6.12.11

Ribeira: dase por inaugurada a tempada de Nadal

Ribeira, 5 de Nadal de 2011.- O alcalde, Manuel Ruiz Rivas; o presidente de Frinsa, Ramiro Carregal Rey; membros do equipo de Goberno (como os edís de Cultura e Enerxía, Elvira Pisos Arnoso e Emilio Pérez Outeiral) e numerosos veciños de todas as idades asistiron este serán ao acendido da árbore de Nadal, que xa loce diante da praza do Concello, así como xa brila o alumeado navideño nas nove parroquias do municipio. 

A árbore de Nadal ten unhas dimensións de 12,5 metros de alto por 4,90 de diámetro na súa parte inferior e está patrocinado pola empresa conserveira local que este ano cumpre medio século. Está adornada con distintos elementos ornamentais e luminosos e conta cunha inscrición na que o Concello e Frinsa desexan unhas felices festas a todos. 

Unha vez prendido o alumeado navideño, moitos das asistentes quixeron desprazarse ata a veciña praza de Otero Goyanes para contemplar o tradicional Belén que estará aí disposto ata o día de Reis.  
 
Antes, en Certo:


 

 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: festival de Cáritas este xoves 8 de decembro para que todos os pequenos disfruten do Nadal

Festival_noia

Noia, 6 de decembro de 2011. O vindeiro xoves, 8 de Nadal, celébrase no pavillón polideportivo de Noia a partires das 18:30 horas un Festival Infantil da Solidaridade, organizado por Brétema e Cáritas. A intención é reunir cartos para que ningún neno nin ningunha nena se queden sen Nadal. 

O prezo das entradas é de 2 euros para os pequenos e de 5 para os adultos. Haberá sorteo de agasallos doados polos patrocinadores. 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sociedade: o club ciclista Barbanza despediu a tempada cunha cea en Taragoña

Información e fotos: Alén Pérez

O Club Ciclista Distribunosa-Barbanza celebrou a súa cea de fin de tempada no restaurante Casa Pachín, en Taragoña, á que acudiron os ciclistas do club e os pais, así como tamén Manuel Castaño Ces (patrocinador do club e xerente de Distribunosa) e a súa dona , Nolo Romero (concelleiro de Deportes), Juan José Dieste (alcalde de Boiro), Ricardo Riveiro (presidente do club), Jorge Muñiz (vicepresidente do club) e Santiago Cajaraville (tesoreiro do club) coas súas respectivas parellas.

As mulleres que acudiron á cea foron agasalladas cunha rosa, cortesía do club, entregadas polas corredoras do club Lía Cajaraville e Iris Collazo.

Na foto das autoridades saen: Pola esquerda: Nolo Romero, Ricardo Riveiro, Juan Jose Dieste, Manuel Castaño e a súa esposa. Pola dereita: Jorge Muñiz e Santiago Cajaraville

Na foto dos corredores cadetes saen: (pola dereita) Manuel Suarez, Óscar Neu, Carlos Vilas e Cristian García.

Noutra sae Lía Cajaraville entregándolle unha rosa á muller de Manuel Castaño (xerente de Distribunosa). E na restante sae Sandra Romero (nai dun dos corredores) e Lía Cajaraville entregándolle unha rosa.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical