Ribeira, 8 de agosto de 2012.- O Concello organiza, entre o luns 13 e o venres 17 de agosto, tres interesantes iniciativas vinculadas cos deportes náuticos que se adscriben ao calendario da Semana do Mar (nova programación á que está adscrito tamén o evento Artemar Riveira, de próxima presentación). Estas accións consisten en cursos de iniciación á vela, ao windsurf e ao piragüismo co fin de que veciños e visitantes aprendan a base de diferentes deportes náuticos.
Outro dos obxectivos que se busca con esta iniciativa é dar a coñecer a nosa ría dunha forma lúdica e, ademais, fomentar o respecto ao mar.
Bautismo de Vela
Para realizar o bautismo de vela cóntase coas instalacións do club Náutico de Riveira e co material da escola de vela. Utilizaranse as embarcacións seguintes:
1 Neumática
2 Raqueros
1 Omega.
A actividade, que se desenrolará os días 18 e 19, é gratuíta e está dirixida a rapaces nacidos entre os anos 1998 e o 2005. A sesión de cada día dividirase nunha clase teórica, montaxe da embarcación e unha clase práctica. En total, a duración do curso será de catro horas. Como máximo haberá 15 alumnos en cada sesión, que estarán divididos nos seguintes horarios:
Mañá: de 10:00 a 12:00 e de 12:00 a 14:00
Tarde: de 16:00 a 18:00 e de 18:00 a 20:00
Será necesario que se fagan a reservas das prazas antes do día 18 de agosto para poder planificar a actividade. Os teléfonos de contacto son 648187172 e 981874739 o e-mail escuelavela@nauticoriveira.com
Rutas en piragua
Todos aqueles que teñan máis de 16 anos e saiban nadar poderán facer de forma gratuíta este curso no que se percorrerá a seguinte ruta: Praia de Coroso, Insuela, Palmeira, Praia da Corna, Praia de Cabio (en función do tempo) e volta.
Os horarios e días nos que se desenvolverán as actividades son:
14 de agosto de 16:00 a 19:00
15 de agosto de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00
16 de agosto de 16:00 a 19:00
A actividade ten un total de vinte prazas e, en cada ruta, sairán un máximo de cinco persoas. O percorrido ten unha duración de tres horas.
Os interesados deben anotarse no Complexo da Fieiteira.
Curso de windsurf
O curso de windsurf realizarase na praia de Coroso de Riveira durante o 13, 14, 16 e 17 de agosto. Está dirixida a rapaces que saiban nadar e que naceran entre 1995 e o 2003. Aos menores de 10 anos faráselles unha proba de forza, para avaliar se poden realizar o deporte sen correr risco. Outro requisito é estar en posesión da licenza federativa ou abonar o importe da mesma que ten un custo de seis euros.
Formarase dúas quendas de 10 persoas, os horarios serán na primeira de 10 a 12 horas e na segunda de 12.15 a 14.15 h.
O curso está dividido en dúas horas teórico-prácticas durante catro días. Os materiais cos que conta son cinco 5 táboas de iniciación ao windsurf, 1 embarcación pneumática, 10 chalecos salvavidas.
Os contidos que se desenvolverán ao longo da actividade serán:
Día 13: os rumbos (través), o vento, levantala vela, posición de aproado, orzar e arribar, cazar e soltar vela, navegación de través, xiro básico por proa e popa.
Día 14: repaso día anterior, os rumbos (ceñida), orzar e arribar, cazar e soltar vela, inicio virada por avante, navegación de través e ceñida.
Día 16: Repaso día anterior, os rumbos: popa, virada por avante, manter rumbo cara un punto, inicio trasluchada básica, navegación través, ceñida e popa.
Día 17: aparexar a embarcación, repaso anterior, trasluchada, navegación través, ceñida e popa, travesía pola praia.
As inscricións faranse na Oficina de Deportes (Complexo Deportivo A Fieitira) do 8 ao 10 de agosto. O teléfono de contacto é o 981 87 36 46 e o e-mail: deportes@riveira.com Antes, en Certo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia