O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Medio Mariño investiu case 3 millóns de euros na rehabilitación de antigos edificios industriais. As instalacións serán usadas tamén para actividades náuticasMuros, 25 de xaneiro de 2011. O director xeral de Sostibilidade da Costa e o Mar, Pedro Antonio Ríos, inaugurou hoxe o proxecto que foi financiado polo Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Marino coa supervisión dos técnicos da Demarcación de Costas en Galicia. A obra está inserida na política de costas do MARM de preservar o Patrimonio Histórico ubicado en Dominio Público Marítimo Terrestre. O importe das actuacións realizadas foi de 2.852.964 euros exactamente. Recuperouse este espazo para uso público ao eliminar os elementos que pechaban esta zona, tanto ao seu acceso dende o paseo como dende o mar. Tamén se rehabilitaron cuatro edificios industriais, tres deles destinados a escola de actividades náuticas e un a museo-biblioteca.
Panorámica de conxunto da antiga conserveira de SEL.
Rampa de acceso ás embarcacións.
Fachada lateral
Interior do edificio, aínda baleiro
Panorámica de conxunto da antiga conserveira de SEL.
Rampa de acceso ás embarcacións.
Fachada lateral
Interior do edificio, aínda baleiro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario