Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
1.12.10
Noia: a Concellería de Sanidade crea unha páxina en Facebook para informar sobre prevención de drogodependencias, sexualidade e outros contidos
Barbanza: Ámbar percorrerá a bisbarra o venres, 3 de decembro, para conmemorar o Día das Persoas con Diversidade Funcional
Centro ocupacional de Ámbar, en Xarás, RibeiraBarbanza, 1 de decembro de 2010. Con motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, o próximo venres día 3 a Asociación AMBAR realizará os seguintes actos ó longo da mañá : 1- Pola mañá entre as 10 e as 11:30h. irán a todos os concellos da comarca para facer entrega ós alcaldes dunhas axendas conmemorativas deste día, realizadas no taller de encadernación do centro ocupacional. A axenda conmemora o día tres cun artigo da Convención da ONU sobre os dereitos da persoas con discapacidade e diversas imaxes relativas á diversidade. 2- Ás 12:30h. no CENTRO DE RECURSOS DA BARBANZA haberá diversos axentes do eido educativo e dos servicios sociais que visitarán as instalacións e presenciarán a lectura ó manifesto por parte de socios e traballadores da entidade. 3- Despois disto amosaranlle aos asistentes a actividade diaria, guiada e explicada polos propios usuari@s do centro. O manifesto para ese día é o que segue:
Relacionada:

Amicos: sensibilización sobre a discapacidade con "IntegraEscola"
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: defenden no Parlamento a construción dunha escola infantil que paralizou o actual goberno do PP na Xunta
O socialista Lage Tuñas presentou unha iniciativa instando a que rectifiquen a paralización da escola infantil planificada cando gobernaba Touriño e que se busque ubicación de acordo co goberno municipal de Noia. A escola infantil proxectada ía dar cobertura ao 22% da poboación de 0 a 3 anos da vila e estaría na Barquiña
A Galiña Azul de Dodro
As escolas infantiles eran Galescolas no anterior goberno. A de Rianxo
O deputado socialista defenderá no Parlamento de Galicia que o goberno galego adique para o ano 2011 unha partida orzamentaria á construcción dunha Escola Infantil Pública no concello de Noia con alomenos 72 prazas, tal e como figuraba no convenio asinado entre a Xunta e o Goberno de España no ano 2008 Lage Tuñas tamén lle pide que acorden, á maior brevidade posible, co goberno municipal do Concello de Noia a ubicación máis axeitada para a súa adaptación ao proxecto xa redactado pola Xunta para a edificación da citada Escola Infantil.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Turismo: Arousa Norte presenta o seu paquete turístico para discapacitados visuais na Pobra
A Pobra do Caramiñal, 1 de decembro de 2010. Aousa Norte presenta "Turismo Accesible para persoas con discapacidade visual" este xoves 2 de decembro no salón de plenos do concello de A Pobra do Caramiñal, ás 12:30 da mañá.
No mes de Xullo do 2010 a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte asinou un convenio coa Secretaría Xeral para o Turismo para levar a cabo dous proxectos que durante estes meses ocuparon gran parte do traballo da Mancomunidade: Estancias Literarias e Turismo Accesible para persoas con discapacidade visual. Turismo accesible é un paquete turístico integrado por aloxamento en casas de turismo rural, restauración e actividades de ocio que está destinado a un público moi concreto: persoas con discapacidade visual. Despois de traballar na confección de este paquete e antes de comercializalo a Mancomunidade quere dalo a coñecer entre os sectores máis achegados á Accesibilidade Universal e o Deseño para Todos. Por iso, dende a Mancomunidade Municipios teñen previsto facer unha experiencia piloto que terá lugar os días 2 e 3 de decembro en Arousa Norte. O obxetivo desta experiencia é que técnicos e usuarios da Fundación Once, especialistas en Accesibilidad Universal e Deseño para Todos procedentes de entidades de o toda España, e técnicos expertos en turismo accesible poidan avaliar as fortalezas e debilidades do paquete para que posteriormente se poidan perfeccionar. Entre as estas entidades participantes na experiencia destacan Turgalicia, Servimedia, C.E.A.P.A.T. (Centro de referencia estatal de autonomía y ayudas técnicas) ou Ediversia (Centro Europeo de Recursos Avanzados para la Diversidad Humana).Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra do Caramiñal: en funcionamento, aínda en probas, a rede wifi do porto, segundo Portos de Galicia
A Pobra do Caramiñal, 1 de decembro de 2010.- O ente público Portos de Galicia puxo en marcha a rede wifi nas instalacións portuarias de A Pobra do Caramiñal para dar servizo aos usuarios do porto. Segundo o ente autonómico, esta é "unha aposta por ampliar a oferta de servizos tecnolóxicos nos portos da nosa competencia". Neste momento a rede está funcionando en período de probas. O porto de A Pobra do Caramiñal xa conta desde hoxe cunha rede wifi aberta nas instalacións portuarias. A posta en marcha destas instalacións fora comprometida polo presidente de Portos de Galicia, hai uns meses como unha implantación das novas tecnoloxías nos portos e formando parte dun plan piloto para a súa implantación progresiva noutros portos galegos. Ata o momento xa contan con esta rede wifi os portos de Santo Tomé e Tragove, en Cambados, e no de Fisterra. Portos de Galicia pretende ampliar a súa oferta de servizos tecnolóxicos nos portos da súa competencia, e como complemento ao Plan de Sistemas, está a comprobar con esta experiencia piloto a viabilidade e compatibilidade dos sistemas de funcionamento dos equipos para o desenvolvemento dunha rede destas características nos portos da súa competencia. Neste senso foron escollidos, pola súas condicións xeográficas, portos de similares características e dimensións. Esta tecnoloxía permite aos usuarios establecer conexións a Internet sen ningún tipo de cables e pode atoparse en calquera lugar no que se haxa establecido un punto wifi. Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: o Bng láiase da supresión definitiva do servizo de Noitebús, que empregaran 47.000 mozos de Muros e Noia
Noia, 1 de decembro de 2010. En nota de prensa, o Bng comarcal de Muros e Noia informa de que "finalmente, o goberno do Partido Popular eliminará o apoio público ás nove rutas de Noitebús existentes na Comarca de Muros e Noia, tal e como denunciou o BNG nas últimas semanas".
Dende o BNG de Muros-Noia, o seu responsable comarcal Manuel González manifestou "o meu rexeitamento á decisión da Xunta de Galicia que vai significar o desmantelamento dun servizo necesario destinado a evitar a sinistralidade viaria entre a xente moza e que ademais tiña unha forte demanda, tal e como recoñece o propio goberno de Feijóo". Tamén denunciou que mentres se elimina o Noitebús "coa excusa da austeridade, o goberno Feijóo vén de gastar varios millóns de euros na visita do Papa a Santiago de Compostela".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro: o Concello esixe a Sanidade que asuma as súas obrigas co centro de saúde do Saltiño
O Concello ten asinado desde abril de 2009 o convenio co Sergas para que asuma os gastos de mantemento deste centro, dentro do Pacto Local
Boiro, 1 de decembro de 2010. O Concello de Boiro ten asinado, desde o 1 de abril de 2009, un convenio co Servizo Galego de Saúde (Sergas), organismo dependente da Consellería de Sanidade, para a cesión do Centro de Saúde do Saltiño, conforme o acordado no Pacto Local, e se faga cargo así dos gastos de mantenemento do mesmo.
A Consellería de Sanidade, segundo informa o equipo de goberno, "leva un retraso considerable no cumprimento deste pacto, polo que o Concello de Boiro leva dous anos asumindo dita cuantía económica, relativa ao custe do persoal (limpeza, conserxería, etc.), lavandería, calefacción, alumeado e outros gastos, cando estes corresponden á Xunta de Galicia". O goberno de Boiro leva enviado varios escritos á Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, para coñecer cales son as previsións da Consellería de asunción destas competencias, sen que ata a data, "e pese á insistencia, trasladara información algunha ao respecto, co conseguinte prexuízo para as arcas municipais", engaden.
Hai uns días, como consecuencia do tornado rexistrado no Saltiño, o Centro de Saúde sufríu unha serie de danos. A este respecto, o mércores día 24 de novembro, mediante escrito oficial, o Concello de Boiro trasladou información sobre estes desperfectos a Javier Ventosa Rial, actual director xerente da Xerencia de Atención Primaria de Santiago, no que se solicita á Consellería que actúe canto antes para arranxalos, xa que se trata de danos estructurais que sobrepasan ás competencias de mantemento que, ata o de agora, ten asumidas o Concello de Boiro (adxúntase copia da carta enviada).
Por todo o exposto, o goberno de Boiro agradece "a preocupación que o voceiro do Partido Popular de Boiro, Juan José Ortigueira, ten polo arranxo do Centro de Saúde, mais o Concello xa ten solicitado a reparación do ambulatorio e non só iso, senón que a través de numerosos escritos se lle requeriu ao Sergas que cumpra co convenio e se libere así ao Concello de facerse cargo duns gastos que non son da súa competencia. En todo caso, tamén o emprazamos a que teña a mesma insistencia ante a Xunta para que asuma a súa responsabilidade e se faga cargo do Centro de Saúde".Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: "A tropa de trapo", en galego este xoves 2 no auditorio para os nenos de Primaria
Ribeira, 1 de decembro de 2010. Nenos e nenas dos distintos centros educativos de Primaria de Ribeira vanse concentrar mañá no auditorio municipal co fin de asistir á proxección da película de animación “A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol”: unha actividade que está organizada polo Departamento de Normalización Lingüística do Concello co fin de fomentar o coñecemento e uso da lingua galega entre a poboación infantil. A proxección da película, que se desenvolverá a partir das 9.30 horas, axudará aos pequenos a gozar da linguaxe cinematográfica nunha película que, segundo o seu director Alex Colls, “naceu e se desenvolveu como dirixida aos máis pequenos”. Ademáis, a acción permitirá que os nenos poidan ver cinema en galego tamén en pantalla grande, e non só na televisión que é ao que están afeitos. “A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol”, dirixida no ano 2010 por Alex Coll, é unha película de animación pertencente ao xénero de aventuras.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
A Pobra do Caramiñal: o venres 10 de decembro, concerto polo centenario da capela de música sacra Lauda Sion
A Pobra do Caramiñal, 1 de decembro de 2010. O próximo 10 de decembro, de nove a once da noite, haberá un concerto para celebrar o centenario da capela de música Lauda Sion. Será na praza da Fonte dos Catro Canos. A Capela Lauda Sion foi fundada na Pobra do Caramiñal no ano 1910 polo mestre Ricardo Fernández Carreira (1881-1959). En 1921 consegue a praza de director da Banda Municipal de Santiago de Compostela, onde se traslada para continua-la sua carreira musical. Sucédelle na dirección e órgano da Capela Xosé Fontán Martínez, que continua o traballo de Fernández Carreira, aumentando a plantilla do coro e, segundo os gustos da época, incluindo diversos instrumentistas de corda e vento. Quedou así consolidada a continuidade da Capela, que ao longo dos seu século de vida somentes interpretou música sacra, dende o canto gregoriano á máis escolleita polifonía. Foron moitos os músicos e cantores de varias xeracións que contribuiron co seu traballo e profesionalidade nos éxitos artísticos da Capela Lauda Sion tanto en cerimonias da Igrexa coma en concertos. No 2003 créase a Asociación Musical Lauda Sion co obxetivo de dar soporte á Capela, incrementa-lo nivel artístico e formativo, xestiona-lo patrimonio musical acumulado en forma de partituras, publicacións, orixinais e manuscritos, correspondencia de grande interese, instrumentos, etc. Ademáis, ampliase o campo de actuación coa restauración e edición de obras musicales.(Vía MySpace)Vía Facebook do director desta capela, Alexandre Fontán
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: rematada a restauración da capela de San Antón, enfronte de Santa Cristina de Barro
Noia, 1 de decembro de 2010. A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural prevía rematar en novembro os traballos de recuperación da capela de San Antón, e así foi. Os traballos contemplaron actuacións sobre a cuberta, o acondicionamento do entorno e a restauración do peto de ánimas A capela, que ten a consideración de Ben Inventariado, foi restaurada por un importe de case 79.000 euros e realizou os traballos a firma Diconsa. Houbo que derrubar os restos da cuberta existente e limpar a vexetación que sobranceaba sobre a bóveda. Tiveron que facer unha nova estrutura de madeira na cuberta e, sobre ela, unha nova cuberta. Procedeuse tamén á limpeza exterior dos muros da capela e á limpeza e pintado dos muros interiores. Nos labores de acondicionamento sumáronse a instalación eléctrica de iluminación e, no entorno da capela, a construción dun camiño enlousado de pedra na zona de acceso. Do mesmo xeito, a restauración do peto de ánimas foi a través da súa limpeza, reparación e reposición de pezas desaparecidas e a recuperación, na medida do que foi posible, das pinturas sobre o mesmo. A capela de San Antón de Santa Cristina de Barro, sita no concello de Noia, data do século XI-XII. Desde o punto de vista artístico destaca o seu peto de ánimas, construción de pedra que data de finais do século XIX e principios do XX. Este elemento patrimonial ten a consideración de Ben de Interese Cultural pola súa condición de peto de ánimas de máis de cen anos.
Estado actual da capela
Estado da capela antes da actuación
Por outra banda, o Concello está a executar as obras para o adoquinado duns 1.700 metros cadrados de rúas no lugar de Taramancos, así como a renovación dos sumidoiros neste lugar e en Boa. O importe destes traballos, que se realizarán nuns tres meses, ascende a case 400.000 euros. Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
















