A Pobra do Caramiñal, 27 de xaneiro de 2011. O vindeiro domingo 6 de febreiro terá lugar o I Trofeo "A Pobra do Caramiñal" de Baile Deportivo. Será de tres da tarde a nove da noite no pavillón municipal Venecia. Organiza a escola de baile "Pasos" É unha competición puntuable no ránking da Asociación Española de Baile Deportivo, e haberá todas as categorías de baile standard e latino. Tamén compiten categorías de iniciación H, G e nenos. Cinco xuíces dirimirán quen son os mellores bailaríns.: Eva Angües, Victor Buenavida, Maximino García, Francis Sanahuja e Luis Gonzaga. Inscribirse custa 25 euros e ás parellas chegadas do veciño país de Portugal permíteselles o pago no pavillón.
MÁS INFORMACIÓN E INSCRIPCIÓN:http://www.bailegalicia.net/
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario