http://gl.wikipedia.org/wiki/Cando,_Outes
http://es.wikipedia.org/wiki/Evento_de_Cando
Santiago, 19 de decembro de 2009.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e o director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, presentaron esta mañá en Santiago a imaxe e a campaña de publicidade do Xacobeo 2010 que difundirá a mensaxe “Agora é cando, Galicia é onde”. A campaña de comunicación presentará a idea de que o “Xacobeo 2010 é o ano de Galicia” co obxectivo de facer partícipe a todo o mundo da celebración do Ano Santo e atraer o maior número de visitantes e turistas posible.
Con esta orientación, o Xacobeo 2010 asociarase con dúas mensaxes positivas tanto a nivel externo como a nivel interno. Dunha banda, invitarase a vir a Galicia a celebrar o Ano Santo e, doutra, convidarase aos galegos a festexar este momento único. Neste sentido, Roberto Varela destacou que 2010 será o ano en que Galicia “se amose ao mundo e o ano en que o mundo visitará Galicia, todos e todas pasarán pola nosa Comunidade”. “Este acontecemento non se repetirá en 11 anos; é o momento de Galicia e dos galegos”, afirmou.
O eixo de comunicación da campaña “Agora é cando, Galicia é onde” serve para explotar a potencialidade de Galicia como destino turístico xa que, segundo o conselleiro, “é o lugar que hai que visitar e este é o mellor momento para facelo, nun ano no que se multiplican as sensacións que xa transmite Galicia coa súa cultura, natureza, gastronomía e espiritualidade”. Do mesmo xeito, potenciarase a singularidade do 2010 con todas as connotacións que aporta o Camiño de Santiago, conformando “un gran acontecemento cunha gran programación”. Para Roberto Varela, “o Xacobeo 2010 é “un orgullo para todos os galegos, este é o momento de que todos queiran sentirse galegos”.
Nota de Certo: congratulámonos enormemente por esta escolla, aínda que sabemos que non foi consciente. Xa é hora de poñer en valor -como din os políticos de toda caste agora- un lugar tan fermoso como Cando. Intentárono co asunto do "Evento de Cando" pero apenas saíu nos programas de misterio e ufoloxía e pouco máis. Agardamos que este 2010 sexa o comezo dunha nova xeira (que rima con leira e tarteira) para Cando.
E xa propoñemos que, nesta interesantísima campaña de promoción inconsciente de pequenos anacos da nosa terra, lle adiquen o 2011 a Tal, en Muros, que tamén se presta moito a calquera eslogan. O seu máximo valedor no seu día foi o finado Jesús Gil y Gil, con aquela expresión súa tan castiza: Y Tal y Tal. Seguro que se coñecera a praia de Cabanas deixaría Marbella.
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario