Ribeira, 12 de decembro de 2012.- O Concello segue coas melloras no entorno da praza do Centenario e do barrio de Abesadas a través dun conxuntos actuacións que teñen como obxectivo unha maior prestación de servizos aos cidadáns que redunden na súa calidade de vida.
Así, se hai escasas semanas se completaba a colocación dunha pista polideportiva de 10x7 metros ideada para a súa utilización por nenos de 4 a 10 anos, nestes días se poden observar nas súas inmediacións como se están desenvolvendo os labores de instalación doutras dúas infraestruturas, ás que axiña se vai sumar unha terceira.Solo continuo de caucho Dentro da mesma praza estase a ubicar un segundo parque infantil que amplía a dotación de xogos para os nenos e nenas usuarios desta esplanada. O Executivo decidiu actuar nunha zona da praza que consideraba infrautilizada polos cidadáns, procurando incrementar así a súa capacidade de ocio. Cabe destacar que este novo parque infantil será o primeiro do municipio que conte cun solo continuo de caucho, en lugar de estar conformado por losetas como era habitual.Doutra banda, onte iniciouse a instalación da pista de skate no solar situado fronte aos xulgados. Ten unha pista de skate de 25x11 metros e consta dos elementos necesarios para o disfrute dos skaters e das bicicletas bmx (ciclismo acrobático): un módulo bank, un módulo quarter e un módulo integrado con dobre rampa, rail e planter dobre. Está previsto que o vindeiro luns os afeccionados a estes dous deportes podan facer uso da estrutura, unha vez se lle dote das condicións de seguridade necesarias.Parque caninoPor último, en breves días está previsto situar tamén ao lado da pista de skate un parque canino que ocupará unha superficie próxima aos 600 metros cadrados e contará con zonas de paseo, zonas para a recollida de feces e zonas de xogo para mascotas, tales como picas para slalom, roda, valas de salto, escaleira ou balancín, entre outros.
Pode que tamén lle interese:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario