criterios pedagóxicos e o dereito a unha educación en igualdade.

4) Porque a Xunta se burla da cidadanía cando di que se vai impartir un terzo das materias en inglés, cando sabe que iso é totalmente inviábel, e sen se preocupar do fracaso escolar.
O presidente da Xunta mente conscientemente cando fala de “plurilingüismo”, pois sabe que iso é imposíbel de aplicar. Só utiliza o inglés para camuflar  propagandisticamente o ataque contra o galego. Na verdade, os departamento de inglés non teñen un reforzo real para mellorar a aprendizaxe desta lingua e mesmo se recortan os recursos para a formación do profesorado e se reduce o número de profesores/as das escolas oficiais de idiomas. O reforzo e mellora do ensino de inglés no sistema educativo galego debe facerse con máis profesorado específico, con máis recursos e con grupos máis reducidos.

5) Porque este decreto vulnera leis básicas aprobadas por consenso e tratados internacionais de dereitos lingüísticos.
O decreto que o Goberno galego quere impor unilateralmente vulnera a letra e o espírito da Lei de normalización lingüística (arts. 12 e 13), así como da Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias (art. 8). Un goberno serio, cívico e responsábel cumpre as leis e os tratados internacionais de dereitos humanos e de dereitos lingüísticos.

6) Porque é unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da Xunta que ande ás patadas coa lingua propia do noso país.
Temos que erguer a nosa voz con claridade e exclamar que, independentemente do idioma que falemos no noso día a día, os galegos e as galegas amamos a nosa lingua propia e queremos que non haxa políticas para discriminala, senón ao contrario: que se promova nos diferentes ámbitos, garantindo a igualdade de dereitos.

Fronte á imposición unilateral de Alberto Núñez Feijóo, as comunidades educativas e o conxunto da sociedade galega reclamamos que se escoite a nosa voz. O presidente da Xunta debería lembrar que o decreto aínda en vigor contou co respaldo dos sindicatos que representan ao 90% do profesorado, a inmensa maioría das ANPAs, todas as organizacións estudantís e todos os movementos de renovación pedagóxica con actuación en Galiza. O  seu decreto contra o galego, ao contrario, non xera máis que rexeitamento e preocupación.


O 21 DE XANEIRO PARAMOS O ENSINO
EN DEFENSA DA CONVIVENCIA E DO GALEGO

MANIFESTACIÓN NACIONAL EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
11.30 DA MAÑÁ NA ALAMEDA

HABERÁ AUTOBUSES DESDE DIFERENTES PUNTOS DO PAÍS
Infórmate en
queremosgalego.org

 

Se quixeres colaborar achegámosche deste número de conta onde poderás facer a túa aportación:
2100 5753 01 0200053054

 

 

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: o Bng leva ao Congreso o mal servizo de Correos na vila e no rural

Fotografía: que te pillo!

Boiro: imaxes do sorteo da ABE

Matanza do porco 2010

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical