26.10.11

Ribeira: bo ambiente na reunión entre Concello e directores de centros para formar o Consello Escolar

  • A próxima semana haberá outra reunión de traballo coas Anpas
  • Contan con levar a pleno a creación do Consello antes de que remate o ano
Ribeira, 26 de outubro de 2011.- Os directores dos diferentes centros de ensino mostraron a súa boa disposición para que Ribeira conte canto antes cun Consello Escolar Municipal, durante a reunión de traballo mantida hoxe no Salón de Plenos do Consistorio entre os responsables dos catorce centros existentes no ámbito local e membros do Concello, entre eles a concelleira de Educación María del Carmen Vizcaya. Así o manifestaron hoxe dende o Concello.

Antes do inicio do encontro, os asistentes recibiron a benvida do alcalde Manuel Ruiz Rivas, quen salientou a importancia de que a posta en marcha do órgano consultor sexa o resultado das achegas de todos. 

Na reunión espuxéronse a finalidade e funcións da creación dun Consello Escolar Municipal e debateuse sobre cales poden ser as fórmulas máis axeitadas de aplicación da lexislación vixente tendo en conta as particularidades de Ribeira. Os reunidos ratificáronse en que a creación do Consello poda ser sometido ao Pleno da Corporación antes de finalizar o 2011. 

Mapa escolar

Outro dos asuntos abordados foi o da conveniencia de solicitar á Consellería de Educación da Xunta de Galicia a reorganización do mapa educativo, ao abeiro dos cambios introducidos a raíz da creación do Centro Integrado de Formación Profesional. 

En orde a seguir traballando nestes dous asuntos, o Concello convocará para a semana que vén unha nova encontro de traballo, esta vez cos representantes das ANPAs dos distintos centros educativos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical