20.12.12

Lingua galega: Ribeira tamén se suma coa súa hostalería a promover o galego

  • "Pousa, Pousa" é o nome da campaña que levará pousavasos aos locais do municipio dende este sábado

 

Ribeira, 20 de decembro de 2012.- O Consistorio foi escenario da presentación no municipio da innovadora campaña de dinamización lingüística ‘Pousa, Pousa’: unha acción organizada pola Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística do Barbanza en colaboración coa Mancomunidade de Municipios Arousa Norte e o Concello de Ribeira que busca promover o uso do galego servíndose dos establecementos hostaleiros como lugar de difusión da nosa lingua, ao serlles subministrados uns pousavasos que conteñen debuxos e mensaxes alusivos a esta intención.

Para falar desta campaña estiveron presentes os concelleiros de Educación e de Comercio e Turismo do Concello, Mª Carmen Vizcaya e Anxo Orellán; Ramona Bello, en representación da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística; Víctor Casais, como presidente da Asociación de Hostaleiros de Riveira; e o pequeno Manuel Ramos, alumno de 8 anos do CEIP O Grupo, que foi un dos gañadores do certame convocado para todos os centros educativos da comarca que determinou os emblemas conmemorativos contidos no pousavasos (os outros seleccionados foron escolares do IES Félix Muriel e do CEIP de Aguiño).

Mª Carmen Vizcaya e Anxo Orellán quixeron salientar a idoneidade desta iniciativa para difundir o galego na sociedade, unha idea na que afondou Ramona Bello, quen fixo fincapé na necesidade de aprenderlles aos nenos e nenas dende a comunidade educativa o emprego das dúas linguas. Pola súa parte, Víctor Casais agradeceu esta proposta no nome do sector hostaleiro e desexou a súa continuidade.

Xa comezou o reparto de pousavasos coa idea de que este próximo sábado día 22 de xaneiro, ao mediodía, poidan lucir nos locais do municipio. Non obstante, os hostaleiros que o desexen poden achegarse ata o rexistro do Concello para recoller un lote. Poden facelo ata este venres.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: colgan obras do alumnado do Galaxia na Casa da Xuventude

 

Ribeira, 20 de decembro de 2012.- A Casa da Xuventude encheuse na tarde de onte de rapaces, pais, nais e profesores con motivo da inauguración da exposición “Atardeceres do Renacemento”: unha mostra integrada por distintas creacións elaboradas por alumnos e alumnas do Colexio Galaxia como unha actividade extraescolar.

No acto inaugural interviñeron a concelleira de Educación, Mª Carmen Vizcaya; o mestre do citado centro educativo, Fernando Yáñez, e unha alumna que se encargou de explicar o contido da exposición.

A mostra contén por unha parte un gran mosaico conformado por alumnos de Primaria na que se representa un fermoso atardecer e, por outra, distintos debuxos recrean algunhas das obras dos grandes artistas da época do Renacemento.

Os interesados en visitar a mostra poden facelo gratuitamente de luns a venres de 9 a 2 e os luns e os xoves, tamén de 16 a 18 horas. Estará aberta alomenos durante todo o mes de xaneiro.







 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: actividades programadas para Nadal, ata a cabalgata de Reis

Dodro, 20 de decembro de 2012. O Concello de Dodro ofrece este Nadal un amplo programa de actividades para todas as idades, todas elas gratuitas.

Xunto co acendido do alumeado de nadal que se realizará este venres día 21 comezan as actividades co II Mundialito de fútbol sala por aldeas e que será entre o 17 e o 21 de decembro.

Dentro do programa Nadal Cultural, Obradoiros na Casa da Cultura para nenos/as entre 5 e 14 anos os días 26 e 27 de decembro e 2 e 3 de xaneiro de 10,30h a 13,30h. Nos obradoiros, pensados para facilitar a conciliación familiar e a diversión dos máis cativos, haberá cine, contacontos, obradoiros artísticos, xogos, panxoliñas, etc.

Nas instalacións da Paxareira:

O venres día 21, ás 18h Teatro infantil “Dous pallasos en apuros” para ao rematar recibir a visita de Papa Noel que recibirá a todos os nenos/as do Concello. 

O venres 28  de decembro Festa infantil de fin de ano para todos os rapaces/zas do Concello ás 17h con moito baile e moita diversión.

E pola noite ás 20h Teatro a cargo da compañía Trangalleiro coa obra “O enfermo imaxinario”, apto para todas as idades.

O 4 de xaneiro ás 18h Contacontos “Un conto de agasallo” e ao finalizar visita do Carteiro Real, que recollerá tódalas peticións das nenas e nenos para ás SS.MM os Reis Magos.

A tarde do sábado 5 de xaneiro a Cabalgata dos Reis Magos percorreran o concello a partir das 17h para rematar na Praza do Concello onde as SS.MM Os Reis recibirán a todos os nenos e nenas cun agasallo. Haberá chocolate con churros para todos/as e celebrarase o 2º Concurso de Pasteis, tartas e biscoitos do Concello de Dodro.

Queda pendente de data a IV Xornada benéfica deportiva prevista para o 15 de decembro e que foi suspendida por mor da choiva.

 

Cartel_cabalgata2013

TEATRO NADAL 28-12-12.pdf Download this file

Cartel concurso pasteis.pdf Download this file

TRÍPTICO ACTIVIDADES.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: gala solidaria este domingo 23 para Cáritas con boxeo e kickboxing

Ribeira: Renacer alíase co Concello para recomendar á mocidade que se modere co alcol

Ribeira_alcol

 

Ribeira, 20 de decembro de 2012.- Coincidindo coa festividade de Nadal, o Concello de Ribeira e a Asociación Renacer, coa colaboración da Asociación Abril e Iniciativa Xove, decidiron lanzar unha campaña de sensibilización encamiñada a un consumo responsable entre a mocidade. O seu nome, “Co alcohol, elixe ben as túas cartas”. 

A concelleira de Ecudación, Mª Carmen Vizcaya; a psicóloga de Renacer, Mª del Pilar Quintela; e Mario Vidal como técnico municipal de Xuventude, foron os encargados de explicar esta iniciativa, que se está a materializar no reparto duns carteis informativos en establecementos dispensadores e centros de ensino.

Tal e como reflectiu Mª del Pilar Quintela, o obxectivo é xerar reflexión entre os xóvenes a través das mensaxes e consellos contidos nestes soportes, tales como o de tomar tragos máis curtos, deixar o vaso na barra entre trato e trago, non mesturar cervexa e licores xuntos, botarlle máis refresco aos combinados e, por suposto, non conducir no caso de que un beba.

Outras accións

Ademais, tanto Vidal como Quintela lembraron outras accións enfocadas a un consumo moderado como poden ser, no caso de Renacer, a campaña desenvolvida no pasado Nadal dentro do Proxecto Alcohol para informar sobre a nova lei reguladora deste tema, a charla impartida polo responsable da Consellería de Sanidade, Jorge Suances; ou os talleres desenvolvidas nos colexios e autoescolas.

Pola súa parte, o técnico de Xuventude recordou a posta en marcha dun programa de ocio alternativo sobre cultura urbana (breakdance, graffiti...) ou a instalación dunha barra de cócteles sen alcohol coincidente cos concertos celebrados no parque García Bayón nas pasadas festas de Santa Uxía, que tamén deron cabida a unhas xornadas de seguridade viaria.

Mª Carmen Vizcaya, que aplaudiu a nova iniciativa, lembrou que o exceso de alcohol é unha causa de preocupación non só entre os mozos senón tamén entre os maiores, que poden tomar boa nota dos consellos apuntados nos novos carteis.



 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: os concertos de Nadal do Conservatorio, este xoves 20 e venres 21

Ribeira: Protección Civil explicará polas parroquias consellos sobre seguridade no fogar durante o Nadal

  • Este venres 21 haberá charla en Artes, ás sete da tarde -Centro Recreativo- e terá continuidade noutras parroquias 
  • Esta iniciativa está dirixida a todos os veciños que desexen acudir e na mesma se tratarán os seguintes temas:
  1. Coñecementos básicos de Primeiros Auxilios
  2. Consellos de autoprotección no fogar relacionados co uso de aparellos de calefacción
  3. Consellos de autoprotección no fogar relacionados coa iluminación do Nadal

 http://farm6.staticflickr.com/5465/7176637218_c950064b6d_c.jpg
Foto de arquivo de integrantes de Protección Civil de Ribeira

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sen título

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical