12.2.10

Boiro: programación cultural de primavera e novidades da biblioteca municipal

Boiro: o luns 15 de febreiro Cruz Vermella celebra o Antroido para maiores

Faranji: no capítulo doce, etíopes parecidos aos galegos

E que se fan fotos de voda en lugares parecidos aos nosos (cada vez vense máis noivos preto de antas) e tamén xogan ao futbolín, que inventou Alexandre de Fisterra. A viaxe de Xurxo Ayán sempre depara sorpresas e comparanzas orixinais:
http://certo.es/index.php?page=gurange_coma_ti

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: están a arranxar o Pazo dos Calotes do Araño

Boiro: manifestáronse na oficina do Inem para protestar polas reformas anunciadas nas pensións

Cinema: tres boirenses entres @s "Galeg@s Universais" de Lukas Santiago

María Miranda García, María de las Nieves García Cid e Manuel López Souto son tres boirenses que foron entrevistados no contexto do proxecto arqueolóxico dos castros de Neixón nos anos 2006 e 2007 e que agora Lukas Santiago presenta, xunto a outros galegos, no seu novo documental: "Galeg@s Universais. Historias do mar". A estrea será o día 20 de febreiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal de Pontevedra. Un acto organizado pola Asociación Pola Defensa da Ría, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra.
Un documental que agardamos proxecten tamén en Boiro e Barbanza, e non lle fagan boicot do mesmo xeito que llo están a facer á primeira longametraxe documental da Arqueoloxía galega, de Lukas Santiago, "O'Neixón: historia viva dun castro". Que esta peza sexa vista antes no estranxeiro que onde se rodou debería avergoñar a algún que manexa cartos públicos, pero cando non hai vergoña, ou non se gasta a pouca que se ten, nada hai que facer...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: o Bng leva a Madrid o arranxos dos cantís esbarrigados de Tanxil e Tronco


Madrid, 12 febreiro 2010 .- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, presenta unha iniciativa na que lle reclama á Dirección Xeral de Costas que arranxe o paseo marítimo entre Rianxo e as praias de Tanxil e Tronco.

 

    Francisco Jorquera asegura que a senda “está moi deteriorada, sen varandas de seguridade, e despois dos temporais deste inverno hai árbores caídas e esborrallouse terra dos cantís”.


 

    Neste sentido, o deputado do BNG considera necesaria unha actuación de Costas para restaurar esta senda peonil “e garantir así a seguridade tanto para os veciños e veciñas de Rianxo como para os visitantes que acoden a este concello”.

 


Destino da partida de 700.000 euros consignada nos Orzamentos de 2008

 

    Por outra parte, Francisco Jorquera esíxelle ao Goberno Central que aclare o destino da partida de 700.000 euros que se recollía nos Orzamentos Xerais do Estado de 2008 para acondicionar os cantís de Tanxil así como a praia de Tronco.

 

    Jorquera lembra que “esta partida foi negociada polo BNG no Congreso dos Deputados e aparecía consignada nos orzamentos do Goberno, tal e como reflicte o BOE do 27 de decembro de 2007, polo que pensamos que resulta inxustificábel que non se tivera executado”.



Relacionada: o Bng acusa de mentireiro a Piñeiro por negar o publicado no BOE

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: cuarta inundación no mesmo sitio da avenida de Barraña

Boiro, 12 de febreiro de 2010. Onte sobre as 22:00 horas voltou romper unha cañería na avenida de Barraña, e van xa catro veces no mesmo sitio.

Rebentou a estrada e inundouse o garaxe de sempre. A policía local chegou 30 minutos despois da primeira chamada e os de Proteción Civil, logo de 45 minutos. Excavadoras, taladros e bombas de achique funcionando até altas horas da madrugada para restablecer o servizo e cortar a fuga. En fin o parte de sempre.

Unha información con fotos de Juan Negro, lector de Certo

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Espeleoloxía: nas galerías subterráneas das minas do Barbanza


A primeira parte:

Os rapaces de Axena (Asociación Xuvenil para o Estudo da Natureza, fundada en A Pobra do Caramiñal) introdúcense nunha mina de wolfram e de estaño da zona. Por cuestións de conservación e de seguridade non poñen as localizacións. Barbanza foi unha importante rexión mineira, onde se formaron neste eido moitos dos integrantes de Axena. Hai, entre outras, minas en Lampón (Boiro), Moimenta (Boiro), Montañó (Boiro-Pobra), no Camiño Ancho (Pobra) e por suposto as de San Finx (Lousame). Todas elas agochan un interesantísimo patrimonio cultural, relacionado con presos políticos da guerra civil, espionaxe e contraespionaxe na II Guerra Mundial e a febre do wolfram que sacudeu boa parte de Galicia na época da loita contra os nazis.

Axena xa fixera unha grande incursión na espeleoloxía barbanzana ao rodar en 2007 "As Catedrais do Silencio", que se pode ver en http://video.google.com/videoplay?docid=-7147104294760393293&hl=es#

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical