12.3.12

Ribeira: o venres 16 de marzo hai unha charla sobre reciclaxe na casa da cultura de Carreira

cartel charla reciclaxe.pdf Download this file

Ribeira, 12 de marzo de 2012. A  asociación veciñal de Carreira organiza unha charla sobre reciclaxe o venres 16 de marzo ás 21:00 na Casa de Cultura de Carreira.


Colaboran:   
                Concello de Ribeira
                Protección Civil de Ribeira


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: "Marzo de Cinema" trae tres longametraxes os venres 16, 23 e 30 deste mes

Marzo_de_cinema_1

  •  Os títulos a proxectar son "Blackthorn", "Cinco metros cadrados" e "Plans para mañá"

 

Ribeira, 12 de marzo de 2012.- Achegándose novamente ao mundo do audiovisual, o Concello programa unha serie de longametraxes actuais baixo o título “Marzo de Cinema” e que ten a pretensión de achegar unha escolma das mellores producións cinematográficas españolas de recente creación. Tal e como referiu a concelleira de Cultura, Elvira Pisos, na presentación desta programación, trátase de longametraxes de distinto xénero que contaron con poucos espectadores nas salas comerciais pese á participación de elencos de actores e actrices consagrados no mundo da interpretación.

 

Deste xeito, a Concellería de Cultura e Festexos, en colaboración co Ministerio de Cultura, súmase por segundo ano consecutivo ao programa “Cine Español en Ruta” para pór en valor filmes laureados en distintos festivais e achegar á cidadanía o traballo artístico que de non ser por este tipo de iniciativas quedaría no esquecemento: unha proposta centrada nos venres de marzo, con horario nocturno dirixido de xeito libre e gratuíto ao público adulto (maior de 13 anos) e que se incrementa nesta ocasión con sesións matinais orientadas aos adolescentes mediante a colaboración cos centros educativos e institutos do municipio.

 

O programa Marzo de Cinema ofrécese como unha actividade lúdica e interesante dende o aspecto cultural para trasladar dende un drama social que trata o tema da vivenda e a crise económica (“5 metros cuadrados, pasando por un western ao antigo estilo cunha mestura de nacionalidades na súa produción e gran peso español (“Blackthorn”) ata a historia cotiá na vida de catro mulleres calquera que poder ser reflexo da sociedade e modos de vida actuais contribuíndo dende a Área de Cultura a conmemorar de xeito audiovisual o mes de marzo, dedicado ás mulleres (“Planes para mañana”).

 

Libro de Antonio Piñeiro


Precisamente incidindo no mundo da muller e como oferta cultural previa á esta última proxección audiovisual, o escritor riveirense Antonio Piñeiro vai celebrar a presentación do seu libro “As fiandeiras” na Sala Museo Municipal o venres 30 de marzo ás 20 horas.


Ficha das longametraxes

 

Venres 16 de marzo

 

BLACKTHORN. SIN DESTINO

Non recomendada a menores de 13 anos.

 

Estrea: 1 de xullo de 2011                                          Dirección: Mateo Gil

Guión: Miguel Barros                                          Música: Lucio Godoy

Reparto: Sam Shepard, Eduardo Noriega, Stephen Rea, Magaly Solier, Nikolaj Coster-Waldau, Dominique McElligott, Padraic Delaney, Cristian Mercado, Luis Aduviri, Raúl Beltrán, Erika Andia, Maria Luque, Claudia Coronel, Daniel Aguirre, Luis Bredow.

Duración: 98 minutos                                          Xénero: Western

Nacionalidade: España-Estados Unidos-Bolivia-Francia

Premios: Goya 2011; Fotografía, Vestiario, Dirección Artística e Producción e 11 nominacións, vestuario, dir. artística e de producción, e 11 nominacións. Festival de Tribeca; nominada a Mellor Película na sección oficial competitiva internacional.
 

Sinopse: Tras a súa fuxida dos Estados Unidos, o lendario fuxido Butch Cassidy e o seu amigo Sundance Kid morreron en Bolivia en 1908, nun tiroteo. Isto é o que di a versión oficial. Este filme, en cambio, móstranos que, logo de vivir acochado  durante vinte anos, o que Cassidy desexaba era volver ao seu país. Con todo, cando coñece a un novo enxeñeiro español que acaba de roubar unha mina que pertence ao empresario máis importante de Bolivia, cambia os seus plans.

 

 

Venres 23 de marzo

 

5 METROS CUADRADOS 

Non recomendada a menores de 13 anos.

 

Estrea: 11 de novembro de 2011                                          Dirección: Max Lemcke  

Guión: Daniel e Pablo Remón.                                           Música: Fernando Velázquez

Reparto: Fernando Tejero, Malena Alterio, Manuel Morón, Secun de la Rosa, Emilio Gutiérrez Caba, Jorge Bosch.

Duración: 91 minutos             Xénero: Drama social                   Nacionalidade: España

Premios: Festival de Málaga 2011; Mellor Película, Actor (Fernando Tejero), Actor de Reparto (Jorge Bosch), Guión e Premio da Crítica.

 

Sinopse: Álex e Virginia compran un piso, sobre plano, nos arredores dunha gran cidade porque non poden permitirse grandes luxos. Cos seus aforros pagan a entrada e aceptan unha hipoteca a 40 anos. Cando só faltan uns meses para a entrega da vivenda, o edificio aínda está sen terminar. Un día, inesperadamente, precintan a zona e paran as obras. Os compradores forman unha plataforma de protesta e denuncian á construtora. Así é como Álex coñece a Toño, outro afectado, que traballa na construción, e que está convencido de que se trata dunha manobra para desfacerse deles. Un ano despois, os afectados deixaron de reunirse. Alex, cada vez máis tenso e deprimido, empeza a descoidar o traballo e a ter problemas con Virginia, pero négase a renderse e decide actuar para atopar unha solución.

 

 

Venres 30 de marzo

 

PLANES PARA MAÑANA

Non recomendada a menores de 13 anos.

 

Estrea: 19 de novembro de 2010                                                         Dirección: Juana Macías

Guión: Juana Macías, Juan Moreno e Alberto Bermejo              Música: VV.AA.

Reparto: Carmen Elías, Goya Toledo, Ana Labordeta, Aura Garrido, Jorge Bosch, Brendan Price, Adrián Marín, Pablo Viña, Christophe Miraval, Maite Blasco.

Duración: 96 minutos              Xénero: Drama                            Nacionalidade: España

Premios: Goya 2010; nominacións a Dirección Novel e Actriz Revelación. Festival de Málaga 2010; Dirección, Actriz de Reparto e Guión Nóvel e nominada a Mellor Película.

 

Sinopse: No transcurso dun día, Inés, Antonia, Marian e Mónica, mulleres con idades e circunstancias moi diferentes, deberán tomar importantes decisións que poden cambiar as súas vidas para sempre: Decidirá Inés seguir adiante co seu embarazo en contra de todo e todos? Entenderá Marian que a relación co seu marido está acabada e actuará en consecuencia? Que fará Antonia cando o verdadeiro amor da súa vida lle pida  unha segunda oportunidade, agora que é unha muller felizmente casada e con fillos? Que ocorrerá coa impotencia e o desexo de vinganza de Mónica cando a súa familia se derrube?

 

 

Sesións Matinais:

Ás 11:00 h para alumnado de 2º Ciclo da ESO e Bachiller dos Centros Educativos de Riveira.

 

Sesións Nocturnas:

Ás 21:00 h. Entrada libre gratuíta ata encher aforo.

Non recomendadas a menores de 13 anos.

As entradas poderánse retirar ½ h antes das proxeccións

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Arte: "Los desastres de la guerra" da Fundación do Gravado de Artes viaxa a Costa Rica

  • A serie, do inmortal Goya, vai ser amosada nun festival
  • Viaxa ao país centroamericano o alcalde de Ribeira e presidente da Fundación, Manuel Ruiz Rivas
Media_httpfarm8static_yffrb

Ribeira, 12 de marzo de 2012.- Na súa calidade de presidente da Fundación do Gravado de Artes, o alcalde Manuel Ruiz atópase nestes momentos en Costa Rica para tomar parte nos actos oficiais do Festival Internacional de las Artes de Costa Rica, entre cuxo programa de eventos figura a exhibición da exposición Los Desastres de la Guerra, de Francisco de Goya, unha colección pertencente aos fondos do Museo do Gravado de Artes.

O desenvolvemento desta exposición, que está organizada polo Ministerio de Cultura do país latinoamericano coa colaboración da Embaixada de España, vai ter lugar no Museo Histórico Dr. Rafael Ángel Calderón Guardia, situado en San José, capital do país. A súa exhibición no acontecemento cultural máis importante do país latinoamericano (ten carácter bienal e en 2012 cumpre a súa décimo terceira edición) vai contribuír a proxectar internacionalmente o nome de Ribeira, pois no mesmo danse cita multitude de países de Asia, América e Europa. Este ano Corea do Sur figura como país convidado.

As obras que comprenden a serie de gravados do mestre aragonés foron depositadas onte no referido centro e, xa no día de hoxe, Manuel Ruiz comparecerá ante os medios de comunicación para presentar a colección.

O Festival Internacional será inaugurado na tarde deste xoves 15 de marzo no Teatro Nacional, mentres que o venres pola mañá terá lugar o acto de inauguración oficial de Los Desastres de la Goya no citado Museo.

Na axenda de Ruiz Rivas figuran tamén unha entrevista co Conselleiro de Cultura da Embaixada española e un encontro coa xunta directiva no Lar Galego de Costa Rica.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o venres 30 de marzo preséntase o libro "As fiandeiras", de Antonio Piñeiro

Media_httpfarm8static_xdclu

O libro e o seu autor, o escritor e editor artesanal Antonio Piñeiro

Ribeira, 12 de marzo de 2012. Xa hai data para a presentación do libro "As fiandeiras", obra coa que Antonio Piñeiro gañou o premio "García Barros" de novela.

A asociación cultural Barbantia, xunto cun xornal, a editorial Galaxia e o Concello de Ribeira organizan esta presentación, que terá lugar o venres 30 de marzo, ás 20:00 horas, na Sala Museo Municipal de Ribeira, e no que estarán presentes, ademais do autor, Carlos Lema, director da editorial Galaxia; Xesús Laíño, presidente de Barbantia e Elvira Pisos, concelleira de Cultura.

Antes, en Certo:

Literatura: Antonio Piñeiro recolleu o "García Barros" de novela na Estrada




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o venres 23 de marzo, homenaxe poética a Antón Avilés de Taramancos no seu vixésimo cabodano

Programacin_cultural_de_noia

Media_httpfarm4static_oezak

Noia, 12 de marzo de 2012. O acto cultural máis relevante deste mes en Noia está´relacionado cun dos persoeiros máis notables que deu a vila no mundo das Letras: Antón Avilés de Taramancos. Cúmprense 20 anos do seu pasamento e, por este motivo, haberá un encontro poético entre Yolanda Castaño, Ana Romaní, María Xosé Canitrot e Eva Veiga. Será a partires das 20:30 na casa da cultura que leva o nome do homenaxeado.

Quen foi Antón Avilés de Taramancos?

O seu artigo na Galipedia

Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos (libro dixital)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a peña "Amancio", do Real Madrid, inaugurou a súa sede social

Foi o pasado sábado, 10 de marzo de 2012.

NORMAS LOCAL SOCIAL.docx Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: quen dixo medo? presentan a peña deportivista "Corazón Branquiazul" este martes 13

Media_httpfarm4static_ebsxe

Con Arsenio Iglesias como entrenador o Dépor viviu os seus maiores días de gloria

Ribeira, 12 de marzo de 2012. A Taberna do Riaso é o lugar escollido este martes 13 de marzo para a presentación en sociedade da peña deportivista "Corazón Branquiazul" (en Ribeira por suposto, dise corasón branquiasul). Na posta de longo desta peña, que será ás 20:30 horas, contarase coa presenza de directivos e xogadores do R.C. Deportivo da Coruña. "Nestes tempos o equipo do que somos afeccionados necesita máis que nunca do apoio dos seus seguidores", explica Francisco Martínez, presidente da nova peña.

Media_httpfarm5static_ssdda

A Taberna do Riaso está na rúa do Sal en Ribeira

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: convocan unha nova edición da Copa Sálvora

Copa_slvora

Bota a andar outro ano máis a Copa Sálvora. O torneo vaise disputar o vindeiro 2 e 3 de Xuño na Complexo Deportivo de A Fieiteira.  A Fase Previa disputarase o sábado 26 de maio.

Pode que tamén lle interese:

Gala do Deporte: crónica e imaxes (O Sálvora foi un dos premiados)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Consello da Cultura emite en Youtube unha homenaxe a Antón Avilés de Taramancos con poemas lidos polo autor

Dentro da súa serie de gravacións de grandes persoeiros das Letras Galegas, o Consello da Cultura Galega vén de lanzar este luns, 12 de marzo, unha gravación de Antón Avilés de Taramancos onde está a ler poemas seus.

Constitúe o volume XIX da colección As Nosas Voces, editado polo Arquivo sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega.

Se ten interese en ver o resto, tan só ten que ir á canle en YouTube do Consello da Cultura Galega, en

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o 23 e 24 de marzo haberá un curso sobre as Illas Atlánticas para guías turísticos

  • Sálvora é unha illa de Ribeira que pertence a este parque nacional insular
  • As xornadas terán por obxectivo proporcionar aos traballadores do sector turístico ferramentas e recursos que lles permitan informar aos potenciais visitantes do Parque Nacional sobre os servizos que se ofertan, normativa ou a xestión do lugar
  • O primeiro día das xornadas terán lugar as charlas teóricas sobre patrimonio natural e cultural do parque, a lexislación en materia de espazos protexidos, así como aspectos prácticos para os servizos que deben prestar os guías turísticos ás visitas
  • O día 24 de marzo farase o traslado ás Illas Atlánticas dende a Estación Marítima de Vigo para levar a cabo as rutas guiadas polo Parque Natural, ademais da organización de diversas actividades onde poderán participar os asistentes
Media_httpfarm4static_agdti

Estación Marítima de Vigo, de onde sairán as rutas o 24

Ribeira, 12 de marzo de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, organiza durante os vindeiros días 23 e 24 de marzo as VII Xornadas Formativas para guías e informadores turísticos sobre o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, que se levarán a cabo entre o Edificio Administrativo da Xunta en Vigo e as propias Illas Atlánticas.

As xornadas terán tres obxectivo principais. O primeiro será proporcionar aos traballadores do sector turístico ferramentas e recursos que lles permitan informar aos potencias visitantes do Parque Nacional sobre os servizos que se ofertan, a propia normativa ou aspectos útiles sobre a xestión do lugar. Así mesmo, outro das metas que se perseguen é proporcionar aos participantes un canal útil de comunicación para poder facer suxestións en áreas relativas ao seu traballo. Finalmente, as Xornadas serán un instrumento para promover unha visión integral da rede de espazos naturais en Galicia, tendo como referente a sostibilidade e a conservación.

Programa das xornadas
As xornadas darán comezo o día 23 de marzo, cando terán lugar as charlas teóricas que versarán sobre o patrimonio natural e cultural do parque, a lexislación en materia de espazos protexidos así como de aspectos prácticos que deben presentar os guías turísticos ás visitas. O acto de presentación será ás 09:30 horas no Edificio Administrativo da Xunta en Vigo, a cargo do director-conservador do Parque Nacional, Antonio Fernández Bouzas. Posteriormente, trataranse as temáticas anteriormente sinaladas a cargo do persoal do Parque.

O día 24 de marzo trataranse os aspectos prácticos das Xornadas mediante unha visita ás Illas Atlánticas, onde realizaranse rutas guiadas polo Parque Natural ademais da organización de diversas actividades onde poderán participar os asistentes. O embarque será as 10:00 horas dende a Estación Marítima de Vigo e finalizará a redor das 17:00 horas.

O número de inscritos a día de hoxe é de 225 persoas, para as 80 prazas ofertadas na www.parquenacionalillasatlanticas.com, polo que se realizará unha selección en base a criterios como; a relación do traballo do solicitante coa temáticas das xornadas, a profesión, os estudos académicos e o orde de chegada das solicitude. A listaxe definitiva de admitidos publicarase na mesma web o día 14 de marzo. Os participantes nas xornadas obterán un certificado que acreditará a súa asistencia.

Media_httpfarm5static_oaktw

As Cíes, ao lonxe, dende Vigo

Parque Nacional
As Illas Atlánticas foron declaradas Parque Nacional no ano 2002, polo que celébrase o 10º aniversario da súa declaración como lugar de protección. As Illas Atlánticas comprenden os arquipélagos de Cíes, Ons e Cortegada na provincia de Pontevedra ademais da illa de Sálvora, na Coruña. Dende o ano 2008 a Xunta de Galicia ten a súa competencia en exclusiva. A importancia deste parque radica na súa gran diversidade mariña con máis de 200 especies distintas de algas, o que orixina un gran ecosistema mariño con gran cantidade de especies de plantas, peixes e aves mariñas que habitan no entorno.

Media_httpfarm4static_dpkld

Pazo de Sálvora, dende o mar

A declaración de Parque Nacional fai posible a conservación e protección desta riqueza natural, vixiando o cumprimento da normativa así como regulando as actividades que se leven a cabo dentro do seu territorio para que non sexan afectados os ecosistemas existentes nas Illas Atlánticas.

Dende a Xunta de Galicia estanse a poñer en marcha programas educativos para implicar á poboación local na conservación do parque dunha forma atractiva e lúdica. Desta maneira, será posible crear unha cultura de respecto cara o medio ambiente, fomentar a adopción de actitudes, valores e comportamentos ambientais correctos mediante actuacións de contacto co medio natural.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: actividades relixiosas de Semana Santa programadas pola Irmandade da Paixón de Cristo

Cartel_semana_santa_2012

Quen organiza?


A Irmandade da Paixón de Cristo é unha asociación sen ánimo de lucro nacida en febreiro de 2011. Os seus estatutos foron aprobados po-lo Arcebispo de Santiago de Compostela o 5 de febreiro de 2011, e foi inscrita no Ministerio de Xustiza en Outubro de 2011. 

As finalidades desta Irmandade son:


  1. Promover e impulsar todas as tradicións e actos que se celebran na parroquia de Sta. Comba de Rianxo durante a Semana Santa.
  2. Animar á participación activa dos rianxeir@s en todos os actos desas datas.
  3. Coidar e conservar, na medida das nosas posibilidades, imaxes e demais elementos relacionados coa Semana Santa rianxeira.

Na Semana Santa 2011 comezaron con preto de 110 socios adultos e preto de 30 aspirantes (menores de 18 anos). Este ano incorpóranse case 30 socios adultos mais e sobre 15 aspirantes. O mais novo, ao que se lle imporá a medalla de socio, ten menos de un mes, e os máis vellos pasan dos 80 anos.

Teñen varios xeitos de contacto: 

Correo electrónico: paixoncristorianxo@gmail.com.

Facebook Irmandade da Paixon de Cristo

Teléfono: 662070579

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o Psoe solicita nunha moción que se dote de saneamento ás vivendas da Ribeiriña

Moción discriminación vivendas Ribeiriña.docx Download this file

Media_httpfarm5static_dwucw

O Psoe pobrense considera que se discrimina a esta zona da Pobra

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: o Concello recoñece o labor de 14 mulleres e organizou unha mostra polo Día da Muller

Grupo

  • Este venres 16, no pleno, lerase e someterase a votación unha declaración a prol dos dereitos das mulleres

Dodro, 12 de marzo de 2012. O pasado día 8 de marzo, a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Dodro, co gallo do Día Internacional da Muller realizou unha exposición das mulleres emprendedoras dos últimos tempos e  homenaxeou a 14 mulleres de Dodro.


O acto, moi concorrido, celebrouse no salón de plenos do concello. As homenaxeadas recibiron un pequeno agasallo e relataron a súa vida e o seu traballo.


Entre as homenaxeadas atopábanse dúas mozas, en representación das novas xeracións de Dodro: Ilanda Eiras Moreiras, de 34 anos, escritora e músico, que agasallou aos asistentes coa súa voz e a súa guitarra cunha canción composta por ela; e Trinidad Romero Ferreirós, tamén de 34, pintora que amosou algúns dos seus cuadros.


O resto das homenaxeadas por unha vida dedicada ós eu traballo, algúns deles moi duros, foron:

Mª Josefa Pérez Fariña, rosquilleira de Lestrobe

Eva Castro Lavandeira, floristeira de Lestrobe

Mª Milagros Romero Tourís, de Bexo, por unha vida adicada a coidar dos seus familiares dependentes (agora atende a 4, seu home, seu cuñado e seus pais). Durante o acto foi unha das traballadoras mais eloxiadas polos alí presentes.

Mª Urbana Ferro Reboiras, carteira de Rial de Lagoa, agora xa prejubilada.

Inés Angélica Rodríguez Boga, da aldea de Vigo, coidadora de persoas dependentes.

Obdulia Reboiras Tourís, ama de casa e labradora

Mª Dolores Franco Bondad, perruqueira durante 47 anos de Bexo

Marina Boga Ramallo, operaria de fábrica e xa xubilada

Dolores Moreiras Rodriguez, costureira

Rosa Baleirón Tubío, traballadora de campo de A Devesa con 83 anos

Ramona Romero Rey, emigrante de Bexo que relatou o moito que lle custou deixar aquí ós seus fillos para emigrar a Suíza.

Leonor Fernández González, a máis vella de todas, con 91 anos, mestra xubilada.

 

No transcurso do acto, leuse unha declaración que se levará á aprobación do Pleno o vindeiro venres día 16 de marzo, no que o Concello de Dodro "manifesta a súa vontade de  traballar decididamente polo recoñecemento das capacidades e valía das mulleres e potenciar todas aquelas accións que melloren a conciliación da vida familiar, persoal e laboral. Comprométese a seguir traballando para a definitiva eliminación de todas as formas de violencia contra as mulleres, moi especialmente a violencia de xénero, un dos máis graves males da nosa sociedade. "No difícil e complexo momento que vivimos, os nosos esforzos teñen que estar tamén ao lado das mulleres en maior situación de vulnerabilidade, moi especialmente as mulleres soas que son únicas responsables das súas familias. Faise estensible este compromiso a toda a cidadanía para que, conxuntamente, poidamos camiñar cara a unha sociedade máis respectuosa, tolerante, democrática e próspera, con oportunidades para todas as cidadás e cidadáns, sen que existan diferenzas entre mulleres e homes".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical