25.10.11

Ribeira: o Ateneo Valle-Inclán programa unha charla de Axena sobre o roubo de ovos de aves rapaces no Barbanza

Ateneo_alimaeros

Non sabe de que falamos? No blog de Axena explícanllo polo miudiño:

I Roubo de ovos de falcón peregrino

II Roubo de ovos de azor

III Roubo de ovos de gavilán

Será o venres 4 de novembro no Ateneo (enriba do bar Plaza), ás nove da noite. Falarán Xurxo Gago (Palmeira) e Javier Iglesias, ambos de Axena, aos que introducirá Toño Maño, o maior experto en tiburóns de Barbanza.

Se poden, e lles interesa o asunto, non se perdan esta charla. Contaranlles con pelos e sinais como operan estes depredadores bípedos aos que chaman "alimañeros".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical