Ribeira, 20 de decembro de 2012.- A Casa da Xuventude encheuse na tarde de onte de rapaces, pais, nais e profesores con motivo da inauguración da exposición “Atardeceres do Renacemento”: unha mostra integrada por distintas creacións elaboradas por alumnos e alumnas do Colexio Galaxia como unha actividade extraescolar.
No acto inaugural interviñeron a concelleira de Educación, Mª Carmen Vizcaya; o mestre do citado centro educativo, Fernando Yáñez, e unha alumna que se encargou de explicar o contido da exposición.
A mostra contén por unha parte un gran mosaico conformado por alumnos de Primaria na que se representa un fermoso atardecer e, por outra, distintos debuxos recrean algunhas das obras dos grandes artistas da época do Renacemento.
Os interesados en visitar a mostra poden facelo gratuitamente de luns a venres de 9 a 2 e os luns e os xoves, tamén de 16 a 18 horas. Estará aberta alomenos durante todo o mes de xaneiro.
Con Rajoy, los telediarios de Ratotelevisión Española han batido su récord de indignidad profesional. #CárcelPaRato Ribeira: Renacer alíase co Concello para recomendar á mocidade que se modere co alcol post.ly/A2ENv Ribeira: Protección Civil explicará polas parroquias consellos sobre seguridade no fogar durante o Nadal post.ly/A2EAy
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario