Inda que para o Concello semella existir só Valle-Inclán, na Pobra hai rúas adicadas a numerosos escritores e autoras. A adicada ao poeta Manuel María é a primeira no mapa feito
A Pobra do Caramiñal, 12 de decembro de 2012. Namentres no día de hoxe centos de institutos de Galicia homenaxearon con recitados en común e actividades nas praias o poema de Celso Emilio Ferreiro "Deitado frente ao mar", na Pobra parte do alumnado de 4º de ESO adicouse a indagar nas rúas do seu municipio aquelas que levan nomes de autoras e escritores cos que confeccionaron un mapa virtual.
"Rúas con literatura" é o título dunha secuencia de traballo desenvolvida en 4º da ESO durante as últimas semanas, inspirada en parte no proxecto Callejeros literarios. Trátase, segundo explican na web "Remexer na Lingua", "de coñecer e facer máis visíbeis os/as escritores/as que lle dan nome a rúas da nosa vila compoñendo un mapa ilustrado na web".
Este magnífico exercicio práctico consta de sete actividades:
- Cidades e ficción, cun xogo de pesquisa.
- Un nome, moitos protagonistas, na que se traballan as escritoras e escritores da literatura galega do s. XX do rueiro próximo.
- Unha voz para a rúa, centrada na escolla e lectura expresiva dun texto do/a autor/a.
- De paso, para presentar cada unha das rúas.
- Nomes con valor, na que se inclúe o texto argumentativo coa intención de proxectar o labor.
- Un percorrido ilustrado, dedicada á montaxe da ruta e mais á revisión da escrita desde a perspectiva sintáctica (inclúe unha actividade interactiva sobre a oración composta).
- Exposición oral, cun peche expositivo que se pode facer na aula ou realizando o percorrido deseñado.
Deste xeito, as alumnas e alumnos deste curso puideron coñecer de primeira man as rúas adicadas a escritores da súa vila, estudar a súa vida e obra, traballar en equipo para levar adiante o mapa -co conseguinte uso das novas tecnoloxías na escola- e darlle forma a un traballo que agora pode ver todo o mundo na Rede e partillar nas redes sociais.
Velaquí o mapa en Tripline
En pobra do caramiñal twitter.com/hackerman15/st… "@hadrianaordonez: Agora no IES FELIX MURIEL: coordinadoraendl.org/recitandocelso… #recitandoacelsoemilio 'Deitado fronte o mar'" LA GENTE QUE VOTÓ AL PP PARA MEJORAR SU SITUACIÓN LABORAL, AL MENOS VA A PILLAR BUEN CACHO EN EL REPARTO DE DOLOR DE GALLARDÓN.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario