Madrid, 12 febreiro 2010 .- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, presenta unha iniciativa na que lle reclama á Dirección Xeral de Costas que arranxe o paseo marítimo entre Rianxo e as praias de Tanxil e Tronco.
Francisco Jorquera asegura que a senda “está moi deteriorada, sen varandas de seguridade, e despois dos temporais deste inverno hai árbores caídas e esborrallouse terra dos cantís”.
Neste sentido, o deputado do BNG considera necesaria unha actuación de Costas para restaurar esta senda peonil “e garantir así a seguridade tanto para os veciños e veciñas de Rianxo como para os visitantes que acoden a este concello”.
Destino da partida de 700.000 euros consignada nos Orzamentos de 2008
Por outra parte, Francisco Jorquera esíxelle ao Goberno Central que aclare o destino da partida de 700.000 euros que se recollía nos Orzamentos Xerais do Estado de 2008 para acondicionar os cantís de Tanxil así como a praia de Tronco.
Jorquera lembra que “esta partida foi negociada polo BNG no Congreso dos Deputados e aparecía consignada nos orzamentos do Goberno, tal e como reflicte o BOE do 27 de decembro de 2007, polo que pensamos que resulta inxustificábel que non se tivera executado”.
Relacionada: o Bng acusa de mentireiro a Piñeiro por negar o publicado no BOE
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario