4.4.13

Mar: o PP vota en contra de suprimir o requisito que obriga ás mariscasdoras a pé a vixiar bancos marisqueiros para renovar o permex

  • A nacionalista Montse Prado reclamou  “derrogar os artigos” que obrigan ás mariscadoras a pé a realizar  servizos  que poñen en perigo a súa integridade física e dos que está exento o marisqueo a flote
  • O maior conflito en Cabo de Cruz está motivado por esta inxusta disposición

Media_httpfarm9static_ptoig

Montse Prado

Barbanza-Noia, 4 de abril de 2013. A deputada  do BNG Montse Prado defendeu hoxe, na comisión de pesca celebrada no Parlamento galego, unha proposición non de lei para “derrogar os artigos que  establecen como requisito obrigatorio, para poder renovar o Permiso de Explotación (PERMEX), realizar labores de “control, protección e vixiancia dos bancos marisqueiros”.

O PP votou en contra da iniciativa nacionalista

Na defensa da proposición non de lei, a parlamentaria do BNG afirmou que con esta normativa, a Consellaría establece unha “clara e aberta marxinación” das mariscadoras a pé e fai “deixación” das súas competencias exclusivas en materia de vixilancia.

Prado salientou que o requisito obrigatorio para renovar o Permex afecta a varios miles de persoas  dedicadas ao marisqueo , das que máis do 90% son mulleres que se enfrontarán a situacións de “persecución, retención, identificación d@as furtivos, retirada do marisco extraído e  actuacións para as que as mariscadoras non están autorizadas nin contan coa preparación e cualificación necesaria”.

Estas funcións, entrañan grande perigosidade, pero esta, é unha cuestión, dixo,  que “non parece preocupar a Consellería de Pesca”. A deputada tamén criticou o criterio economicista da consellería de Pesca que  elixe implantar  unha medida que lle resulta máis “barata” aínda que  en contrapartida  ás mariscadoras deban  “realizar un labor que pode mesmo conlevar risco para a súa integridade física”.

Unha medida, engadiu  que é “discriminatoria, supón un abuso, un castigo e unha penalización para as mariscadoras”. Un castigo que as obriga a permanecer na praia máis horas facendo unha actividade para a que non están preparadas nin autorizadas.

A deputada nacionalista resaltou  que o marisqueo é unha actividade feminizada á que agora  se lle esixe tamén dar solución a un problema que é competencia por lei  da propia consellería. Neste sentido, engadiu que estamos ante outra “discriminación de xénero” dun  colectivo que agora deberá cargar, a maiores, cunha responsabilidade que non lle compete.

Baixo a “coacción” de cumprir o requisito de labores de vixilancia para renovar o PERMEX, este colectivo resulta unha vez máis “castigado” pola Consellería de Pesca.

A parlamentaria nacionalista lamentou o voto en contra do PP e afirmou que esta medida incidirá moi negativamente na situación actual das mariscadoras que perciben un salario por debaixo do “60 por centro do salario mínimo  interprofesional”.

Media_httpfarm3static_kstuz

CABO DE CRUZ

Conflitos como o que se está a vivir a Agrupación de Mariscadoras de Cabo de Cruz (Boiro) son consecuencia directa desta obrigatoriedade: mariscadoras  que defenden a súa profesionalidade para extraer marisco, para efectuar limpezas, sementar... para mellorar a calidade e cantidade da produción pero non para ser vixiantes e loitar contra o furtivismo. Vixiancias ás que se opoñen xa que non foron aprobadas pola Asemblea Xeral da Agrupación de Mariscadoras de Cabo de Cruz, requisito necesario para incluírse no Plan de Explotación, concluíu.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical