4.1.10

Cinema: o primeiro libro en galego sobre guión?

Story

Unha editorial noiesa publicará o primeiro libro en galego sobre guión


Pablo Portero, escritor e cineasta de Ferrol, é o autor de "Story"


        Noia, 4 de xaneiro de 2009. Os estudosos e afeccionados ao guión cinematográfico poderán ter en breve unha nova ferramenta en formato libro. É unha obra escrita en galego, da man da editorial noiesa Toxosoutos, que será a encargada de tirar do prelo o novo libro de Pablo Portero, cineasta ferrolán que retoma así a súa faceta como escritor.

(...)

     Personaxes, tempo, espacio, tramas, conflictos, e xéneros, nun traballo onde a escrita de imaxes é obxecto de estudio e reflexión, que sairá ás rúas nos primeiros meses de 2010, publicado pola editorial noiesa Toxosoutos.  Máis aló do manual técnico, Story, guión e narrativa audiovisual, é un libro aberto a todas aquelas personas afeccionadas á literatura, ao cinema, á televisión, ao teatro... Un volume que aparecerá publicado xunto cun pequeno caderno a modo de unidade didáctica, como complemento práctico dun libro pioneiro.

    Pablo Portero foi entrevistado por Certo o ano pasado pola estrea do seu documental experimental "Camposanto", que comeza con esceas no cemiterio de Noia. Pode ver as súas respostas aquí


Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Tecnoloxía: tal día coma hoxe, naceu Newton

E Google, agradecido, adícalle o seu logo. Proba hoxe Google.es e verás como che cae unha mazá sen abanear nada!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: cabalgata de Reis con misa!!!!!!

Quen goberna en Boiro, a dereita? A esquerda? A Igrexa? uns magos?

Cada día estamos menos CERTOS

http://certo.es/index.php?page=reis_boiro

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical