19.12.09

Non o merecemos

Ribeira non se merece esto:


Non se merece que fagan exposición urbana algunha, aconteceu no verán cos homes de cal, acontece agora cas reproduccións das persoaxes dos cómics, e acontece cada fin de semana cos contenedores volcados, xardiñeiras arrincadas, e pintadas nas paredes dos vecinos.

Por culpa duns poucos pagámola todos, eses "poucos" non só son os que arrincan as cabezas, hai máis:
- Pais que arrian ós fillos sen preocuparse do que fan cando non están baixo a supervisión familiar.
- Veciños que fan a vista gorda ante calqueira escandalera (para non ter problemas no momento, ainda que os problemas veñen despois).
- Autoridades que non lexislan como se debe ante este tipo de actos vandálicos (cántos rematan pagando os desperfectos?)
- Falta de presencia policial para que os que fan dano sepan que un fin de senama cando lle arrincan a cabeza a Asterix poden sair zafos, pero que ó fin de semana seguinte cando van a facer o mesmo a Lucky Luke pódennos pillar.

Queda políticamente incorrecto decir que 'o temos merecido', pero non que 'o temos traballado' porque tantos anos de indiferencia traen estas consecuencias.

Ainda pode ser peor. Non tardará moito en que empecen as lerias nas rúas e as coiteladas nas prazas como acontece no veciño Boiro cada pouco. Tempo ó tempo.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

1 comentario:

Paco do Martelo dijo...

Cada pobo ten o goberno que se merece. Dicir que hai vixilancia é dicir moito, é que simplemente non hai.

Onte estiven por Ribeira de madrugada e non vin a ningún policía da nacional, nin da local de ruta. Cando pasei polo carón desta emblemática figura do cómic as 5:40, aínda conservaba a cabeza, non así a cabicha que xa lle arrincaran polo visto fai uns días.

Antes xa vira tamén preto da zona da movida xardineiras baleiras e unha planta no chan nunha callexón, e algo que non acontecía cando estiven emigrado por Europa, a xente bebendo na rúa e non falo de botellón. Nos países que falo, o mesmo persoal do local che impide a saída a rúa con ela, ou a rematas ou saes sen o vaso. Por certo, tamén teñen limitado o aforo...

É sabido que o delincuente recunca ao lugar dos feitos, polo que era previsible que cun pouco de vixilancia algún caera. O único que van conseguir esta xente con isto, é que retiren as figuras, porque dubido que haxa máis vixilancia.

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical