
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Este mércores día 30 de decembro tivo lugar a actuación “Maxia vs Ciencia” en Dodro. Unha científica, Rigoberta, vai dar unha conferencia sobre ciencia pero o mago, Pablo, perséguea e contrapón os seus trucos de maxia aos experimentos científicos dela.
A maioría do público asistente eran nenos que puideron gozar con experimentos científicos e as súas explicacións, ao tempo que vían trucos de maxia que, cunha metodoloxía completamente distinta, conseguían acadar un efecto moi semellante.
Representouse no Salón de Actos da Paxareira, ante unhas trinta e cinco persoas, que disfrutaron coa posta en escea e mesmo participaron activamente.
Esta función foi a penúltima do programa “Nadal Activo 2009” do que só resta unha obra de teatro de Darío Fo: “Os mortos factúranse e as mulleres íspense” que se representa o mesmo día 30 ás 20 h.
A traca final do Nadal é o día 5 de xaneiro, coa segunda edición da Cabalgata de Reis en Dodro.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
O sábado 2 de xaneiro actúa o "Curva á Eskerda", un grupo de Porto do Son. Na sala Ardora (ao pé da praia de Fonforrón), ás 24h.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
O vindeiro martes, 5 de xaneiro, as Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente visitarán, como cada ano, ós nenos e nenas de Rianxo. Haberá Cabalgata de Reis e Belén Vivinte. Este ano ademais, os paxes das SSMM os Reis Magos pasarán polas distintas parroquias a recoller as cartar de todos os nenos e nenas e a repartir caramelos.
As SSMM os Reis Magos sairán ás 18:00 horas do Ceip Castelao, seguirán por Rianxiño e Rinlo ata a Praza Castelao, onde ás 18:30 horas serán recibidos no Concello e realizarán a ofrenda ó Belén Vivinte. A continuación seguirán co seu desfile polas rúas da Vila e visitarán a Igrexa Parroquial, onde repartirán caramelos, sobre as 19:30 horas.
Este ano ademais os paxes das SSMM os Reis Magos pasarán polas distintas parroquias a recoller as cartas de todos os nenos/as de Rianxo e repartir caramelos. Acudirán ao remate das misas dos días 1 e 3 de xaneiro nestes horarios:
Venres 1 de Xaneiro:
Domingo 3 de Xaneiro:
En caso de choiva, a recepción trasládase á Igrexa Parroquial.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
O vindeiro domingo, día 3 de Xaneiro de 2010, actuará no polideportivo de Porto do Son o Grupo de Rock "U-Tres", a partires das 19:00. Haberá diversas actuacións artísticas diferentes, ademais desta musical.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia