O presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, acudiu aos dous actos
Rianxo, 23 de outubro de 2010. O presidente da Deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro Hermida, inauguraron onte o novo campo de fútbol de herba artificial de A Lomba e a área recreativa anexa, nos que a institución provincial investiu máis de 850.000 euros. No discurso inaugural, Pedro Piñeiro louvou a colaboración económica da Deputación de A Coruña para facer realidade varios proxectos en Rianxo. “Se colocáramos nun plano de Rianxo unha bandeiriña en cada actuación que fai aquí a Deputación, cubriríamos o plano de bandeiras ondeando”, dixo o alcalde rianxeiro, quen foi enumerando as principais inversións deportivas da institución provincial nos últimos anos (sete pistas descubertas, dous pavillóns polideportivos, piscina municipal e campo de fútbol de Asados, recentemente inaugurado). Pedro Piñeiro sinalou que todas estas inversións “son feitos, non promesas, que falan do interese da Deputación pola promoción do deporte”. Fernández Moreda agradeceu a benvida dos veciños e representantes dos clubs alí presentes e afirmou que a súa visita responde a que “gústame ver que os cartos foron ben empregados e que as obras que facemos contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas”. O presidente da Deputación lembrou a súa condición de concelleiro honorario de Rianxo, repasou as inversións que, en materia de deportes, fixo a Deputación na localidade. “O que facemos aquí en Rianxo, facémolo nos 94 concellos da provincia, porque nós non facemos distincións políticas”, subliñou Fernández Moreda. Presidente da Deputación e alcalde visitaron tamén a área recreativa anexa ao campo de fútbol, que costou 352.000 euros e conta con cancha de baloncesto, pista de skate, circuito de footing, mobiliario urbano (bancos, papeleiras, fontes), e unha zona de barbacoas, e na que proximamente se instalará un parque biosaludable para que as personas maiores poidan realizar exercicio físico.
Louvou aos autores por un traballo “serio e ben documentado, que non é doado de escribir, porque case non hai fontes documentais. As fontes son as propias persoas e as que viviron aquela época van desaparecendo”. Segundo Salvador Fernández Moreda, no libro “non se cualifican conductas, se describen os feitos, e sen pon na historia a persoas de Rianxo e familias enteiras que foron vítimas da represión” durante a Guerra Civil. “Un libro como éste faría falta en todos os concellos de Galicia. Non para buscar venganzas ou revanchas, senón para coñecer a nosa propia historia e para evitar que feitos como éstes volvan a suceder”, sentenciou. Os autores agradeceron o apoio e financiación da Deputación para editar esta obra de investigación histórica e dos veciños de Rianxo, “moitos dos cales xa non están”, pola súa colaboración e testemuñas arredor duns feitos “moitas veces difíciles de lembrar”, xa que a maioría dos documentos da época desapareceron dos arquivos municipais.
Rianxo, 23 de outubro de 2010. O presidente da Deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro Hermida, inauguraron onte o novo campo de fútbol de herba artificial de A Lomba e a área recreativa anexa, nos que a institución provincial investiu máis de 850.000 euros. No discurso inaugural, Pedro Piñeiro louvou a colaboración económica da Deputación de A Coruña para facer realidade varios proxectos en Rianxo. “Se colocáramos nun plano de Rianxo unha bandeiriña en cada actuación que fai aquí a Deputación, cubriríamos o plano de bandeiras ondeando”, dixo o alcalde rianxeiro, quen foi enumerando as principais inversións deportivas da institución provincial nos últimos anos (sete pistas descubertas, dous pavillóns polideportivos, piscina municipal e campo de fútbol de Asados, recentemente inaugurado). Pedro Piñeiro sinalou que todas estas inversións “son feitos, non promesas, que falan do interese da Deputación pola promoción do deporte”. Fernández Moreda agradeceu a benvida dos veciños e representantes dos clubs alí presentes e afirmou que a súa visita responde a que “gústame ver que os cartos foron ben empregados e que as obras que facemos contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas”. O presidente da Deputación lembrou a súa condición de concelleiro honorario de Rianxo, repasou as inversións que, en materia de deportes, fixo a Deputación na localidade. “O que facemos aquí en Rianxo, facémolo nos 94 concellos da provincia, porque nós non facemos distincións políticas”, subliñou Fernández Moreda. Presidente da Deputación e alcalde visitaron tamén a área recreativa anexa ao campo de fútbol, que costou 352.000 euros e conta con cancha de baloncesto, pista de skate, circuito de footing, mobiliario urbano (bancos, papeleiras, fontes), e unha zona de barbacoas, e na que proximamente se instalará un parque biosaludable para que as personas maiores poidan realizar exercicio físico.
Rianxo na súa historia
Fernández Moreda e Pedro Piñeiro asistiron, no Auditorio de Rianxo, á presentación pública do libro "Rianxo na súa historia", dos autores rianxeiros Xosé Comoxo e Xesús Santos, tamén presentes no acto. Ante un auditorio repleto de veciños da localidade, entre os que tamén había alcaldes da comarca, Fernández Moreda lembrou que cando Pedro Piñeiro lle propuxo que a institución provincial editara este libro “non o dubidei nin un segundo, porque esta obra servirá para poñer na historia feitos que ocorreron e que foron ocultados durante moitos anos”.Louvou aos autores por un traballo “serio e ben documentado, que non é doado de escribir, porque case non hai fontes documentais. As fontes son as propias persoas e as que viviron aquela época van desaparecendo”. Segundo Salvador Fernández Moreda, no libro “non se cualifican conductas, se describen os feitos, e sen pon na historia a persoas de Rianxo e familias enteiras que foron vítimas da represión” durante a Guerra Civil. “Un libro como éste faría falta en todos os concellos de Galicia. Non para buscar venganzas ou revanchas, senón para coñecer a nosa propia historia e para evitar que feitos como éstes volvan a suceder”, sentenciou. Os autores agradeceron o apoio e financiación da Deputación para editar esta obra de investigación histórica e dos veciños de Rianxo, “moitos dos cales xa non están”, pola súa colaboración e testemuñas arredor duns feitos “moitas veces difíciles de lembrar”, xa que a maioría dos documentos da época desapareceron dos arquivos municipais.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia