27.3.11

A Pobra: a infancia do Centro de Atención á Discapacidade desfrutou do seu IV Festival

A Pobra do Caramiñal, 27 de marzo de 2011. O sábado 26 de marzo os nenos/as do CAD (Centro de Atencion a Discapacidade) da Pobra do Caramiñal fixeron o IV Festival no antigo Cine Elma.
Os infantes do CAD participaron na variedade de bailes e obras de teatro programadas. Foi un festival moi activo, dirixido pola monitora Saray, no que fixeron participar ao público asistente, o cal ateigaba o aforo do actual Teatro Elma.

Ademáis dos nenos/as do CAD temén participaron os alumnos do colexio Salustiano Rey Eiras, Fernández Varela e o grupo de bailes latinos de Ribeira El Tomasón. Este é o cuarto festival que organiza a concellalia de Servizos Sociais da Pobra, baixo a responsabilidade da concelleira Balbina Lojo Olveira.
 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Política: o líder socialista critica as trabas de Feijóo para sanear e depurar a Ría de Arousa e centrouse na depuradora de Ribeira

Pachi Vázquez dixo que “deixamos licitadas tódalas depuradoras das rías galegas, dende A Guarda a Ribadeo, agás as de Sanxenxo e Ribeira, cuxos concellos puxeron tódalas trabas posibles. En total licitamos 22 depuradoras, cun investimento de 636 millóns de euros”.

Catoira  (Pontevedra),  27 de marzo de 2011.- O secretario xeral dos socialistas galegos Manuel Pachi Vázquez salientou o esforzo do PSdeG-PSOE para sanear e depurar a ría de Arousa. Afirmou “fomos nós quen puxemos en marcha o sistema de saneamento integral desta Ría. Promovemos as depuradoras de Catoira, O Grove, Ribadumia, Corrubedo e Ribeira, e dotamos ás depuradoras xa construídas de sistemas de desinfección de coliformes”. Pachi Vázquez fixo estas declaracións na localidade pontevedresa de Catoira, onde participou no xantar da 7ª Festa da Rosa de apoio á candidatura socialista de Catoira , na que se presenta o actual Alcalde, Alberto Garcia.

“Deixamos licitadas tódalas depuradoras das rías galegas, dende A Guarda a Ribadeo, agás as de Sanxenxo e Ribeira, cuxos concellos puxeron tódalas trabas posibles. En total licitamos 22 depuradoras, cun investimento de 636 millóns de euros”, espetou. Pachi Vázquez argumentou que a Ría de Arousa é a mais singular de Galicia e a de maior riqueza marisqueira. Por iso dixo “fixemos un gran esforzo para conseguir sanear e depurar todas as augas que chegan a ela”. 

Ribeira é dos concellos que máis contamina a ría

Pero ao fío desto denunciou que “todo o que fixemos, parouno ou o restrasouno a Xunta de Feijóo, empezando pola depuradora de Ribeira, que é dos Concellos que máis contamina esta ría e aínda non se sabe nada dela”. E advertiu ademais da nefasta de política pesqueira e marisqueira.

E aludiu a supresión do Seguro colectivo do Mar, deixando a máis de 4.000 mariñeiros e mariscadoras desta ría, e 30.000 de toda Galicia, sen  seguro de accidentes dende outubro do ano pasado. Tamén criticou a supresión da axuda ás mariscadoras para poder cobrar a xubilación.

Sobre a nova Lei de augas considerou que ten un afán totalmente recaudatorio, “subindo o canon da auga un 140%, e non garantindo o saneamento e a depuración das augas residuais, nin da ría”. E resumiu “a Xunta non fai nada por esta ría, pero tampouco fai nada por Catoira”, sentenciou.

Non dixo nada das gaiolas de salmón

Curiosamente, o líder actual do Psoe galego non dixo nada sobre a polémica das gaiolas para criar salmón na Ría de Muros e Noia agora mesmo, unhas infraestruturas que xa se tiveran que retirar da Ría de Arousa ante as masivas protestas das xentes do mar.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a alcaldable polo Bng participou na Convención dos nacionalistas en Santiago

Domi

Ribeira, 27 de marzo de 2011. Baixo o lema “Coa túa forza hai Futuro”, o Bloque Nacionalista Galego celebrou en Santiago de Compostela a Convención Nacional Municipais 2011, marcado pola presenza da mocidade galega e as redes socias Facebook e Twitter (nesta última rede de microblogging xa houbo quen criticou que se escollera o castelán como idioma de soporte, cando xa está habilitado o galego dende hai boa).

Tras unha xornada matinal centrada nas propostas e experiencias de goberno con candidatos e candidatas menores de 30 anos como protagonistas, a tarde acolleu a intervención dos/as cabezas de lista ás grandes cidades e vilas galegas, para alén da do portavoz nacional, Guillerme Vázquez.

Na convención interviu a candidata á alcaldía de Ribeira, Dominga Brión. Dominga -que comezou cunha cita de Castelao, “os soños primeiro e as ideas despois, crean feitos históricos”- defendeu a posibilidade de deseñar un futuro mellor para os concellos se son gobernados polo Bng. 

"É fundamental", dixo, "poder conservar a nosa flota de baixura porque Ribeira é un dos portos máis afectados polos recortes de capturas da UE” e acusou ao Partido Popular de non ter defendido abondo esta cuestión.

Vía

Achegamos fotografía de Dominga Brión, candidata do BNG á Alcaldía de Ribeira, durante a súa intervención na Convención que a formación nacionalista realizou onte en Santiago.

Acharedes aquí información sobre o contido da súa intervención:

http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/global/contidos/novas/portada/nova_1876.html?uri=/BNG/global/seccions/portada/index.html

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Mar: decomisan capturas e material de marisqueo aos furtivos na Ría de Arousa

Barbanza-Noia, 27 de marzo de 2011. A Ría de Arousa foi escenario de diversas actuacións, esta semana pasada de mareas vivas, que se saldaron coa incautación de 5 nasas e 19 quilos de varias especies en Ribeira. Precisamente nos arenais de Ribeira expulsaron a 20 persoas que trataban de extraer marisco de forma ilegal. Ademais en Cabo de Cruz expulsaron a 3 persoas ás que lles requisaron 2 aparellos, e, noutro operativo conxunto identificaron a outras 6, ás que lles requisaron 7,5 quilos de longueirón, 3 de ameixa e 20 de berberecheo, ademais de 8 útiles. Na parte sur da ría, os controis levados a cabo polos gardacostas saldáronse coa aprehensión de 151 nasas en zona prohibida e sen identificar que contiñan en total 94,5 quilos de polbo e nécora, que foron devoltos ao mar.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical