25.4.11
Noia-Muros: o Bng pregunta no Parlamento a situación xurídica das gaiolas de salmón da Ría
As mobilizacións contra as gaiolas continúan. O seguinte acto da Plataforma pola defensa da ría é unha charla o venres 29 de abril na casa da Cultura de Muros
Noia-Muros, 25 de abril de 2011. O portavoz de pesca do BNG, Bieito Lobeira rexistrou varias iniciativas relativas á situación “xurídica” das gaiolas de North West Food por consideraren que entre agosto de 2010 e xaneiro do 2011 existiu un baleiro legal de cinco meses ao non contar esta empresa coa prórroga pertinente.
Lobeira explica que, a Resolución que outorga a autorización temporal é do 6 de agosto de 2008 cunha vixencia de dous anos rematando no mes de agosto de 2010, sen constar, -asegura o nacionalista-. “ningún documento que acredite un acto administrativo” para a continuidade desta autorización experimental en agosto de 2010.
O parlamentario engade que, “curiosamente”, máis de cinco meses despois, a Consellaría do Mar (Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños), a través da Resolución do 24 de xaneiro de 2011, autoriza a prórroga desta autorización por un período dun ano.
Ante esta situación, o deputado do BNG quere saber cando finaliza realmente a prórroga e en que situación legal estiveron as gaiolas de North West Food S.L de agosto de 2010 a xaneiro do 2011.
Por outra banda, o deputado nacionalista preguntará se a instalación das gaiolas impactará de xeito “especial” na actividade pesqueira e marisqueira que tradicionalmente se desenvolve nesta ría.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro: o sábado 30 actúan "Os Menestreis" e venres e sábado son as festas do San Gabriel en Mieites
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: a restauración da Pedrachán, premiada en sexto lugar no V Galardón de Arquitectura Ascensores Enor
Máis imaxes da Pedrachán restaurada, aquí Noia, 25 de abril de 2011. A restauración dos muíños e área da Pedrachán, en Noia, non cesa de recibir premios e distincións. Como xa informaramos en decembro de 2010, este traballo deseñado polo estudo de arquitectura Salgado&Liñares, obtivo o I Premio "Manuel Gómez Román" de Arquitectura, e agora vén de ser recoñecido como finalista -no sexto lugar de 350 proxectos presentados- do V Premio de Arquitectura "Ascensores Enor", cuxo xurado estivo presidido desta volta polo prestixioso arquitecto César Portela. Este galardón, patrocinado pola coñecida marca de elevadores, premiou en edicións anteriores obras tan importantes como a do Metro de Oporto ou o Museo de Arte Contemporánea de León. As deliberacións do xurado déronse a coñecer este mes e os escollidos teñen de data límite para a entrega de documentación para o libro que se edita con todos os traballos escollidos ata este sábado 30 de abril. O libro do V Premio de Arquitectura Ascensores Enor imprimirase entre setembro e outubro e será presentado o 14 de novembro nun acto oficial no que se integrarán a entrega de premios e a exposición das obras finalistas no teatro-sala de concertos do centro cultural NovaCaixaGalicia de Vigo (antes Caixanova), onde estarán presentes todos os integrantes do xurado.
O traballo do xurado non foi nada doado: ao premio presentáronse 350 proxectos, dos que se cribaron ata quedar 94. Logo de dous días de deliberación, destes 94 -os cales conformarán a exposición desta V edición- tiveron que escoller aos 45 finalistas que optaban ao Gran Premio Ascensores Enor, e aos catro premios territoriais de Galicia, Portugal, Castilla León e Madrid e ao premio Arquitectura Joven que recoñece a mellor obra dun arquitecto menor de 40 anos de entre todas as presentadas ao certame.
César Portela presidiu o xurado, no que Carlos Quintáns fixo de secretario, Ángela García de Paredes, e tamén estiveron Moisés Puentes Rodríguez, Fernando Díaz-Pines Mateo, João Luis Carrilho da Graça e Víctor López Cotelo (gañador este último da edición anterior). A organización síntese satisfeita da composición deste xurado, do que destaca a súa independencia. Carlos Quintáns, o secretario, falou do "diálogo muy fluido entre todos los miembros, lo que permitió un debate necesario para abordar un volumen tan grande de candidaturas y en el que se puso de manifiesto las distintas sensibilidades y enfoques a la hora de valorar los proyectos.”
Dos 45 finalistas, 8 son proxectos escollidos entre os 76 presentados desde Galicia, seis son dos 42 procedentes de Madrid, seis igualmente son de entre os 32 que teñen orixe en Castilla-León, o mesmo número foron seleccionados dos 69 candidatos procedentes de Portugal, e 19 finalistas elexidos entre os 131 proxectos presentados do resto de España.
A dotación económica dos premios ascende a 30.000 euros e tanto gañadores como finalistas serán incluidos nun libro que xa se considera un clásico da literatura arquitectónica ibérica.
O Grupo Ascensores Enor, con sede en Vigo, iniciou aa convocatoria deste premio de arquitectura en 2005, coa intención de premiar e axudar a difundir a mellor arquitectura que se proxecta e executa na Península Ibérica. A solvencia dos xurados de cada edición foi un dos rasgos característicos dun certame no que existe un gran respecto polas decisións tomadas en cada edición, que logo se ve apoiado polos feitos, como por exemplo, que un gañador do Premio Ascensores Enor de arquitectura, Eduardo Soto Moura, fora quen de acadar o Premio Pritzker neste mesmo ano 2011.
Quere ver a Memoria desta restauración premiada?
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Dodro: o vindeiro venres 29, preséntase o segundo roteiro "Pensa Nao", que se realizará este sábado 30 de abril
Dodro, 25 de abril de 2011. O vindeiro 29 de abril terá lugar na Casa do Regadío, ás 21.00 h a presentación da actividade de sendeirismo, aberta a todo tipo de público, baseada no roteiro literario «Pensa Nao».
A saída farase ao día seguinte, día 30 de abril, a partir das 10.00 h. Ten unha duración aproximada de 4 horas e será conducida por unha guía coa que se percorrerán os lugares e ambientes novelados na obra de Anxo Angueira.
Os interesados poden apuntarse no Departamento de Cultura, preferentemente no teléfono 981 802472 (ou a través do correo electrónico cultura@concellodedodro.org).
O ano pasado, en Certo:
Primeiro roteiro "Pensa nao", imaxes e vídeo
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Sociedade: a protectora ribeirense "Moura" participou nun acto antitaurino en Padrón
Es difícil expresar nuestra indignación, pero no ya ante la actitud de un pequeño grupo que sabemos no representa al pueblo de Padrón, sino ante la organización y apoyo económico que se presta a un acto tan despiadado y sanguinario, por parte de aquellos que debieran velar por los intereses de un pueblo que no merece los políticos que lo gobiernan. Consideramos que cualquier persona que pueda apoyar estes actos crueles y bárbaros no sólo debería estar inhabilitado para gobernar un pueblo, sino incluso para desarrollar una vida en sociedad. Que lo haga una persona a nivel particular es algo triste y lamentable, que lo haga el regidor de un pueblo es mucho más grave. Me encanta citar a Schopenhauer porque fue un gran conocedor del alma humana. Fue el quién dijo que “la bondad con los animales está íntimamente unida con la bondad de carácter de tal manera que puede afirmarse con toda seguridad que quien es cruel con los animales no puede ser buena persona”. Creo que lo mínimo que se le debiera exigir a un alcalde es que sea buena persona. Lamentablemente es tan poco lo que le exigimos a los políticos que la inmensa mayoría de ellos carece de los más elementales principios. Esperamos que ahora que se acercan fechas electorales la gente piense y medite un poco más todo esto y que se dé cuenta que aquellos que no son buenas personas, aquellos que carecen de principios morales, difícilmente podrán ser buenos dirigentes".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Porto do Son: a Consellería de Cultura incoou aínda onte o expediente de declaración de Ben de Interese Cultural ao Castro de Baroña
A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, aprobou onte a resolución de incoación do expediente para a declaración BIC do Castro Baroña, en Porto do Son. Será publicada, aínda, nos próximos días no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado
O conselleiro de Cultura e Turismo asegura que a incoación do expediente é “un paso decisivo, xa que dende a súa publicación oficial vai garantir a máxima protección para o Castro de Baroña, un dos xacementos da cultura castrexa mellor conservados de Galicia”. A declaración BIC será efectiva antes de que remate o presente ano, asegura o conselleiro en plena precampaña electoral. “Somos conscientes da importancia patrimonial do Castro de Baroña e traballamos en consecuencia, na procura da mellor protección e conservación”, afirma o conselleiro. Roberto Varela lembra que a Xunta de Galicia intervirá nas seis zonas de impacto crítico, identificadas dentro do xacemento no ‘Levantamento topográfico, documentación e estado actual do Castro de Baroña’, promovido pola Consellería de Cultura e Turismo en 2010 despois de 14 anos sen actuacións arqueolóxicas nese ámbito
Porto do Son, 25 de abril de 2011.- A Consellería de Cultura e Turismo vén de aprobar, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, a resolución pola que se incoa expediente para a declaración de ben de interese cultural, coa categoría de monumento, en favor do Castro de Baroña, no termo municipal de Porto do Son, na provincia da Coruña. A resolución, que será publicada nos próximos días no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado, será comunicada ao Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural para a súa anotación preventiva, así como ao Concello de Porto do Son.
Logo de promesas dende hai varios anos (por non dicir décadas), veciños e arqueólogos consultados agardan que esta non sexa unha máis. A resolución determina a aplicación inmediata e provisional do réxime de protección previsto para os bens xa declarados na Lei 8/1995 de Patrimonio Cultural de Galicia e, en concreto, a suspensión das correspondentes licencias municipais de parcelación, edificación ou demolición nas zonas afectadas pola declaración, así como dos efectos das xa outorgadas. As obras que, por causa de forza maior, interese xeral ou urxencia, tivesen que realizarse con carácter inaprazable precisarán, en todo caso, de autorización dos organismos competentes da Consellería de Cultura e Turismo. Segundo o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, a incoación do expediente supón “un paso decisivo, xa que dende a súa publicación oficial vai garantir a máxima protección para o Castro de Baroña, un dos vestixios da cultura castrexa mellor conservados de Galicia”. A previsión da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural é que a declaración BIC sexa efectiva antes de que remate o presente ano.
“Somos conscientes da importancia patrimonial do Castro de Baroña e traballamos en consecuencia, na procura da mellor protección e conservación”, afirma o conselleiro. Neste sentido, Roberto Varela lembra que a Xunta de Galicia vai intervir en 2011 nas seis zonas puntuais de ‘impacto crítico’ identificadas dentro xacemento no ‘Levantamento topográfico, documentación e estado actual do Castro de Baroña’, promovido pola Consellería de Cultura e Turismo en 2010 despois de 14 anos sen actuacións arqueolóxicas nese ámbito. Trátase de actuacións en estruturas que non foron obxecto de consolidación nas campañas realizadas no castro nos anos 80 e 90 e na zona de entrada, sometido a un maior tránsito de persoas.
Tras a publicación da resolución, abrirase un período de información pública polo prazo dun mes, a fin de que cantos teñan interese poidan examinar o expediente e alegar o que estimen conveniente. A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural solicitou xa o seu informe valorativo sobre o expediente da declaración BIC do Castro de Baroña á Rel Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela, que se pronunciarán en calidade de órganos consultivos no prazo máximo de tres meses. Do mesmo xeito, a Comisión Territorial de Patrimonio Histórico Galego da Coruña emitirá o seu informe como órgano asesor. Segundo se especifica na resolución da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, a delimitación da zona afectada pola declaración é a seguinte:
A área do Monumento comprende o recinto castrexo e todas as súas estruturas de delimitación que illan o poboado do resto da península. Integra ademais unha área en torno ao seu perímetro que pode albergar áreas de actividade relacionadas co poboamento, especialmente. A delimitación do monumento comprende unha parcela de titularidade pública que ocupa a maior parte da superficie, mentres que no sector Leste alberga cinco parcelas de titularidade privada. A delimitación queda perfectamente definida en todo o seu perímetro pola liña da costa mentres que, no lado Leste, se adapta a área de influencia do castro trazándose pola beira exterior das estruturas de delimitación seguindo o lindeiro das parcelas.
No que respecta á área do Contorno de Protección do Monumento, os seus límites comprenden unha área de 40 hectáreas, en xeral a superficie atópase dividida en pequenas parcelas agás a franxa das praias e cantís do litoral. O espazo queda enmarcado polo Oeste de xeito claro polo límite que impón o litoral. O resto da delimitación queda determinada por criterios de visibilidade, cinguíndonos aos contornos das fincas e o decorrer das estradas, camiños ou pistas. Así ao Norte temos que a área de contorno queda limitada polos camiños do Agro da Cova e polo Corredor do Agro da Cova fundamentalmente, polo lado Leste queda perfectamente definida pola estrada N-550, Noia-Ribeira, e polo Sur do mesmo xeito polo camiño de Fontemariña.
- Descrición da delimitación do monumento:
Comezando polo Norte xusto no litoral e seguindo cara a dirección das agullas do reloxo a delimitación parte do P1.
P 1.- (497.578 – 4.727.255) dende o litoral, cóllese en dirección Leste cruzando a parcela de costa 9200, e continuando polo lindeiro que separa a parcela 95 do polígono 12, da finca 12:93 ao Sur ata chegar ao vértice Norleste da parcela 12:93, onde atopa o P2.
P 2.- (497.649 - 4.727.269), dende aquí séguese en dirección Surleste atravesando as parcelas 92, 86 e 85 ata chegar o vértice Nordeste da parcela 84, onde se atopa o P3.
P 3.- (497.753 - 4.727.087), dende aquí séguese cara o Sur polo lindeiro que deixa a parcela 84 ao Oeste e a finca 81 o Leste, ata chegar o vértice Oeste da parcela 105, onde se atopa o P4.
P4.- (497.751 - 4.727.001), continúase en dirección Suroeste atravesando a parcela 9200 ata chegar o litoral onde se atopa o P5.
P5.- (497.718 - 4.726.988), Dende aquí cóllese cara o Norte polo litoral bordeando o castro ata chegar o P1.
- Descrición da delimitación do contorno de protección do monumento:
Comezando polo Norte xusto no litoral e seguindo cara a dirección das agullas do reloxo a delimitación parte do P1.
P1.- (497.718 - 4.727.476), atópase xusto no litoral, dende aquí cóllese en dirección Sureste ata chegar o remate do camiño do Agro da Cova xusto no vértice NO da parcela 1057, onde se atopa o punto 2.
P2.- (497.755 - 4.727.474). Dende aquí cóllese en dirección Leste polo camiño empedrado de Agro da Cova en dirección a estrada N-550, que vai de Noia a Ribeira, ata chegar a intersección deste camiño co vértice SO da parcela 1266 do polígono 11 onde se atopa o P3.
P3.- (498.045 - 4.727.489), dende aquí continúase por un camiño actual que sae cara o Sur ata chegar a intersección deste camiño coa esquina NO da parcela 1144, do polígono 11, onde se atopa o P4.
P4.- (498.062 - 4.727.405). Dende aquí se toma o camiño que sae en dirección Leste ata chegar a estrada N-550 Noia- Ribeira onde se atopa o P5.
P5.- (498.152 - 4.727.385). Cóllese pola estrada en dirección a Ribeira ata chegar a confluencia desta estrada co camiño de Fonte Mariña, onde se atopa o P6.
P6.- (498.257 - 4.726.626). Continuase polo Camiño de Fonte Mariña cara o Sur ata chegar a primeira intersección, onde o camiño vira cara ao Oeste, xusto no Punto 7.
P7.- (498.253 - 4.726.490), dende aquí séguese polo camiño de Fonte Mariña, cara ó Oeste, cara ó mar, para logo virar cara ao Sur ata chegar a intersección deste camiño con outro abandonado que sae cara o Surleste xusto na intersección entre este camiño e o lindeiro Norte da parcela 246, do polígono 12, onde se atopa o P8.
P8.- (497.890 - 4.726.452). Neste lugar cóllese polo camiño que vai cara o litoral facendo límite ca finca 246 para chegar o P9.
P9.- (497.839 - 4.726.405). Dende aquí continuamos en liña recta en dirección Oeste, cara ó litoral, ata chegar o P10.
P10.- (497.735 - 4.726.417). Partindo deste punto cóllese ao norte bordeando o litoral ata chegar o P1.
O Castro de Baroña é un dos xacementos arqueolóxicos máis senlleiros de Galicia, e a súa imaxe converteuse nunha icona da paisaxe representativa da costa e do patrimonio galego. Este xacemento é un dos máis visitados da comunidade e representa un dos mellores exemplos de castro dos chamados costeiros. A localización do castro sobre unha punta que se adentra no mar condiciona unhas boas defensas naturais e tamén a súa asociación cunhas formas de vida ligadas ao mar e aos recursos marítimos. O xacemento, configúrase aproveitando a morfoloxía rochosa e abrupta da península sobre a que se asenta.
A súa condición de castro marítimo asentado nunha península que a ocupa na súa totalidade, fai que a planta non se corresponda as habituais formas circulares ou oblongas dos castros, tendo que se adaptar á morfoloxía do terreo, estruturándose en catro áreas en parte esixidas por tres grandes furnas que a erosión do mar vai agrandando. O xacemento ocupa unha totalidade dunha península de 22.622 m2, cuxo eixo máximo do recinto é de 235 metros.
O castro de Baroña enténdese como una unidade singular de relevante interese histórico e arqueolóxico, incluíndo aqueles elementos e estruturas que expresamente se sinalan como parte integrante do poboado castrexo. Basicamente, os tres recintos en plataforma cuxa disposición ven marcada polas tres grandes furnas que inciden sobre esta punta costeira, -coas súas estruturas interiores de vivenda e complementarias exhumadas-, as dúas liñas de murallas que delimitan estes recintos, e o espazo de antecastro delimitado por una muralla e un foxo exteriores situados na zona do istmo.Antes, en Certo:Castro de Baroña: o Psoe urxe e a Xunta fala de BIC de contado
Castro de Baroña: rematou o levantamento topográfico
Castro de Baroña: o PP insta a protexelo urxentemente
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia