12.3.12

Arte: "Los desastres de la guerra" da Fundación do Gravado de Artes viaxa a Costa Rica

  • A serie, do inmortal Goya, vai ser amosada nun festival
  • Viaxa ao país centroamericano o alcalde de Ribeira e presidente da Fundación, Manuel Ruiz Rivas
Media_httpfarm8static_yffrb

Ribeira, 12 de marzo de 2012.- Na súa calidade de presidente da Fundación do Gravado de Artes, o alcalde Manuel Ruiz atópase nestes momentos en Costa Rica para tomar parte nos actos oficiais do Festival Internacional de las Artes de Costa Rica, entre cuxo programa de eventos figura a exhibición da exposición Los Desastres de la Guerra, de Francisco de Goya, unha colección pertencente aos fondos do Museo do Gravado de Artes.

O desenvolvemento desta exposición, que está organizada polo Ministerio de Cultura do país latinoamericano coa colaboración da Embaixada de España, vai ter lugar no Museo Histórico Dr. Rafael Ángel Calderón Guardia, situado en San José, capital do país. A súa exhibición no acontecemento cultural máis importante do país latinoamericano (ten carácter bienal e en 2012 cumpre a súa décimo terceira edición) vai contribuír a proxectar internacionalmente o nome de Ribeira, pois no mesmo danse cita multitude de países de Asia, América e Europa. Este ano Corea do Sur figura como país convidado.

As obras que comprenden a serie de gravados do mestre aragonés foron depositadas onte no referido centro e, xa no día de hoxe, Manuel Ruiz comparecerá ante os medios de comunicación para presentar a colección.

O Festival Internacional será inaugurado na tarde deste xoves 15 de marzo no Teatro Nacional, mentres que o venres pola mañá terá lugar o acto de inauguración oficial de Los Desastres de la Goya no citado Museo.

Na axenda de Ruiz Rivas figuran tamén unha entrevista co Conselleiro de Cultura da Embaixada española e un encontro coa xunta directiva no Lar Galego de Costa Rica.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical