4.4.13

Mar: o PP vota en contra de suprimir o requisito que obriga ás mariscasdoras a pé a vixiar bancos marisqueiros para renovar o permex

  • A nacionalista Montse Prado reclamou  “derrogar os artigos” que obrigan ás mariscadoras a pé a realizar  servizos  que poñen en perigo a súa integridade física e dos que está exento o marisqueo a flote
  • O maior conflito en Cabo de Cruz está motivado por esta inxusta disposición

Media_httpfarm9static_ptoig

Montse Prado

Barbanza-Noia, 4 de abril de 2013. A deputada  do BNG Montse Prado defendeu hoxe, na comisión de pesca celebrada no Parlamento galego, unha proposición non de lei para “derrogar os artigos que  establecen como requisito obrigatorio, para poder renovar o Permiso de Explotación (PERMEX), realizar labores de “control, protección e vixiancia dos bancos marisqueiros”.

O PP votou en contra da iniciativa nacionalista

Na defensa da proposición non de lei, a parlamentaria do BNG afirmou que con esta normativa, a Consellaría establece unha “clara e aberta marxinación” das mariscadoras a pé e fai “deixación” das súas competencias exclusivas en materia de vixilancia.

Prado salientou que o requisito obrigatorio para renovar o Permex afecta a varios miles de persoas  dedicadas ao marisqueo , das que máis do 90% son mulleres que se enfrontarán a situacións de “persecución, retención, identificación d@as furtivos, retirada do marisco extraído e  actuacións para as que as mariscadoras non están autorizadas nin contan coa preparación e cualificación necesaria”.

Estas funcións, entrañan grande perigosidade, pero esta, é unha cuestión, dixo,  que “non parece preocupar a Consellería de Pesca”. A deputada tamén criticou o criterio economicista da consellería de Pesca que  elixe implantar  unha medida que lle resulta máis “barata” aínda que  en contrapartida  ás mariscadoras deban  “realizar un labor que pode mesmo conlevar risco para a súa integridade física”.

Unha medida, engadiu  que é “discriminatoria, supón un abuso, un castigo e unha penalización para as mariscadoras”. Un castigo que as obriga a permanecer na praia máis horas facendo unha actividade para a que non están preparadas nin autorizadas.

A deputada nacionalista resaltou  que o marisqueo é unha actividade feminizada á que agora  se lle esixe tamén dar solución a un problema que é competencia por lei  da propia consellería. Neste sentido, engadiu que estamos ante outra “discriminación de xénero” dun  colectivo que agora deberá cargar, a maiores, cunha responsabilidade que non lle compete.

Baixo a “coacción” de cumprir o requisito de labores de vixilancia para renovar o PERMEX, este colectivo resulta unha vez máis “castigado” pola Consellería de Pesca.

A parlamentaria nacionalista lamentou o voto en contra do PP e afirmou que esta medida incidirá moi negativamente na situación actual das mariscadoras que perciben un salario por debaixo do “60 por centro do salario mínimo  interprofesional”.

Media_httpfarm3static_kstuz

CABO DE CRUZ

Conflitos como o que se está a vivir a Agrupación de Mariscadoras de Cabo de Cruz (Boiro) son consecuencia directa desta obrigatoriedade: mariscadoras  que defenden a súa profesionalidade para extraer marisco, para efectuar limpezas, sementar... para mellorar a calidade e cantidade da produción pero non para ser vixiantes e loitar contra o furtivismo. Vixiancias ás que se opoñen xa que non foron aprobadas pola Asemblea Xeral da Agrupación de Mariscadoras de Cabo de Cruz, requisito necesario para incluírse no Plan de Explotación, concluíu.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Mar: o PP vota en contra de suprimir o requisito que obriga ás mariscasdoras a pé a vixiar bancos marisqueiros para renovar o permex

  • A nacionalista Montse Prado reclamou  “derrogar os artigos” que obrigan ás mariscadoras a pé a realizar  servizos  que poñen en perigo a súa integridade física e dos que está exento o marisqueo a flote
  • O maior conflito en Cabo de Cruz está motivado por esta inxusta disposición

Media_httpfarm9static_amzgl

Montse Prado

Barbanza-Noia, 4 de abril de 2013. A deputada  do BNG Montse Prado defendeu hoxe, na comisión de pesca celebrada no Parlamento galego, unha proposición non de lei para “derrogar os artigos que  establecen como requisito obrigatorio, para poder renovar o Permiso de Explotación (PERMEX), realizar labores de “control, protección e vixiancia dos bancos marisqueiros”.

O PP votou en contra da iniciativa nacionalista

Na defensa da proposición non de lei, a parlamentaria do BNG afirmou que con esta normativa, a Consellaría establece unha “clara e aberta marxinación” das mariscadoras a pé e fai “deixación” das súas competencias exclusivas en materia de vixilancia.

Prado salientou que o requisito obrigatorio para renovar o Permex afecta a varios miles de persoas  dedicadas ao marisqueo , das que máis do 90% son mulleres que se enfrontarán a situacións de “persecución, retención, identificación d@as furtivos, retirada do marisco extraído e  actuacións para as que as mariscadoras non están autorizadas nin contan coa preparación e cualificación necesaria”.

Estas funcións, entrañan grande perigosidade, pero esta, é unha cuestión, dixo,  que “non parece preocupar a Consellería de Pesca”. A deputada tamén criticou o criterio economicista da consellería de Pesca que  elixe implantar  unha medida que lle resulta máis “barata” aínda que  en contrapartida  ás mariscadoras deban  “realizar un labor que pode mesmo conlevar risco para a súa integridade física”.

Unha medida, engadiu  que é “discriminatoria, supón un abuso, un castigo e unha penalización para as mariscadoras”. Un castigo que as obriga a permanecer na praia máis horas facendo unha actividade para a que non están preparadas nin autorizadas.

A deputada nacionalista resaltou  que o marisqueo é unha actividade feminizada á que agora  se lle esixe tamén dar solución a un problema que é competencia por lei  da propia consellería. Neste sentido, engadiu que estamos ante outra “discriminación de xénero” dun  colectivo que agora deberá cargar, a maiores, cunha responsabilidade que non lle compete.

Baixo a “coacción” de cumprir o requisito de labores de vixilancia para renovar o PERMEX, este colectivo resulta unha vez máis “castigado” pola Consellería de Pesca.

A parlamentaria nacionalista lamentou o voto en contra do PP e afirmou que esta medida incidirá moi negativamente na situación actual das mariscadoras que perciben un salario por debaixo do “60 por centro do salario mínimo  interprofesional”.

Media_httpfarm3static_jhjid

CABO DE CRUZ

Conflitos como o que se está a vivir a Agrupación de Mariscadoras de Cabo de Cruz (Boiro) son consecuencia directa desta obrigatoriedade: mariscadoras  que defenden a súa profesionalidade para extraer marisco, para efectuar limpezas, sementar... para mellorar a calidade e cantidade da produción pero non para ser vixiantes e loitar contra o furtivismo. Vixiancias ás que se opoñen xa que non foron aprobadas pola Asemblea Xeral da Agrupación de Mariscadoras de Cabo de Cruz, requisito necesario para incluírse no Plan de Explotación, concluíu

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: actos culturais previstos neste mes de abril

Día 5, venres. A compañía Fantoches Baj  presenta a obra de títeres A fábula Galénica  (Acto incluído na celebración do mes do libro)
Para nenos e nenas de 3 anos en diante.
Casa da Cultura ás 18:30 h.

■ Día 5, venres. Concerto de ESPIDO
Rúa do Curro ás 22:00 h.

■ Día 7  domingo. Proxección da película  O Irlándes
(Ciclo de cine Emocións cotiás)
Casa da Cultura ás  20:00 h.

■ Día 12, venres. Presentación libro Monicreques de Xosé Daniel Costa.
Casa da Cultura ás 20:30

■ Día 13,  sábado.  Concerto de SILVIA PENIDE
Rúa do Curro ás 22:00 h.

■ Día 14, domingo. Proxección película Almorzo en Plutón
(Ciclo de cine Emocións cotiás).
Casa da Cultura ás 20:00 h.

■ Día 21, domingo. Proxección  da película O Chef
(Ciclo de cine Emocións cotiás)
Casa da Cultura ás 20:00 h.

■ Días 25, 26 e 27 FEIRA DE SAN MARCOS (o día 25, xoves,  Feira-Concurso cabalar. O  día 27 sábado, VI Certame de Pintura ao aire libre “Juan José Fernández Leiceaga” Sesé”)

Relacionadas:

Pode que tamén lle interese:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o portavoz nacional do BNG visita este venres 5 aos estafados das preferentes pechados no Concello

  • Co gallo do cento de días que levan con esta protesta non violenta

Media_httpfarm9static_bsqri

Xavier Vence o día que foi proclamado Portavoz Nacional do Bloque Nacionalista Galego

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, visita este venres ás 18:30 horas as persoas vítimas da estafa das participacións preferentes que cumpren 100 días pechadas na Casa do Concello de Boiro.

No encontro, estarán tamén membros da Executiva Nacional do BNG como Bieito Lobeira e Goretti Sanmartín, a deputada no Congreso Rosana Pérez, a deputada no Parlamento galego Ana Pontón e o responsábel comarcal do BNG da Barbanza, Severino Romero, entre outras persoas da formación nacionalista.

Relacionada:

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Psoe denuncia que o alcalde Ruiz Rivas está contra a transparencia, mesmo do seu propio partido

  • “Si eu tivese un Picasso na casa, nunca o poñería na miña declaración de bens”, afirmou o alcalde do PP en Ribeira Manuel Ruíz Rivas
  • O grupo do PP no pleno chegou a asegurar que "os políticos non teñen que dar un exemplo que o resto da sociedade non dá"
  • O PSOE salienta que en Ribeira operaron empresas implicadas na trama Gürtel, que inda se está a investigar nestes días coas declaracións do ex tesoreiro do PP Luís Bárcenas


Ribeira, 4 de abril de 2013. Segundo denuncian hoxe en nota de prensa os socialistas de Ribeira, no pasado pleno, este grupo municipal do PSdeG-PSOE "ofreceu a oportunidade ao Grupo Popular de cumprir o compromiso do seu partido de facer públicas as declaracións de Patrimonio e Ingresos dos responsables institucionais. Aproveitando unha iniciativa plenaria do BNG os socialistas propuxemos unha “emenda transaccional” para que se publicasen na páxina web do Concello as declaracións de Bens e Ingresos dos membros políticos da corporación, ao que o Alcalde e o seu grupo se negaron de forma rotunda, alegando que “os políticos non teñen que dar un exemplo que o resto da sociedade non dá”.

 
O 15 de xuño de 2009 a Comisión Executiva da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) aprobou por unanimidade o Código de Boas Prácticas do Gobierno Local. Dita comisión, integrada por membros do PSOE, PP e outras forzas políticas, propoñían entre outras cousas facer públicas as declaracións de bens e de patrimonio dos responsables políticos municipais. "Moito choveu dende o 2009, pero hoxe máis que nunca son necesarias medidas que aumenten a transparencia nas institucións. A trama Gürtel, Campión, Pokémon e unha morea de casos de corrupción salpican a xeografía galega desprestixiando aos representantes do pobo, indistintamente das siglas de cada un. Sen embargo, o rexedor ribeirense considérao un agravio que pon en tea de xuízo a súa honradez. Nada máis lonxe da realidade, pois non se propuso que se fixesen públicas só as súas declaracións, senón as de todos os membros da corporación municipal", argumentan dende o Psoe local de Ribeira.

Gürtel en Ribeira

"O Alcalde parece descoñecer o propio concepto de transparencia can-
do se pregunta porqué el e non un fontainero, un médico ou un enxeñeiro, non se lle esixe o mesmo. Pois claramente porque o seu soldo sae de fondos públicos, dos nosos petos e os traballadores ou profesionais amentados non obteñen o seu soldo ou emolumentos do erario público! Así de sinxelo! A transparencia é a mellor medicina para evitar a corrupción, e en Ribeira esa
medicina fai tanta falta como no resto das institucións galegas. Acaso non traballaron para a administración local de Ribeira empresas investigadas na trama Gürtel? Non son habituais os comentarios cidadáns sobre os “presuntos enriquecementos ilícitos” dos cargos políticos? Poñámoslle remedio entón. Fagamos de Ribeira unha cidade máis transparente e sigamos traballando para mellorar a nosa cidade", rematan os socialistas ribeirenses.

O anterior alcalde, como senador, ten que facer declaración de bens e está colgada en Internet

Non se entende a postura do actual alcalde ribeirense, Manuel Ruiz Rivas, que fora antes de presentarse como candidato á alcaldía Portavoz do Grupo Popular no Parlamento, sobre a transparencia debida dos funcionarios públicos. O seu compañeiro de partido, ao que sucedeu na alcaldía, Torres Colomer, ten que facer declaración de bens, que se pode observar na páxina web do Senado español. Inda que non sexa moi crible (ten en depósitos en contas correntes a metade do que declarou no último IRPF, logo de décadas en postos como a presidencia da Deputación, alcaldía e senado), no caso de falsidade correspóndelle investigalo a un xuíz pero aos cidadáns sempre nos interesa saber se os políticos están para servirnos ou para enriquecerse co cargo ou favorecer aos amigos. E choca inda máis a postura de Ruiz Rivas cando é o seu partido, a nivel nacional, o que está promovendo unha Lei de Transparencia e, inda que non ofreza explicacións abondo, disque intenta loitar contra a corrupción.

Declaración de Bens de Torres Colomer (senado.es)

Declaración_Bens_Torres_Colomer.pdf Download this file


Relacionada:

 


Transparencia: o alcalde de Noia publica a súa nómina na web

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical