31.7.09

Temos pinta de estar bos, a que si?


Nunca deixamos de sorprendernos coa Rede e cos nomes. Estarán boas estas marmeladas? Agardamos que si! Se imos a Inglaterra axiña buscarémolas!

Ferramulín, na reserva do Courel


Ferramulín
Cargado originalmente por Mighty Marta

Os montes que cantou Novoneira, as lombas que paseou a noiesa María Mariño... un paraíso ao que sempre hai que voltar!

Visto e non visto

Coidadiño, que os cabalos da Barbanza non son calquera cousa... hai un montón de sitios con topónimos que se refiren a que esta terra sempre foi de cabalos bravos!

A ORQUESTA PANORAMA NAS FESTAS DE RIVEIRA

Ata o último recuncho da última aldea quere ter esta orquestra nas súas festas... por que será?

28.7.09

O certame de 2009 é este sábado 1 de agosto

A ver se medra en espectacularidade... vaia profesionais!

Espectáculo para crise ou vacas gordas


Solpor na Ría de Muros
Cargado originalmente por raullagof

Só fai falla estar á hora axeitada e ter sorte de que non haxa nubes. Sitio? Aquí, Ría de Muros e Noia. Segundo o noso sistema, calquera lugar que dea ao oeste.

Unha estupenda imaxe


Muelle de Escarabote de Noche
Cargado originalmente por xurx0

Dun pequeno peirao...

27.7.09

Matrimoniadas en Ribeira

Mobles para divorciadas

A imaxinación ao poder! Ás veces, o que fai trunfar non é o barato nin o bo (axudan moito, claro) senón o práctico e o creativo.

Curro das Canizadas

Unha tradición espectacular da relación entre o home e o cabalo... outro bo traballo de Paco do Martelo!

26.7.09

Pouco durou a alegría na casa do pobre...


Os dorneiros puxéronlle unha pañoleta da Festa da Dorna coa intención de protexer cada unha das estatuas de cal de Gonzalo Sarasqueta.

























Pero non surtiu efecto... A mala educación, os túzaros, non se decatan destes detalles.

Que aproveite, rapaz!


Comer un bó bocata é fundamental
Cargado originalmente por xornalcerto

Non oh, non pasamos!


Pescadillas con Ladillas
Cargado originalmente por xornalcerto

25.7.09

A vida é un carnaval


Enmascarada
Cargado originalmente por Jose M Turnes

Ou unha feira medieval...

Aguiño: 100 anos de historia en fotos


fotos carteles sagres
Cargado originalmente por asociacionsagres

Carga policial en Santiago o 24 de Xullo

Como dixeron en Chuza: gora San Fermín!

24.7.09

E as gaivotas, aterradas non?

Aterrorizadas sería o verbo... aterradas non estaban, que ben que voaban!

No Son

Obama, de merenda


P071109PS-0794
Cargado originalmente por The Official White House Photostream

Ou de baño de multitudes?

23.7.09

Excursión a Arousa-Norte

Para comezar, non está mal...

IX Encontros de Embarcacións Tradicionais en Muros

Dornas, dorniñas, balandros... que chulo!

A alguén lle interesa?

Non chegamos por un atasco...

Que chegaba de Noia a..... BOA!!!!



Velaí a proba:

Solpor en Noia

Un espectáculo gratuito ao que apenas lle facemos caso...

Ou sexa: saír da casa e facer algo de exercicio

Tanto anglicanismo aínda vai rematar con nós (polo menos coa nosa paciencia). Outdoor... training.. nin que non fora ir ao monte de toda a vida e move-las pernas!

Ai, que mal o pasa esta xentiña!

22.7.09

Que protesten elas!

21.7.09

Festa da Pataca Roxa

Unha festa só para un Granxeiro último modelo, como Paco do Martelo (e o ripio non o queríamos sacar)

Pequena historia de decadencia


Abandonos - Antiga tenda de María, a Recha (Caldas de Reis)
Cargado originalmente por Luscofusco_Gz

Abandonos galegos


Muíño abandonado
Cargado originalmente por fotosderianxo

Debemos ser ricos, para ter tanto patrimonio así...

Arte rápida


Pintura de dedos
Cargado originalmente por Shawnito

O breve, se bo... ??

Cansión de Tasca 2009

O que teña oídos...

20.7.09

Navegando por Muros e Noia n'A Moura

Unha excelente reportaxe de A Nosa Terra TV

VOLTA O BARBANZA 2009

Van coma foguetes!

Mimo


Mimo
Cargado originalmente por Jose M Turnes

E nós tamén, con moito mimo, subimos fotos da Feira Medieval... no momento de escribir isto íamos pola 70...

http://www.flickr.com/photos/certo/sets/72157621261612383/

18.7.09

Xaquin Ocasion S.L. en Dodro

Xaquin Ocasion S.L.

Fogos do Carme en Picasa, por Marañas

Todas, aquí:

17.7.09

Da gloria vela...

e comela ten que ser o paraíso...

Unha aureola un pouco kitsch

A aureola lémbranos a eses negriños que venden agora gafas que aluman pola rúa...
Pero esta é unha Virxe do Carme feita e dereita! Diso non hai dúbida!

A xente pasouno ben en todas as épocas


we331
Cargado originalmente por presquilien

Esta foto ten máis de 100 anos... e segue de actualidade!

Turismo de Tapas en Arousa-Norte

Innovadora en Barbanza... en Xapón están fartos de velo.

Parabéns pola iniciativa

Baroña: para mirar e pasear


Miradas en Baroña
Cargado originalmente por Jose M Turnes

15.7.09

Un paseíño pola Gurita

Unha proposta moi interesante de Xanma

Saúda ou chama por nós?


Serea
Cargado originalmente por jl.cernadas

As sereas sempre chaman por un. Esta saíulle un pouco culona de máis ao escultor, que diría o falecido, que non esquecido, Umbral

14.7.09

Un timelapse abraiante en Galicia!

Alfombras florales Ares 2009 from timelapses.tv on Vimeo.

Que non se diga!

Logo da queixa da lectora que comentabamos aquí, aí vai unha foto en homenaxe/desagravio...

13.7.09

Memoria dos Oficios de Boiro (así se fixo)

As dornas do traballo



Cargado originalmente por Josebarbanza

Que dan nome a unha festa que medra cada ano... non vos esquezades, esta semana!

IV BANDERA CONCELLO DE POBRA DO CARAMIÑAL.

cedido por J.A.V.C. a DesdePobra.com

11.7.09

2ª jornada Trofeo Caixa Galicia Laser Riveira Mediano

Pues eso

10.7.09

Tempo de ameixas


ameixas ciruelas (1)
Cargado originalmente por xornalcerto

Aínda se lle van roubar as ameixas ao pomar do cura?

Temos que investigar!

Impresionante


Ézaro 2
Cargado originalmente por www.PCharlon.es 

E con esta magnífica foto que acabamos de ollar no Flickr, que teñan boa fin de semana...

Queixa dunha lectora

Unha lectora, indignada co noso blog, escribiu:

"Nin que só houberas rapazas lendo este blog! A que vén que só poñades fotos de mulleres no da movida de Ribeira? E ló non hai homes juapos na nosa bisbarra? Eu pensaba que en Certo se respectaba a paridade, pero vexo que non. Estades a decepcionarme"

Amiga indignada: sentímolo. Poñemos o que podemos: ao mellor tes razón -en parte-. E nós dicimos: non será que a maioría dos foteiros son tamén homes? e que as mulleres que fan fotos non as toman precisamente de rapaces guapos?

Bonito debate para o verán. E para quentar o inverno tamén.
Outra foto para a discordia. Fonte: Bar Plaza

Será Certo?


TOÑITO
DE POI, máximo favorito para gañar o A polo Ghit 09
co RAP DA BESTA

VOTEMOS TODO RIVEIRA




Juancho Armental en pleno esforzo


Cómpre respirar
Cargado originalmente por xornalcerto

http://certo.es/index.php?page=videopobra

9.7.09

Quen non se sentiu así algunha vez?


gato branco ollos azuis figuras vermellas balcón
Cargado originalmente por xornalcerto

Coma un gato doente a punto de saltar do balcón?

8.7.09

En Baroña tamén cocen ondas


Surfing
Cargado originalmente por Jose M Turnes

Non todo van ser sereas espidas, castros baleiros e rochas para agocharse miróns!

Fervenza de Lousame


Fervenza
Cargado originalmente por raullagof

Ou de Toxosoutos... claro

Cartel Mar de Fondo 2009 Noia


Cartel Mar de Fondo 2009 Noia
Cargado originalmente por xornalcerto

Por se aínda non estades enterados: o 14 e 15 de agosto, o mellor festival de música de Galicia está na bisbarra de Noia

Euge Boiro

Chámase o cabalo Boiro? Euge vén de Eugenia, Uxía en galego? A ver se atopamos respostas... Non entendemos moito de hípica, pero a amazona faino moi ben, cremos.

6.7.09

Moeche: visite un castelo ben bonito


Ignoramos se xa está restaurado. Se aínda non (cando nós fomos estaba en obras de reforma), da igual. A paisaxe que o rodea paga a pena. E hai un bariño ao pé que ten moi bo ambiente...

Fe no arnés

Sen ela, sería unha tolería tirarse.... ou é unha tolería igual?

Por se non o fixeramos...


parte de todos
Cargado originalmente por lbarreiro2000

Noraboa aos coruñeses e a todos nós por este nomeamento como Patrimonio da Humanidade. Un día falaremos de Hércules, Heracles, e as súas longas relacións con Galicia.

4.7.09

4 de julio


Fourth of July Fireworks Stand circa 1900
Cargado originalmente por stevechasmar

De 1900. Choveu. E fixo de todo... nós aínda o contamos, pero as da foto imaxinamos que nin de broma!

Feira Rural en Dodro

Outro estupendo traballo de Paco do Martelo, o comuneiro que máis sacha no monte de YouTube en Barbanza

3.7.09

Mosteiro de Caaveiro: teñen que ir



Agora está restauradiño e cremos que xa abriu o centro de recepción de visitantes. Vaian. Agradecerán o consello. As Fragas do Eume e esta paraxe son espectaculares...

2.7.09

Alfarería supersticiosa


Feira de Artesanía de Ribeira
Cargado originalmente por xornalcerto

As tellas pintadas contra o trono ou o raio... A meiga axeonllada e con risa pícara... A cada paso que damos, os galegos tropezamos coas nosas teimas, herdadas de tantos séculos de converxencia de crencias e culturas.

Galicia, terra promisoria de supersticións

Os vellos cultos sempre volven. O culto á auga vén de tempo inmemorial. Non fai falla que nolo traia un gurú norteamericano. Pero se o fai, benvido sexa nesta terra de pedras embruxadas, meigas irredentas, Santa Compaña pantasmal e demais contiños cos que nos animamos os medrosos mortais. E os galegos, os da terra dos mortos, máis.

Unha técnica hindú no Indostán español (Galicia)

Practicarían esta arte milenaria os que traballaban e debuxaban as nosas míticas pedras?

1.7.09

Serra da Capelada, en Cedeira


Están os cantís máis altos desta parte de Europa. Vistas impresionantes. Ao lado de San Andrés de TEixido.



Poderá ver gando mostrenco (cabalos como o das fotos, pero tamén vacas) por moitos lados. Vaia de vagar co coche. Non se pode ter présa para ver estas marabillas...

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical