- A próxima semana haberá outra reunión de traballo coas Anpas
- Contan con levar a pleno a creación do Consello antes de que remate o ano
Antes do inicio do encontro, os asistentes recibiron a benvida do alcalde Manuel Ruiz Rivas, quen salientou a importancia de que a posta en marcha do órgano consultor sexa o resultado das achegas de todos.
Na reunión espuxéronse a finalidade e funcións da creación dun Consello Escolar Municipal e debateuse sobre cales poden ser as fórmulas máis axeitadas de aplicación da lexislación vixente tendo en conta as particularidades de Ribeira. Os reunidos ratificáronse en que a creación do Consello poda ser sometido ao Pleno da Corporación antes de finalizar o 2011.
Mapa escolar
Outro dos asuntos abordados foi o da conveniencia de solicitar á Consellería de Educación da Xunta de Galicia a reorganización do mapa educativo, ao abeiro dos cambios introducidos a raíz da creación do Centro Integrado de Formación Profesional.
En orde a seguir traballando nestes dous asuntos, o Concello convocará para a semana que vén unha nova encontro de traballo, esta vez cos representantes das ANPAs dos distintos centros educativos.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia