25.1.11

Muros: inaugurada a rehabilitación do edificio do Museo do Mar

O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Medio Mariño investiu case 3 millóns de euros na rehabilitación de antigos edificios industriais. As instalacións serán usadas tamén para actividades náuticas

Muros, 25 de xaneiro de 2011. O director xeral de Sostibilidade da Costa e o Mar, Pedro Antonio Ríos, inaugurou hoxe o proxecto que foi financiado polo Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Marino coa supervisión dos técnicos da Demarcación de Costas en Galicia. A obra está inserida na política de costas do MARM de preservar o Patrimonio Histórico ubicado en Dominio Público Marítimo Terrestre. O importe das actuacións realizadas foi de 2.852.964 euros exactamente.

Recuperouse este espazo para uso público ao eliminar os elementos que pechaban esta zona, tanto ao seu acceso dende o paseo como dende o mar. Tamén se rehabilitaron cuatro edificios industriais, tres deles destinados a escola de actividades náuticas e un a museo-biblioteca.


Panorámica de conxunto da antiga conserveira de SEL.


Rampa de acceso ás embarcacións.


Fachada lateral


Interior do edificio, aínda baleiro

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro e Noia: a Ongd "Contacto" entrega certificados dos seus cursos o xoves 27 en Boiro e o venres 28 en Noia


A entrega dos diplomas será en Noia na casa da cultura

Boiro-Noia, 25 de xaneiro de 2011. A ONGD "ConTacto", que se ocupa de asesorar ao inmigrante e da súa  Integración, dentro do seu programa "Incorpórate ao Mercado Laboral", enmarcado no II Plan Galego de Inclusión Social de subvencións a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social, vai entregar as  certificacións das actividades formativas impartidas.
Estes cursos foron ofrecidos en Boiro e tamén en Noia, onde ten sede a citada ongd, e contaron con subvención do Fondo Social Europeo, a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e o II Plan Galego de Inclusión Social. Os cursos realizados foron: Introducción á Informática Básica e  Alfabetización e Asesoría Socio Laboral (Recursos para busca de emprego, Inmigrante, traballo e Dereitos do traballador).
A ceremonia de entrega de certificados vaise realizar en Boiro o xoves 27 de xaneiro ás 17:00 horas nas oficinas centrais da ONGD ConTacto e en Noia ao día seguinte, venres 28 de xaneiro, ás 17:00 horas na Casa da Cultura "Antón Avilés de Taramancos".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o club ciclista Ácido Láctico afronta esta tempada con renovados retos

Ribeira, 25 de xaneiro de 2011. O pasado domingo tivo lugar a presentación da nova tempada do club ciclista Ácido Láctico. Os obxectivos que se marca para este ano son, por unha banda, a continuación da Marcha de Santiago a Fisterra, que chegará así á súa segunda edición. Por outra banda, seguirá a colaborar na organización das Escolas Municipais de Ciclismo que organiza o Concello de Ribeira e tamén organizará roteiros cicloturistas e ciclistas para os seus socios durante a fin de semana.
Na presentación agradeceron o apoio dos seus patrocinadores, así como á xente que lles bota unha man, con especial referencia a Lolo, Ventura, Manolo e Chento "polo seu tempo e dedicación para a boa marcha do club".


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Música: Sleeping Cat estrea vídeoclip para o seu primeiro EP, baixo a dirección do cineasta Luís Avilés

Noia, 25 de xaneiro de 2011. Sleeping Cat, o proxecto persoal do músico Jerry Noia, vén de estrear o seu primeiro vídeoclip oficial, cun plantel de luxo detrás das cámaras. Na dirección, o multipremiado cineasta noiés Luís Avilés; na fotografía, Marcos Creo e Javier Uhía; Álvaro Dosil como técnico de son e Juan Ramón Vidal na iluminación. O músico agradécelles o resultado e convida a tod@s @s interesad@s na súa música  a ver o vídeoclip que encabeza esta información e a escoitar a súa música, que se atopa en Itunes, Spotify, Last Fm e mesmo Facebook. Os que queiran velo en directo, teñen ocasión o próximo luns 31 de xaneiro en Santiago de Compostela, no bar Reixa (zona vella, detrás da igrexa de Salomé, entre a Calderería e a Rúa Nova de Arriba), ás once da noite.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: convocan 40 permisos de explotación máis para mariscadores a pé na confraría

Estes novos pérmex sumaranse aos 434 vixentes e, deste xeito, a Consellería cumpre coa demanda realizada pola confraría ao abeiro do seu plan de explotación de moluscos bivalvos para o 2011. Mar tamén convoca 5 pérmex para percebeiros a pé en Muros

Exposición con trebellos para mariscar a pé e dende embarcación

Noia, 25 de xaneiro de 2011.- A Consellería do Mar outorgará 40 permisos de explotación máis para os mariscadores de a pé da confraría de Noia. Así o anunciou a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a súa visita á confraría desta localidade, onde mantivo un encontro cos seus representantes para escoitar de primeira man as súas demandas. Estes novos permisos de explotación súmanse aos 434 pérmex vixentes nesta confraría. Durante a xuntanza, á que tamén asistiu a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, tratáronse ademais deste asunto, outros que afectan ao pósito.

Para poder optar aos permisos de explotación, os solicitantes deben cumprir os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro modificado polo Decreto 114/2007, de 31 de maio e presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende mañá. As solicitudes presentaranse no rexistro do Departamento Territorial da Consellería do Mar na Coruña ou en calquera rexistro público que teña convenio coa Xunta. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración.

Noia destaca en Galicia polos seus berberechos

Cinco novos pérmex para percebeiros en Muros
A maiores, o departamento que dirixe Rosa Quintana, aprobou a convocatoria de 5 novos permisos de explotación a pé para percebe na confraría de pescadores de Muros. Poderán obter estas prazas aqueles que cumpran os requisitos que recolle o Decreto 425/1993, do 17 de decembro modificado polo Decreto 114/2007, de 31 de maio. Terán 15 días hábiles a partir de hoxe para presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar. Estes 5 permex súmanse aos 9 permisos de explotación a pé para percebe cos que actualmente conta a confraría de Muros.

Con estes 45 novos permisos en total, a Consellería atende a unha demanda das confrarías despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sostibilidade dos recursos e criterios socieconómicos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o grupo municipal socialista reclama que se faga unha circunvalación o máis axiña posible

Ribeira, 25 de xaneiro de 2011. O grupo municipal socialista emitiu hoxe unha nota de prensa na que reclama que se constrúa urxentemente unha circunvalación, da que se leva anos falando, a efectos de eliminar do casco urbano aos vehículos de traslación hacia outros núcleos, que tantos problemas -entre eles atropelos- están a provocar.
Os socialistas tamén suxiren outras iniciativas para mellorar a seguridade viaria, que tantos trastornos está a provocar nos últimos tempos.
Nota de prensa íntegra:

En estos últimos meses se ha constatado en el Concello de Ribeira, desgraciadamente, un elevado incremento de atropellos a viandantes por parte de diversos vehículos a motor, en zonas especialmente reservadas para los viandantes. Por descontado queda que en todos estos acontecimientos, la víctima más perjudicada es el peatón, llegando a varios casos con desenlace fatal para la vida de las personas.

De ningún modo podemos estar hablando de imprudencia por parte del transeúnte, ya que los accidentes están ocurriendo, esencialmente, en zonas de paso restringidas para el caminante, en pasos de cebra. Con lo expuesto, cabe resaltar y concluir, en que el motivo original de estos siniestros es la alta velocidad con la que circulan los automóviles, y que impide reaccionar con la prontitud requerida al conductor de la máquina, sobre todo y por lo ocurrido, dentro del mismísimo casco urbano de la ciudad de Ribeira.
Aunque todo hay que decirlo, en los núcleos de las parroquias con más afluencia de vehículos, entiéndase Aguiño, Palmeira, y rectas de Oleiros – Bretal, también existe una permisividad y complacencia fuera del común, con respecto a la alta velocidad. Concretando un poco, podemos hablar del entorno de Aguiño. Allí, en estos últimos días, ha habido quejas sobre el caos provocado tanto a las horas de entrada como a las de salida del colegio. No hay presencia de ningún policía local para poder regular los movimientos de coches, autobuses y escolares. En la vía que une el núcleo de Carreira con Aguiño, recta de Listres-cuesta de Fontenla, los adelantamientos son cosa muy frecuente, esto sería hasta cierto punto normal, si no existiese una línea continua, bien definida, en la calzada. Aparte de estar regulada la velocidad en 50 Km./hora, algo que pocos respectan.
En la Rúa do Norte, Palmeira, otro tanto de lo mismo; y la velocidad de algunos en el lugar de Gándara-Oleiros, es sencillamente, vertiginosa, pese a haber señales luminosas, de paso de peatones. Por todo lo relacionado, desde el PSdeG-PSOE, hacemos un llamamiento hacia la concienciación del conductor de cualquier vehículo a acatar las normas de circulación vigentes; rogamos al Equipo de Gobierno que intensifique la vigilancia policial en los lugares citados, sobre manera en las cercanías y accesos de colegios. Para con ello, poder evitar de algún modo, los siniestros que se están llevando vidas muy valiosas por delante; y a la autoridad competente, a regular el caos de trafico existente en Ribeira, intensificando los controles de velocidad en los accesos a los núcleos, y regulando los estacionamientos a diestra y siniestra de las calles principales, con señales verticales que mitiguen los incidentes en la circulación.
También es de significar, que varios de los siniestros ocurridos, tienen como actores implicados a vehículos de traslación, esto es que están en desplazamiento hacia núcleos de los alrededores; lo que induce a afirmar que si estuviese realizada la tantas
veces mencionada Circunvalación de Ribeira, estos accidentes no se habrían producido, ya que los vehículos de circulación interna, que intentan aparcar o acceder a garajes, marchan a velocidades más moderadas; por el contrario los vehículos de transporte, cercanías, y de salida a otras localidades, incrementan la velocidad de movimiento.
La visita prometida en el pleno de diciembre por el Sr. Alcalde del PP, del tan esperado Sr. Conselleiro Agustín Hernández, para este mes de enero, con la carpeta llena de proyectos para Ribeira (Depuradora, Mercado Municipal, Circunvalación, Estación de Autobuses,…) está con los días contados, ¿qué disculpa nos dará en el próximo sesión plenaria? Lo contaremos. Evidentemente, tras casi veinte años de gobierno del Partido Popular hay cosas que ya no pueden esperar más".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o equipo de goberno solicitará a revisión do valor catastral dos bens inmobles para rebaixar a contribución

O obxectivo do proceso é axeitar o valor catastral dos inmobles ao prezo actual de mercado

No 2008 a burbulla inmobiliaria estaba no seu punto máis álxido

Boiro,  25 de xaneiro de 2011. O goberno de Boiro, a iniciativa do alcalde, Xosé Deira Triñanes, leva hoxe ao pleno da corporación a aprobación da solicitude de inicio do proceso de revisión catastral do Imposto de Bens Inmobles (IBI), co obxectivo de axeitar o valor catastral dos mesmos á baixada de prezos que, nos últimos tempos, se vén rexistrando no mercado. O obxectivo é que os boirenses paguen menos por este imposto, dado que o valor das súas propiedades tamén é menor no mercado.

Nestes últimos anos houbo un importante auxe do sector da construción, e cando se fixo a última revisión catastral, no ano 2008, este atopábase no seu punto máis álxido, polo que o prezo de mercado dos bens inmobles era elevado. Con carácter xeral, a valoración catastral de cada propiedade é  un 40% menor ao prezo de mercado, pero na actualidade, ao mudar completamente a situación dos sector da construción, atopámonos con que en Boiro, sobre todo no casco urbano, hai moitos edificios cunha valoración catastral do 100% do valor de mercado. Cabe lembrar que a valoración catastral e a ponencia de valores é competencia do Ministerio de Economía e Facenda; de aí que o Concello teña que seguir a tramitación oportuna para lograr que o Ministerio execute esta medida. Normalmente, as revisións catastrais fainas, de oficio, o  Ministerio de Economía e Facenda cada 10 anos. Pero o Concello de Boiro considera que os veciños de Boiro, na actualidade, deben poder ver reducido este imposto, dado que o valor das súas propiedades tamén é menor.

O goberno boirense estima que as propiedades valen hoxe un 40% menos que en 2008

Boiro: o tipo impositivo máis baixo permitido por lei

A pretensión do goberno de Boiro ao iniciar este proceso, que se tramitará diante do Catastro da Coruña, é, en definitiva, que a redución do valor catastral repercuta nunha baixada do IBI dos recibos dos contribuíntes, xa que a opción de rebaixar o tipo impositivo que se aplica ao valor catastral de cada inmoble (e que fixa o Concello de Boiro) non é factible, pois xa é o mínimo que permite a lei: o 0,4%.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: alumnos do colexio "Sagrado Corazón" gañaron o segundo certame "Todos e todas somos Constitución"

O concurso foi convocado polo Concello e o premio é unha viaxe a Santiago

León do Congreso. Flickr de Pegatina1

Ribeira, 25 de xaneiro de 2011.-O Concello fallou xa a segunda edición do Concurso Escolar Todos e todas somos Constitución dirixido aos alumnos de Primaria do municipio co fin de sensibilizar á infancia acerca dos valores, dereitos e obrigas que recolle a nosa Carta Magna.

Houbo seis traballos presentados que foron elaborados por grupos de entre 15 e 26 alumnos, pertencentes aos CEIP O Grupo, colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras e o CEIP de Palmeira.

O traballo gañador (primer e único premio do certame) levaba como título O pasapalabra, e foi realizado por un grupo de 26 alumnos de 6º de Primaria do colexio Sagrado Corazón de Castiñeras. Obtivo 22,75 puntos.

Viaxe a Santiago

Estatua de Valle na Alameda compostelana

O premio para estes alumnos, xunto coa súa mestra Raquel Mariño Pego, consistirá nunha viaxe no mes de febreiro a Santiago de Compostela, que incluirá visita oficial ao Parlamento Galego, xantar e visita á Cidade da Cultura.

A segunda posición  foi lograda por tres grupos de alumnos que acadaron a mesma puntuación (21,5): “Os de quinto”, traballo desenvolvido por rapaces de 5º de Primaria do CEIP O Grupo, “A nosa Constitución” a cargo de alumnos de 6ºA do CEIP de Palmeira; e “A Constitución”, por nenos de 6ºB do mesmo centro educativo.

“A Constitución”, de quinto de Primaria do CEIP de Palmeira obtivo 18,5 puntos, mentres que “Érase unha vez”, de 5º do colegio Sagrado Corazón logrou 17 puntos.

O xurado estivo presidido polos concelleiros de Cultura e Festexos e de Educación, Luciano Fernández e Juana Hermitas Crugeiras, respectivamente. Participaron como vogais, Alicia Padín, normalizadora lingüística do Concello; Pilar Casas, dinamizadora do museo municipal; e Unai González, técnico de Cultura. Actuou de secretaria Montserrat Iglesias.

Os criterios valorados foron a orixinalidade e creatividade (concepto que puntuou un máximo de 2 puntos por cada membro do xurado), presentación do traballo (máximo de 2 puntos), redacción e ortografía (ata 2 puntos) e rigor científico (ata 4 puntos).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical