12.2.10

Cinema: tres boirenses entres @s "Galeg@s Universais" de Lukas Santiago

María Miranda García, María de las Nieves García Cid e Manuel López Souto son tres boirenses que foron entrevistados no contexto do proxecto arqueolóxico dos castros de Neixón nos anos 2006 e 2007 e que agora Lukas Santiago presenta, xunto a outros galegos, no seu novo documental: "Galeg@s Universais. Historias do mar". A estrea será o día 20 de febreiro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal de Pontevedra. Un acto organizado pola Asociación Pola Defensa da Ría, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra.
Un documental que agardamos proxecten tamén en Boiro e Barbanza, e non lle fagan boicot do mesmo xeito que llo están a facer á primeira longametraxe documental da Arqueoloxía galega, de Lukas Santiago, "O'Neixón: historia viva dun castro". Que esta peza sexa vista antes no estranxeiro que onde se rodou debería avergoñar a algún que manexa cartos públicos, pero cando non hai vergoña, ou non se gasta a pouca que se ten, nada hai que facer...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical