27.3.11

Ribeira: a alcaldable polo Bng participou na Convención dos nacionalistas en Santiago

Domi

Ribeira, 27 de marzo de 2011. Baixo o lema “Coa túa forza hai Futuro”, o Bloque Nacionalista Galego celebrou en Santiago de Compostela a Convención Nacional Municipais 2011, marcado pola presenza da mocidade galega e as redes socias Facebook e Twitter (nesta última rede de microblogging xa houbo quen criticou que se escollera o castelán como idioma de soporte, cando xa está habilitado o galego dende hai boa).

Tras unha xornada matinal centrada nas propostas e experiencias de goberno con candidatos e candidatas menores de 30 anos como protagonistas, a tarde acolleu a intervención dos/as cabezas de lista ás grandes cidades e vilas galegas, para alén da do portavoz nacional, Guillerme Vázquez.

Na convención interviu a candidata á alcaldía de Ribeira, Dominga Brión. Dominga -que comezou cunha cita de Castelao, “os soños primeiro e as ideas despois, crean feitos históricos”- defendeu a posibilidade de deseñar un futuro mellor para os concellos se son gobernados polo Bng. 

"É fundamental", dixo, "poder conservar a nosa flota de baixura porque Ribeira é un dos portos máis afectados polos recortes de capturas da UE” e acusou ao Partido Popular de non ter defendido abondo esta cuestión.

Vía

Achegamos fotografía de Dominga Brión, candidata do BNG á Alcaldía de Ribeira, durante a súa intervención na Convención que a formación nacionalista realizou onte en Santiago.

Acharedes aquí información sobre o contido da súa intervención:

http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/global/contidos/novas/portada/nova_1876.html?uri=/BNG/global/seccions/portada/index.html

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical