O conselleiro de Cultura e Turismo xa asiste hoxe á gala inaugural da ‘LV Semana Internacional de Cine de Valladolid’ e á proxección do filme ‘También la Lluvia’, protagonizado polo actor galego Luis Tosar. Mañá estará na presentación da película do director noiés, que produce Vaca Films
Roberto Varela nunha visita ao Museo Valle-Inclán da PobraNoia, 23 de outubro de 2010.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asistirá hoxe á gala inaugural da LV Semana Internacional de Cine de Valladolid e á proxección da película También la Lluvia, un filme dirixido por Iciar Bollaín e protagonizado polo actor galego Luis Tosar, elexida candidata por España aos premios Oscar da Academia de Hollywood. Dentro das accións de apoio ao audiovisual galego, Roberto Varela tamén acudirá mañá á presentación e proxección da longametraxe Retornos, da produtora galega Vaca Films, dirixida polo noiés Luís Avilés.
Escea de "Retornos" rodada en PontenafonsoO Teatro Zorrilla acollerá mañá dentro da sección Punto de encontro o pase oficial da película Retornos, da produtora galega Vaca Films en coproducción con Zed Filmes e Patagonik Film Group e dirixida polo realizador e guionista de Noia Luis Avilés. Retornos chega á Seminci unha semana antes da súa estrea en salas de cine de toda España, programado para o 29 de outubro. A presentación de Retornos contará coa presenza de parte do equipo da película, desde o director Luis Avilés ata os produtores Emma Lustres e Borja Pena, pasando polos actores protagonistas, Xavier Estévez (Padre Casares), Manuela Vellés (Caótica Ana, Camino), Emilio Gutiérrez Caba (Gran Reserva), Xosé Manuel Olveira “Pico” (Padre Casares, Pratos Combinados) e María Bouzas (Una mujer invisible, Heroína). Á proxección da longametraxe Retornos na Seminci únese a presentación do filme La tropa de trapo en el país donde siempre brilla el sol, primeira película de animación en 3D estereoscópico feita en España dirixida por Alex Colls e producida por Anera Films, Continental Animación e Abano Producións. Antes publicamos:

Retornos: a película do noiés Luís Avilés compite na Seminci de Valladolid e estréase o 29 de outubro en toda España. Máis
Noia: a primeira longametraxe de Luís Avilés Baquero, "Retornos", seleccionada para o Festival Internacional de Cine de Montreal. Máis
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario