Este mércores día 30 de decembro tivo lugar a actuación “Maxia vs Ciencia” en Dodro. Unha científica, Rigoberta, vai dar unha conferencia sobre ciencia pero o mago, Pablo, perséguea e contrapón os seus trucos de maxia aos experimentos científicos dela.
A maioría do público asistente eran nenos que puideron gozar con experimentos científicos e as súas explicacións, ao tempo que vían trucos de maxia que, cunha metodoloxía completamente distinta, conseguían acadar un efecto moi semellante.
Representouse no Salón de Actos da Paxareira, ante unhas trinta e cinco persoas, que disfrutaron coa posta en escea e mesmo participaron activamente.
Esta función foi a penúltima do programa “Nadal Activo 2009” do que só resta unha obra de teatro de Darío Fo: “Os mortos factúranse e as mulleres íspense” que se representa o mesmo día 30 ás 20 h.
A traca final do Nadal é o día 5 de xaneiro, coa segunda edición da Cabalgata de Reis en Dodro.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario