- Os títulos a proxectar son "Blackthorn", "Cinco metros cadrados" e "Plans para mañá"
Ribeira, 12 de marzo de 2012.- Achegándose novamente ao mundo do audiovisual, o Concello programa unha serie de longametraxes actuais baixo o título “Marzo de Cinema” e que ten a pretensión de achegar unha escolma das mellores producións cinematográficas españolas de recente creación. Tal e como referiu a concelleira de Cultura, Elvira Pisos, na presentación desta programación, trátase de longametraxes de distinto xénero que contaron con poucos espectadores nas salas comerciais pese á participación de elencos de actores e actrices consagrados no mundo da interpretación.
Deste xeito, a Concellería de Cultura e Festexos, en colaboración co Ministerio de Cultura, súmase por segundo ano consecutivo ao programa “Cine Español en Ruta” para pór en valor filmes laureados en distintos festivais e achegar á cidadanía o traballo artístico que de non ser por este tipo de iniciativas quedaría no esquecemento: unha proposta centrada nos venres de marzo, con horario nocturno dirixido de xeito libre e gratuíto ao público adulto (maior de 13 anos) e que se incrementa nesta ocasión con sesións matinais orientadas aos adolescentes mediante a colaboración cos centros educativos e institutos do municipio.
O programa Marzo de Cinema ofrécese como unha actividade lúdica e interesante dende o aspecto cultural para trasladar dende un drama social que trata o tema da vivenda e a crise económica (“5 metros cuadrados”, pasando por un western ao antigo estilo cunha mestura de nacionalidades na súa produción e gran peso español (“Blackthorn”) ata a historia cotiá na vida de catro mulleres calquera que poder ser reflexo da sociedade e modos de vida actuais contribuíndo dende a Área de Cultura a conmemorar de xeito audiovisual o mes de marzo, dedicado ás mulleres (“Planes para mañana”).
Libro de Antonio Piñeiro Ribeira: o venres 30 de marzo preséntase o libro "As fiandeiras", de Antonio Piñeiro post.ly/5wPsE
Precisamente incidindo no mundo da muller e como oferta cultural previa á esta última proxección audiovisual, o escritor riveirense Antonio Piñeiro vai celebrar a presentación do seu libro “As fiandeiras” na Sala Museo Municipal o venres 30 de marzo ás 20 horas.
Ficha das longametraxes
Venres 16 de marzo
BLACKTHORN. SIN DESTINO
Non recomendada a menores de 13 anos.
Estrea: 1 de xullo de 2011 Dirección: Mateo Gil
Guión: Miguel Barros Música: Lucio Godoy
Reparto: Sam Shepard, Eduardo Noriega, Stephen Rea, Magaly Solier, Nikolaj Coster-Waldau, Dominique McElligott, Padraic Delaney, Cristian Mercado, Luis Aduviri, Raúl Beltrán, Erika Andia, Maria Luque, Claudia Coronel, Daniel Aguirre, Luis Bredow.
Duración: 98 minutos Xénero: Western
Nacionalidade: España-Estados Unidos-Bolivia-Francia
Premios: Goya 2011; Fotografía, Vestiario, Dirección Artística e Producción e 11 nominacións, vestuario, dir. artística e de producción, e 11 nominacións. Festival de Tribeca; nominada a Mellor Película na sección oficial competitiva internacional.
Sinopse: Tras a súa fuxida dos Estados Unidos, o lendario fuxido Butch Cassidy e o seu amigo Sundance Kid morreron en Bolivia en 1908, nun tiroteo. Isto é o que di a versión oficial. Este filme, en cambio, móstranos que, logo de vivir acochado durante vinte anos, o que Cassidy desexaba era volver ao seu país. Con todo, cando coñece a un novo enxeñeiro español que acaba de roubar unha mina que pertence ao empresario máis importante de Bolivia, cambia os seus plans.
Venres 23 de marzo
5 METROS CUADRADOS
Non recomendada a menores de 13 anos.
Estrea: 11 de novembro de 2011 Dirección: Max Lemcke
Guión: Daniel e Pablo Remón. Música: Fernando Velázquez
Reparto: Fernando Tejero, Malena Alterio, Manuel Morón, Secun de la Rosa, Emilio Gutiérrez Caba, Jorge Bosch.
Duración: 91 minutos Xénero: Drama social Nacionalidade: España
Premios: Festival de Málaga 2011; Mellor Película, Actor (Fernando Tejero), Actor de Reparto (Jorge Bosch), Guión e Premio da Crítica.
Sinopse: Álex e Virginia compran un piso, sobre plano, nos arredores dunha gran cidade porque non poden permitirse grandes luxos. Cos seus aforros pagan a entrada e aceptan unha hipoteca a 40 anos. Cando só faltan uns meses para a entrega da vivenda, o edificio aínda está sen terminar. Un día, inesperadamente, precintan a zona e paran as obras. Os compradores forman unha plataforma de protesta e denuncian á construtora. Así é como Álex coñece a Toño, outro afectado, que traballa na construción, e que está convencido de que se trata dunha manobra para desfacerse deles. Un ano despois, os afectados deixaron de reunirse. Alex, cada vez máis tenso e deprimido, empeza a descoidar o traballo e a ter problemas con Virginia, pero négase a renderse e decide actuar para atopar unha solución.
Venres 30 de marzo
PLANES PARA MAÑANA
Non recomendada a menores de 13 anos.
Estrea: 19 de novembro de 2010 Dirección: Juana Macías
Guión: Juana Macías, Juan Moreno e Alberto Bermejo Música: VV.AA.
Reparto: Carmen Elías, Goya Toledo, Ana Labordeta, Aura Garrido, Jorge Bosch, Brendan Price, Adrián Marín, Pablo Viña, Christophe Miraval, Maite Blasco.
Duración: 96 minutos Xénero: Drama Nacionalidade: España
Premios: Goya 2010; nominacións a Dirección Novel e Actriz Revelación. Festival de Málaga 2010; Dirección, Actriz de Reparto e Guión Nóvel e nominada a Mellor Película.
Sinopse: No transcurso dun día, Inés, Antonia, Marian e Mónica, mulleres con idades e circunstancias moi diferentes, deberán tomar importantes decisións que poden cambiar as súas vidas para sempre: Decidirá Inés seguir adiante co seu embarazo en contra de todo e todos? Entenderá Marian que a relación co seu marido está acabada e actuará en consecuencia? Que fará Antonia cando o verdadeiro amor da súa vida lle pida unha segunda oportunidade, agora que é unha muller felizmente casada e con fillos? Que ocorrerá coa impotencia e o desexo de vinganza de Mónica cando a súa familia se derrube?
Sesións Matinais:
Ás 11:00 h para alumnado de 2º Ciclo da ESO e Bachiller dos Centros Educativos de Riveira.
Sesións Nocturnas:
Ás 21:00 h. Entrada libre gratuíta ata encher aforo.
Non recomendadas a menores de 13 anos.
As entradas poderánse retirar ½ h antes das proxeccións
Arte: "Los desastres de la guerra" da Fundación do Gravado de Artes viaxa a Costa Rica post.ly/5wQ4E
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario