27.1.11

Porto do Son: "Móllate polos humedais" visita as lagoas de Muro e Xuño o mércores 2 de febreiro para eliminar especies invasoras


Lagoa de Xuño en Porto do Son

Porto do Son, 27 de xaneiro de 2011. Como acto de celebración do Día Mundial dos Humidais, e no Ano Europeo do Voluntariado, Proxecto Ríos-ADEGA organiza o vindeiro mércores 2 de febreiro unha xornada de eliminación de flora exótica invasora na contorna das lagoas de Xuño e Muro.

A uña de gato é unha das especies a combater por estes ecoloxistas

Participas?

09.00 Saída dende Santiago de Compostela

10.00 Parada en Porto do Son

10.30 Chegada: presentación da actividade

10.30 Roteiro polas lagoas

12.00 Comezo dos traballos de eliminación

14.00 Xantar

15.30 Continuación dos traballos

17.00 Remate dos traballos e foto de grupo

17.30 Regreso

As persoas participantes contarán con transporte (bus), xantar gratuito e seguro de responsabilidade civil

Información e inscricións:

Proxecto Ríos – ADEGA

Vía

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: alumnos de danza contemporánea das escolas municipais de Porto do Son e Ribeira, este domingo 30 no Festival de Inverno

Ribeira, 27 de xaneiro de 2011. Este domingo, día 30 de xaneiro, a partir das 20 horas, o Auditorio Municipal vai ser escenario dun Festival de Inverno de Danza Contemporánea organizado pola Concellería de Cultura e Festexos do Concello de Ribeira, en colaboración coa Escola Municipal Anduriña de Porto do Son. Para falar dos detalles desta actividade estiveron hoxe o edil Luciano Fernández e o profesor da Escola Municipal de Danza Contemporánea ribeirense, Vicente Colomer. 

No festival participarán alumnos da devandita Escola Municipal de Danza Contemporánea ribeirense e estudantes da Escola Municipal Anduriña de Porto do Son. Segundo Vicente Colomer, propíciase así a posibilidade de que convivan e se coñezan os alumnos dun e doutro centro, ademais de permitirlles un achegamento máis directo ás táboas, de tal xeito que non haxa que esperar a rematar o curso para comprobar o traballo desenvolvido ao longo de todo o ano. 

Todas as coreografías son orixinais das escolas e están asinadas por Vicente Colomer e pola Nova Galega de Danza, grupo do que é cofundador. Será un repertorio onde se amose un estilo de danza tradicional pasado polo tamiz da danza contemporánea. 

Luciano Fernández fixo fincapé no excelente labor que están a despregar as dúas Escolas Municipais de Danza existentes en Ribeira (a de Danza Contemporánea e a da de Danza Clásica, que contan en conxunto con máis de 100 alumnos)  para divulgar esta disciplina artística entre a sociedade do municipio. 

A entrada será gratuíta e libre ata cubrir aforo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Ámbar celebra este venres 28 o Día Mundial da Paz con textos sobre pombas de papel


Ribeira, 27 de xaneiro de 2011. Co fin de conmemorar o Día Mundial da Paz, mañá, venres 28 de xaneiro, a Asociación AMBAR ten organizada unha saída ata a praza do Concello de Ribeira onde se dará lectura a diversos lemas relativos á Paz e non violencia escritos en pombas de papel elaboradas no taller de artes plásticas do Centro Ocupacional. Posteriormente ao acto, colocaranse no xardín da praza.


Esta actividade pacífica terá lugar ás 12:40h. na Praza do Concello e estarán presentes Esther Patiño, Concelleira de Servicios Socias do Concello de Ribeira e Milagros Rey, presidenta da Asociación. En caso de choiva, a actividade realizarase no Centro de Recursos en Frións.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Colexio Provincial de Avogados organiza este venres 28 un ciclo de charlas


Flickr de procsilas

Ribeira, 27 de xaneiro de 2011. O Auditorio Municipal de Ribeira vai dar cabida mañá venres a un ciclo de conferencias organizadas polo Colexio Provincial de Avogados de A Coruña, que están dirixidas a estudantes e profesionais do Dereito. 

Antes de iniciarse as charlas ás 11 horas, terá lugar un breve acto de apertura no que participarán o alcalde, José Luis Torres Colomer; o decano do Colexio, Antonio Platas Tasende; e a presidenta da delegación local do Colexio,  Mª Fernanda Álvarez . 

Programación do ciclo: 

                - 11,00/12,00 horas: Julio Tasende Calvo (Maxistrado Audiencia Provincial de A Coruña): 

                Título: “Problemas prácticos do recurso de apelación civil” 

            - 12,00/12,30 horas: coloquio 

                - 12,30/13,30 horas: Patricia Faraldo Cabana (Catedrática Dereito Penal Universidade de A Coruña): 

                Título: “As reformas introducidas por Ley Orgánica 5/2010 nos delitos contra o patrimonio e a orde socioeconómica”. 

          - 13,30/14,00 horas: coloquio 

          -17,00/18,00 horas: Juan Luis Pía Iglesias (Maxistrado Audiencia Provincial de A Coruña): 

        Título: “ Violencia de xénero na encrucillada” 

          - 18,00/18,30 horas: coloquio

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: I Trofeo de Baile Deportivo o vindeiro domingo 6 de febreiro

Download now or preview on posterous
Baile_A_POBRA_2011.pdf (180 KB)

A Pobra do Caramiñal, 27 de xaneiro de 2011. O vindeiro domingo 6 de febreiro terá lugar o I Trofeo "A Pobra do Caramiñal" de Baile Deportivo. Será de tres da tarde a nove da noite no pavillón municipal Venecia. Organiza a escola de baile "Pasos"

É unha competición puntuable no ránking da Asociación Española de Baile Deportivo, e haberá todas as categorías de baile standard e latino. Tamén compiten categorías de iniciación H, G e nenos. Cinco xuíces dirimirán quen son os mellores bailaríns.: Eva Angües, Victor Buenavida, Maximino García, Francis Sanahuja e Luis Gonzaga.

Inscribirse custa 25 euros e ás parellas chegadas do veciño país de Portugal permíteselles o pago no pavillón.

MÁS INFORMACIÓN E INSCRIPCIÓN:

http://www.bailegalicia.net/

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Xadrez: importante victoria do Distribunosa Xadrez Rianxo na primeira división galega

Rianxo, 27 de xaneiro de 2011. Dentro da Primeira División, no grupo B, o Distribunosa Xadrez Rianxo obtivo unha importante victoria fronte ao Santa María de Caranza. O ribeirense Sergio Arevalillo (na imaxe, o da esquerda) gañoulle a Rubén Braña; Miguel Ferrol perdeu con Miguel Brozos; Daniel Martínez quedou 0.5 a 05 con Javier Cinza e Alberto Hevia gañoulle a Rubén Domínguez. Na vindeira xornada o equipo rianxeiro viaxa a Pontevedra para competir co Kárpov Amateur, en partidas que terán lugar o sábado 29 de xaneiro.

Derrota en Terceira División (Grupo C)

Pola súa banda, o equipo xadrecístico de Rianxo perdeu cos xogadores do Liceo Pueblense. Os resultados foron:
Pablo Abalo 1-0 Néstor Martinez
Ricardo Outeiral 1-0 Xurxo Barcala
Jaime Miguez 1-0 Méndez Rial
Diego Creo 1-0 Méndez Somoza

Na vindeira xornada reciben en Rianxo aos boirenses do “Hostal Miramar”.
.
USC COMPOSTELA Vs ESCOLA XADREZ RIANXO

Fernando Garcia 1-0 Mª José Romero
Victor Garcia 1-0 Marco Bravo
Luciano Mendez1-0 David Hermo
Pablo Roibas 1-0 Manuel Castaño

O 29 de xaneiro o “Escola Xadrez Rianxo” recibe aos boirenses “Pousada Das Ánimas”.

Encontros celebrados na 3ª xornada da Liga Galega de Xadrez (22/01/11)

Resultados:
Distribunosa-Xadrez Rianxo (2.5 ptos) Vs Santa Mª de Caranza “B”(1.5 ptos)
1ª división (Grupo b)
Liceo Pueblense (4 ptos) Vs Distribunosa B- Xadrez Rianxo (0 ptos)

3ª división (grupo c)
Usc Compostela (4 ptos) Vs Escola Xadrez Rianxo (0 ptos)
3ª división (grupo c)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: este sábado 29 de xaneiro, "Os vellos non deben de namorarse", dentro dos actos do 125 aniversario de Castelao

</object><br /><b><a href="http://www.dailymotion.com/video/xef0r1_trailer-airinos_creation">TRAILER AIRI&Ntilde;OS</a></b><br /><i>Cargado por <a href="http://www.dailymotion.com/antonxxxl">antonxxxl</a>. - <a target="_self" href="http://www.dailymotion.com/es/channel/creation">Videos web independientes.</a></i>

Rianxo, 27 de xaneiro de 2011. O grupo de ‘’Teatro Airiños’’ de Asados representou por primeira vez ‘’Os Vellos non Deben de Namorarse’’ de Castelao en 1983 e volveuse a representar outra vez en1986 para conmemorar o 100 aniversario do nacemento de Castelao. O ano pasado volveuse preparar a mesma obra baixo a dirección de Xesús Santos e representouse por varios escenarios de Galicia.

Nesta ocasión, este sábado 29 de xaneiro (oito da tarde, auditorio), voltan traballar actores que xa o fixeran no ano 1983 e outros actores que se incorporaron recentemente como poden ser Ramón Romero, Lucía Casal e Marcos Iglesias, que seguen coa tradicción de actuar no teatro xa que os seus avós e bisavós xa o fixeran noutras ocasións.

A representación do próximo sábado de ‘’Os vellos non deben de namorarse’’ forma parte dos actos organizados polo Concello de Rianxo e a ‘Fundación Castelao, no 125 aniversario do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. No transcurso do acto o concello de Rianxo faralle outra homenaxe ao ’Grupo de Teatro "Airiños’’ pola súa traxectoria artística ao longo destes 78 anos de carreira.

http://teatroasados.blogspot.com/

(Texto de Marcos Iglesias Santos (1ºC) na revista Bico da Ría, do Instituto "Félix Muriel")

Nota do Concello:

ACTOS CASTELAO 2011 - 125 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO (1886-2011)

O Concello de Rianxo, como todos os anos, vai desenvolver o programa Actos
Castelao 2011 no que se conmemora o nacemento do ilustre rianxeiro. Ademais este
ano coincidindo que xa van alá 125 anos dende que naceu, vanse realizar ó longo de
todo o ano diferentes propostas culturais arredor da figura de Alfonso Daniel Rodríguez
Castelao.
Esta fin de semana desenvolverase a seguinte programación:
REPRESENTACIÓN TEATRAL: Os vellos non deben de namorarse a cargo do
Grupo de Teatro Airiños do CC Simón Varela de Asados
Día: sábado, 29 de decembro
Hora: 20.00 h
Lugar: Auditorio de Rianxo
Neste ano prodúcese o 70 aniversario da estrea de “Os vellos non deben de
namorarse” en Bos Aires pola “Compañía Gallega de Comedias de Maruxa Villanueva”,
así que para recordar a obra de Castelao farase unha representación por parte do
Grupo de Teatro Airiños baixo a dirección de Xesús Santos (ver ficha técnica e cartel
en documento anexo)
Ao inicio da representación teatral o grupo Airiños será obxecto dunha homenaxe por
parte do Concello, pola súa traxectoria cultural. Xa que van alá 78 anos dende a súa
formación e tamén 25 anos dende que o grupo estreara por primeira vez a obra “Os
vellos non deben de namorarse”.
Pódense retirar as entradas (máximo 2 por persoa) unha hora antes de que comece a
representación

HOMENAXE A CASTELAO E OFRENDA FLORAL O DOMINGO 30

Día: domingo, 30 de xaneiro
Hora: 13.00 h
Lugar: Paseo da Ribeira diante do busto de Castelao
A Fundación Castelao e o Concello de Rianxo para conmemorar o 125 aniversario do
nacemento de Castelao realizarán unha ofrenda floral diante do busto do ilustre
rianxeiro.


Download now or preview on posterous
folleto web.pdf (508 KB)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical