Mámoas, petróglifos e vestixios dun humilde pasado arquitectónico caen o golpe de bandarria, palas mecánicas e barrenos de pólvora. Todos eles seguen sendo pasto da ignorancia dos nosos ineptos políticos e licenciados na maña de controlar os “refugallos” que os nosos remotos ancestros nos deixaron dispersos por montes, ribeiras e lagoas.
Co invento da imbecilidade de botar a tella na ventá cega de San Alberte, por exemplo, están erosionando o pouco románico que queda na Barbanza. O emblemático monte onde se facían as primitivas romerías pagás ofertadas polos druídas barbanzícolas está a piques de desaparecer.
Macras edificacións de aberrante estética, antenas de telefonía e depósitos de gas enterran a esencia do pobo; a sabia primixenia, o inzo o cerne onde os pobos se catapultan ao progreso racional e intelixente.
Sen pasado non hai futuro.
Nestas imaxes, mostro os restos de un templo no lugar da Granxa en San Martiño de Oleiros, e a esfumación total do mesmo, sen que ninguén verta unha bágoa por el.
Domingo Regueira
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario