O socialista Lage Tuñas presentou unha iniciativa instando a que rectifiquen a paralización da escola infantil planificada cando gobernaba Touriño e que se busque ubicación de acordo co goberno municipal de Noia. A escola infantil proxectada ía dar cobertura ao 22% da poboación de 0 a 3 anos da vila e estaría na Barquiña
A Galiña Azul de Dodro
Noia, 1 de novembro de 2010.O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialista de Galicia, José Manuel Lage, vén de presentar no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei co obxecto de instar á Xunta de Galicia a construír unha escola infantil en Noia. Lage Tuñas recorda na súa iniciativa que “o concello de Noia non conta con ningunha escola infantil pública na actualidade.”.
O deputado noiés do PSdeG-PSOE explica que “durante a anterior lexislatura o goberno presidido por Emilio Pérez Touriño asinara o 18 de setembro de 2008 un convenio de colaboración co Ministerio de Educación, Política Social e Deporte, a través do cal, o Goberno de España financiaba a construcción de escolas infantís en diferentes concellos galegos, sendo un deles o de Noia".
Lage Tuñas considera “unha prioridade” a creación de máis prazas escolares públicas no primeiro ciclo de educación infantil e asegura que "Noia figuraba no citado convenio, no que se contemplaba a construcción dunha Escola Infantíl con setenta e dúas prazas. No ano 2008 xa se deran pasos tamén dende o goberno municipal noiés para a cesión e posta a disposición da Xunta de Galicia dos terreos necesarios para comezar a construcción do citado equipamento socio-educativo.A ubicación dos citados terreos era o lugar dos Carballidos-Carracido no lugar de A Barquiña”.
O Viceportavoz Socialista explica que “goberno galego dispoñía a comezos do ano 2009 dun proxecto para a edificación da citada Escola Infantil pero a chegada ao goberno de Alberto Núñez Feijóo e o Partido Popular botan por terra o proxecto existente, desentendendose do mesmo e optando polo silencio diante dun equipamento tan importante.”. Por estes feitos critica ao goberno galego xa que di “que non cumpriu o convenio asinado entre a Xunta e o goberno de España, renunciando así aos fondos dirixidos a construir unha Escola Infantil no concello de Noia.”
Recorda o deputado socialista que “a planificación feita polo anterior goberno da Xunta, contemplando a construcción dunha Escola Infantil en Noia só daba cobertura a un 22% da poboación infantil de 0 a 3 anos existente no termo municipal, pero era un primeiro paso importante para suplir unha carencia existente neste concello”. Lage Tuñas apunta ao Partido Popular ao destacar que “o proceder da Xunta de Galicia só amosa a falta de interese por dotar a Noia cun equipamento destas características, fundamental para mellorar a vida das familias da bisbarra.”
“A existencia de Escolas Infantís é fundamental nunha sociedade como a actual, xa que non só cumpren unha función de carácter educativo senón que tamén favorece a conciliación da vida laboral e familiar, sendo un importante apoio para as familias", opina o socialista, quen non dubida en afirmar que "non podemos consentir que se prive dunha Escola Infantil deste xeito ás noiesas e noieses.Os socialistas galegos pedímoslle ao goberno galego que rectifique a súa postura, e demandámoslle que sitúe a Noia dentro das prioridades para a construcción dunha Escola Infantil”.
Galiña Azul de 72 prazas "polo menos"
As escolas infantiles eran Galescolas no anterior goberno
. A de Rianxo
O deputado socialista defenderá no Parlamento de Galicia que o goberno galego adique para o ano 2011 unha partida orzamentaria á construcción dunha Escola Infantil Pública no concello de Noia con alomenos 72 prazas, tal e como figuraba no convenio asinado entre a Xunta e o Goberno de España no ano 2008
Lage Tuñas tamén lle pide que acorden, á maior brevidade posible, co goberno municipal do Concello de Noia a ubicación máis axeitada para a súa adaptación ao proxecto xa redactado pola Xunta para a edificación da citada Escola Infantil.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario