19.12.09

A Pobra do Caramiñal: piden un pediatra e melloras no centro de saúde

Nais e Pais da Pobra do Caramiñal demandan máis profesionais sanitarios para a área de pediatría


O PSdeG PROPORÁ NO PARLAMENTO QUE A XUNTA CONTRATE UN PEDIATRA PARA O CENTRO DE SAÚDE DA POBRA DO CARAMIÑAL


-O Portavoz da área institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage e a Secretaria Xeral do PsdeG-PSOE da Pobra, Teresa García manTiveron unha xuntanza hoxe sábado cunha representación de nais e pais da Pobra do Caramiñal que están recollendo firmas para solicitar un pediatra para o centro de Saúde de Pobra do Caramiñal.


-Lage Tuñas no transcurso dunha rolda de prensa manifestou que “os socialistas imos defender no Parlamento que se dote á Pobra cun Pediatra a tempo completo e cun enfermeiro/a de pediatría, que nestes momentos é unha carencia existente no centro de saúde pobrense”.


-O deputado socialista recolleu tamén as demandas dos socialistas da Pobra para interesarse pola mellora do centro de saúde onde “existen deficiencias graves, como fallos continuos no sistema de calefacción, goteiras en diversas salas do centro ou serios problemas de salubridade nos aseos públicos”.


O PP falou de facer un novo centro de saúde pero os orzamentos do ano 2010 non contemplan un só euro para un centro de saúde na Pobra e o que é peor : teñen o actual centro de saúde nunhas condicións lamentables, o que dificulta o traballo dos profesionais sanitarios”.


A Pobra.19/12/2009.O Portavoz da Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialista de Galicia, José Manuel Lage, e a Secretaria Xeral do PsdeG-PSOE de A Pobra do Caramiñal mantiveron hoxe, sábado, unha xuntanza cunha representación de nais e pais do concello da Pobra do Caramiñal que están demandando melloras no sistema de atención sanitaria, concretamente na área de pediatría.


Na Pobra do Caramiñal teñen un pediatra a tempo parcial, e ademais nos últimos meses estivo de baixa sin que a baixa fose cuberta por parte da Xunta de Galicia, según describían hoxe mesmo na xuntanza mantida na sede da agrupación socialista pobrense.


Lage Tuñas no transcurso dunha rolda de prensa manifestou que “os socialistas imos defender no Parlamento que se dote á Pobra cun Pediatra a tempo completo e cun enfermeiro/a de pediatría, que nestes momentos é unha carencia existente no centro de saúde pobrense”.




Lage Tuñas comprometeuse a trasladar ó Parlamento este problema e con este motivo afirmou que vai presentar “unha proposición non de lei en Comisión para dotar ó centro de saúde da Pobra dun novo pediatra a maiores, para deste xeito cubrir á poboación de forma eficaz, incrementando daquela as prestacións de asistencia sanitaria e contribuíndo a que non se saturen as listas de espera en atención primaria”.


O deputado socialista dixo que “na Pobra só teñen un pediatra a tempo parcial e carece de enfermeiro/a de pediatría, polo que entendo que é preciso ter un pediatra a tempo completo, e reforzar deste xeito unha área na que se precisa atención especializada”.


Lage Tuñas considerou “satisfactoria” a reunión co colectivo de nais e pais da Pobra que comezaron fai uns días unha recollida de firmas entre a poboación para demandar da Xunta un novo pediatra para o centro de saúde.


DEFICIENCIAS NO ACTUAL CENTRO DE SAÚDE


O PSdeG pobrense tamén denunciou hoxe a “lamentable situación na que se atopa o centro de saúde da Pobra do Caramiñal”.


Os socialistas pobrense transmitíronlle ó deputado do PSdeG a situación do centro de saúde e explicaron as deficiencias existentes.


Non funciona axeitadamente o sistema de calefacción, o que nesta época do ano ten consecuencias para a poboación en xeral e para o persoal do propio centro. En varias salas de espera do centro hai goteiras e cando chove, a auga penetra no interior do centro, e os aseos públicos non teñen as condións hixienico-sanitarias mínimas para un centro de saúde”.


NOVO CENTRO DE SAÚDE


O PP falou de facer un novo centro de saúde pero os orzamentos do ano 2010 non contemplan un só euro para un centro de saúde na Pobra e o que é peor : teñen o actual centro de saúde nunhas condicións lamentables, o que dificulta o traballo dos profesionais sanitarios”.


Lage Tuñas interesarase pola mellora do equipamento do actual centro de saúde ó igual que preguntara ao goberno galego polos plans que ten para dotar a Pobra dun novo centro de saúde, “xa que nos orzmentos do ano 2010 non aparece un só euro para este fin”.


Si o PP promete un centro de saúde teremos que saber con que cartos se vai construir, cando se vai facer, cómo se vai facer e con que tipo de dotación e persoal vai a contar. Todo son interrogantes e será bó que lle poñan claridade a este asunto”.


PEDIATRÍA, UN SERVIZO NECESARIO PARA A CIDADANÍA



“Dende o PSdeG apostamos polo mantemento dos servizos públicos e vemos con preocupación a falta de recursos da Xunta de Galicia para a sanidade, a educación ou os servizos sociais.”


Lage Tuñas recordou como “xa durante o verán comprobamos como o goberno do señor Feijóo decideu non cubrir baixas nos centros de saúde e na atención especialidade, como é o caso de pediatría, e iso lévanos a exemplos graves como o caso de Monte Alto na cidade da Coruña con máis de 1000 nenos e nenas sen atención especialidade, ou como en cinco concellos do Barbanza (Rianxo, A Pobra, Porto do Son, Carnota y Lousame) cunha poboación de máis de 4.000 nenos que non contaron cun pediatra en ningún destos concellos”.


“Xa dixemos daquela que estas situacións non deberían volver a repetirse para que os cidadáns non volveran a padecer unha disminución nas prestacións públicas, pero a nosa advertencia caeu en saco roto e na Pobra siguen sufrindo a carencia dun pediatra, o cal hai que resolver con urxencia e inmediatez”.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: O Apalpador chegou ao colexio de Aguiño

http://heroinasdesalvora.blogspot.com/2009/12/ghran-estreno-en-aguinho-o-apalpador.html

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Tecnoloxía: a bici Copenhagen Wheel emprega inventos da Fórmula 1

Deseñada polos do MIT, preséntase como a bici 2.0. Recolle enerxía cinética co dispositivo que leva na roda traseira, o que permite almacenala ao frenar e logo empregala en tramos costentos. Aproveita inventos aplicados na Fórmula 1 para todo isto e está preparada para levar o iphone conectado á Rede e con outras bicis, co que podes saber cal é o mellor itinerario para non pescar atascos.
O prezo aínda non o averiguamos, pero barata non parece, non...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Curiosidades: o Xacobeo promociona Cando, en Outes


http://gl.wikipedia.org/wiki/Cando,_Outes
http://es.wikipedia.org/wiki/Evento_de_Cando

Santiago, 19 de decembro de 2009.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, presentaron esta mañá en Santiago a imaxe e a campaña de publicidade do Xacobeo 2010 que difundirá a mensaxe “Agora é cando, Galicia é onde”. A campaña de comunicación presentará a idea de que o “Xacobeo 2010 é o ano de Galicia” co obxectivo de facer partícipe a todo o mundo da celebración do Ano Santo e atraer o maior número de visitantes e turistas posible.

Con esta orientación, o Xacobeo 2010 asociarase con dúas mensaxes positivas tanto a nivel externo como a nivel interno. Dunha banda, invitarase a vir a Galicia a celebrar o Ano Santo e, doutra, convidarase aos galegos a festexar este momento único. Neste sentido, Roberto Varela destacou que 2010 será o ano en que Galicia “se amose ao mundo e o ano en que o mundo visitará Galicia, todos e todas pasarán pola nosa Comunidade”. “Este acontecemento non se repetirá en 11 anos; é o momento de Galicia e dos galegos”, afirmou.

O eixo de comunicación da campaña “Agora é cando, Galicia é onde” serve para explotar a potencialidade de Galicia como destino turístico xa que, segundo o conselleiro, “é o lugar que hai que visitar e este é o mellor momento para facelo, nun ano no que se multiplican as sensacións que xa transmite Galicia coa súa cultura, natureza, gastronomía e espiritualidade”. Do mesmo xeito, potenciarase a singularidade do 2010 con todas as connotacións que aporta o Camiño de Santiago, conformando “un gran acontecemento cunha gran programación”. Para Roberto Varela, “o Xacobeo 2010 é “un orgullo para todos os galegos, este é o momento de que todos queiran sentirse galegos”.

Nota de Certo: congratulámonos enormemente por esta escolla, aínda que sabemos que non foi consciente. Xa é hora de poñer en valor -como din os políticos de toda caste agora- un lugar tan fermoso como Cando. Intentárono co asunto do "Evento de Cando" pero apenas saíu nos programas de misterio e ufoloxía e pouco máis. Agardamos que este 2010 sexa o comezo dunha nova xeira (que rima con leira e tarteira) para Cando.
E xa propoñemos que, nesta interesantísima campaña de promoción inconsciente de pequenos anacos da nosa terra, lle adiquen o 2011 a Tal, en Muros, que tamén se presta moito a calquera eslogan. O seu máximo valedor no seu día foi o finado Jesús Gil y Gil, con aquela expresión súa tan castiza: Y Tal y Tal. Seguro que se coñecera a praia de Cabanas deixaría Marbella.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Non o merecemos

Ribeira non se merece esto:


Non se merece que fagan exposición urbana algunha, aconteceu no verán cos homes de cal, acontece agora cas reproduccións das persoaxes dos cómics, e acontece cada fin de semana cos contenedores volcados, xardiñeiras arrincadas, e pintadas nas paredes dos vecinos.

Por culpa duns poucos pagámola todos, eses "poucos" non só son os que arrincan as cabezas, hai máis:
- Pais que arrian ós fillos sen preocuparse do que fan cando non están baixo a supervisión familiar.
- Veciños que fan a vista gorda ante calqueira escandalera (para non ter problemas no momento, ainda que os problemas veñen despois).
- Autoridades que non lexislan como se debe ante este tipo de actos vandálicos (cántos rematan pagando os desperfectos?)
- Falta de presencia policial para que os que fan dano sepan que un fin de senama cando lle arrincan a cabeza a Asterix poden sair zafos, pero que ó fin de semana seguinte cando van a facer o mesmo a Lucky Luke pódennos pillar.

Queda políticamente incorrecto decir que 'o temos merecido', pero non que 'o temos traballado' porque tantos anos de indiferencia traen estas consecuencias.

Ainda pode ser peor. Non tardará moito en que empecen as lerias nas rúas e as coiteladas nas prazas como acontece no veciño Boiro cada pouco. Tempo ó tempo.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical