25.4.11

Noia-Muros: o Bng pregunta no Parlamento a situación xurídica das gaiolas de salmón da Ría

O nacionalista Lobeira considera que poden existir “presuntas irregularidades” na renovación da autorización desta instalación ao existir un baleiro legal (de cinco meses), entre agosto do 2010 a xaneiro do 2011 
Media_httpfarm6static_ywetj

As mobilizacións contra as gaiolas continúan. O seguinte acto da Plataforma pola defensa da ría é unha charla o venres 29 de abril na casa da Cultura de Muros


Noia-Muros, 25  de abril de 2011. O portavoz de pesca do BNG, Bieito Lobeira rexistrou varias iniciativas relativas á situación “xurídica” das gaiolas de North West Food por consideraren que entre agosto de 2010 e xaneiro do 2011 existiu un baleiro legal de cinco meses ao non contar esta empresa coa prórroga pertinente.

Lobeira explica que, a Resolución que outorga a autorización temporal é do 6 de agosto de 2008 cunha vixencia de dous anos rematando no mes de agosto de 2010, sen constar, -asegura o nacionalista-. “ningún documento que acredite un acto administrativo” para a continuidade desta autorización experimental en agosto de 2010.

O parlamentario engade que, “curiosamente”, máis de cinco meses despois, a Consellaría do Mar (Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños), a través da Resolución do 24 de xaneiro de 2011, autoriza a prórroga desta autorización por un período dun ano.

Ante esta situación, o deputado do BNG quere saber cando finaliza realmente a prórroga e en que situación legal estiveron as gaiolas de North West Food S.L de agosto de 2010 a xaneiro do 2011.

Por outra banda, o deputado nacionalista preguntará se a instalación das gaiolas impactará de xeito “especial” na actividade pesqueira e marisqueira  que tradicionalmente  se desenvolve nesta ría.

Namentres, en Facebook...

64215-asinado.pdf Download this file

64216-asinado.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical