A Pobra do Caramiñal, 1 de decembro de 2010. Aousa Norte presenta "Turismo Accesible para persoas con discapacidade visual" este xoves 2 de decembro no salón de plenos do concello de A Pobra do Caramiñal, ás 12:30 da mañá.
No mes de Xullo do 2010 a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte asinou un convenio coa Secretaría Xeral para o Turismo para levar a cabo dous proxectos que durante estes meses ocuparon gran parte do traballo da Mancomunidade: Estancias Literarias e Turismo Accesible para persoas con discapacidade visual. Turismo accesible é un paquete turístico integrado por aloxamento en casas de turismo rural, restauración e actividades de ocio que está destinado a un público moi concreto: persoas con discapacidade visual. Despois de traballar na confección de este paquete e antes de comercializalo a Mancomunidade quere dalo a coñecer entre os sectores máis achegados á Accesibilidade Universal e o Deseño para Todos. Por iso, dende a Mancomunidade Municipios teñen previsto facer unha experiencia piloto que terá lugar os días 2 e 3 de decembro en Arousa Norte. O obxetivo desta experiencia é que técnicos e usuarios da Fundación Once, especialistas en Accesibilidad Universal e Deseño para Todos procedentes de entidades de o toda España, e técnicos expertos en turismo accesible poidan avaliar as fortalezas e debilidades do paquete para que posteriormente se poidan perfeccionar. Entre as estas entidades participantes na experiencia destacan Turgalicia, Servimedia, C.E.A.P.A.T. (Centro de referencia estatal de autonomía y ayudas técnicas) ou Ediversia (Centro Europeo de Recursos Avanzados para la Diversidad Humana).Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario