12.12.12

Ribeira: este luns, 17 de decembro, preséntase un libro sobre o mítico John Balan

Porto do Son: este sábado, 15 de decembro, "A maxia de Benxamín e Loli"

  • Na casa da cultura ás seis da tarde
    Maxia-na-casa-cultura
  • Lémbrase que a exposición de Nacho Costa Beiro, tamén na casa de cultura, estará colgada ata o Día de Reis (6 de xaneiro de 2013)

Nacho_c_beiro

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: listas a zona canina e a pista de skate do Centenario, así como o parque infantil

Media_httpfarm9static_rihba

Ribeira, 12 de decembro de 2012.- O Concello segue coas melloras no entorno da praza do Centenario e do barrio de Abesadas a través dun conxuntos actuacións que teñen como obxectivo unha maior prestación de servizos aos cidadáns que redunden na súa calidade de vida.

Así, se hai escasas semanas se completaba a colocación dunha pista polideportiva de 10x7 metros ideada para a súa utilización por nenos de 4 a 10 anos, nestes días se poden observar nas súas inmediacións como se están desenvolvendo os labores de instalación doutras dúas infraestruturas, ás que axiña se vai sumar unha terceira.

Media_httpfarm9static_ifuyq

Solo continuo de caucho

Dentro da mesma praza estase a ubicar un segundo parque infantil que amplía a dotación de xogos para os nenos e nenas usuarios desta esplanada. O Executivo decidiu actuar nunha zona da praza que consideraba infrautilizada polos cidadáns, procurando incrementar así a súa capacidade de ocio. Cabe destacar que este novo parque infantil será o primeiro do municipio que conte cun solo continuo de caucho, en lugar de estar conformado por losetas como era habitual.

Doutra banda, onte iniciouse a instalación da pista de skate no solar situado fronte aos xulgados. Ten unha pista de skate de 25x11 metros e consta dos elementos necesarios para o disfrute dos skaters e das bicicletas bmx (ciclismo acrobático): un módulo bank, un módulo quarter e un módulo integrado con dobre rampa, rail e planter dobre. Está previsto que o vindeiro luns os afeccionados a estes dous deportes podan facer uso da estrutura, unha vez se lle dote das condicións de seguridade necesarias.

Parque canino

Por último, en breves días está previsto situar tamén ao lado da pista de skate un parque canino que ocupará  unha superficie próxima aos 600 metros cadrados e contará con zonas de paseo, zonas para a recollida de feces e zonas de xogo para mascotas, tales como picas para slalom, roda, valas de salto, escaleira ou balancín, entre outros.

Pode que tamén lle interese:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: alumnado de 4º de ESO do instituto elaborou un rueiro literario do municipio en Internet

Media_httpfarm3static_ajtrs

Inda que para o Concello semella existir só Valle-Inclán, na Pobra hai rúas adicadas a numerosos escritores e autoras. A adicada ao poeta Manuel María é a primeira no mapa feito

A Pobra do Caramiñal, 12 de decembro de 2012. Namentres no día de hoxe centos de institutos de Galicia homenaxearon con recitados en común e actividades nas praias o poema de Celso Emilio Ferreiro "Deitado frente ao mar", na Pobra parte do alumnado de 4º de ESO adicouse a indagar nas rúas do seu municipio aquelas que levan nomes de autoras e escritores cos que confeccionaron un mapa virtual.

"Rúas con literatura" é o título dunha secuencia de traballo desenvolvida en 4º da ESO durante as últimas semanas, inspirada en parte no proxecto Callejeros literarios. Trátase, segundo explican na web "Remexer na Lingua", "de coñecer e facer máis visíbeis os/as escritores/as que lle dan nome a rúas da nosa vila compoñendo un mapa ilustrado na web".

Este magnífico exercicio práctico consta de sete actividades:

Deste xeito, as alumnas e alumnos deste curso puideron coñecer de primeira man as rúas adicadas a escritores da súa vila, estudar a súa vida e obra, traballar en equipo para levar adiante o mapa -co conseguinte uso das novas tecnoloxías na escola- e darlle forma a un traballo que agora pode ver todo o mundo na Rede e partillar nas redes sociais.

Velaquí o mapa en Tripline



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este domingo, 16 de decembro, "Emily on the road" será lido por completo polo seu autor

  • O intelectual outense Ramón Blanco estará acompañado ao saxo polo noiés Pablo Sax
  • No bar Fina Stampa, a partires das 21:00[[posterous-content:pid___0]]

Noia, 12 de decembro de 2012. Pablo Sax e Ramón Blanco darán en Noia o recital máis singular da "Xira Emily on the road". Será no bar Fina Stampa, este vindeiro domingo 16 de decembro, a partir das 21:00 horas. Trátase dun acto distinto dentro da serie de presentacións que a editora Acha Escrava está a levar a cabo en diversas vilas e cidades galegas. Nesta ocasión Ramón Blanco, autor de Emily on the road, lerá integramente este poema narrativo. O saxofonista Pablo Sax poñerá o acompañamento musical. O local estará ambientado coa decoración de Mónica Montero.

Todo sobre a Xira Emily on the road en:




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical