"Vale máis unha terra con árbores nos montes que un estado con ouro nos bancos". Castelao
Ribeira, 3 de xuño de 2010. Un ano máis, a tradicional Muiñada de Amendo vaise celebrar neste lugar da parroquia ribeirense de Carreira. Nesta volta cadra o sábado 12 de xuño e, como en pasadas edicións, haberá romería, explicación da muiñada nos da Inasia e Cochas, andaina polo parque natural, comida partillada entre os participantes, música, actividades para nenos e un monólogo. Un plan ben completo para un sábado en contacto coa terra e cuns costumes rurais que se van perdendo.
Programa da Muiñada de Amendo 2010
ROMERIA – (pola mañá)
Ás 10:00
- Exposición fotográfica da Muiñada 2009.
- Explicación do funcionamento dos muiños da Inasia e de Cochas.
- Repartirase tríptico explicativo .
ACTIVIDADE Ó AIRE LIBRE
Ás 11:00 a 2ª ás 12:00
- Andaina polo Parque Natural para todas as idades.
Haberá dous itinerarios diferenes de 3 km. cada un, comezarán e rematarán nos muiños, coa a opción de facer un ou os dous. Son independentes e complementarios
Ás 13:00 - Lendas no Muiño… Contacontos.
XANTAR
Ás 14:00
- Levar comida para partillar.
- A comida traída das casas sumarase á da organización para a mesa común.
O SERÁN - (pola tarde)
Ás 16 : 00
- Actividades para os rapaces con Golfiño: maquillaxe de cara, e obradoiros diversos a cargo de monitores
Ás 18:00
- Actuación de Fogo Fatuo de Rianxo: gaitas, pandeiretas, baile, etc..
MONÓLOGO
Ás 19:00 TRISTE VIDA…!! por.. Bartolo.
Ás 20:00 - Merenda.
- Karaoke
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia