Texto e fotos: Paco do Martelo
- Remataron as Xornadas de Historia e Cultura de Porto do Son, adicadas á cultura castrexa e o megalitismo
- A sensación en cada xornada foi sempre a mesma: os políticos só se ocupan das obras novas, as do pasado danlle bastante igual
A bordo do balando Joaquín Vieta, con base en Noia, visitáronse os tres castros marítimos do Son: Baroña, Nadelas e Illa do Mar Porto do Son, 13 de agosto de 2011. Onte remataron as Xornadas de Historia e Cultura. Pola mañá houbo unha visita guiada ao Centro de Interpretación do Castro de Baroña e posterior visita guiada ao Castro deste mesmo nome. Como actividade complementaria, non organizada pola comisión das xornadas, pero que tivo unha moi boa acollida, foi unha visita por mar aos tres castros marítimos de Porto do Son: Baroña, Nadelas e Illa do Mar. A viaxe foi a bordo do Joaquin Vieta.
CONFERENCIAS"En busca dos concheiros perdidos: pesca e marisqueo na cultura castrexa".
Victor Bejega García, Eduardo González Gómez de Agüero.
Universidade de León. Área de prehistoria.O cuncheiro como ADN dun castroA información que proporciona un cuncheiro é estacional; climática e en que época se recolectou ese marisco. Tamén proporciona información económica e artesanal. O método usado para datar todo isto é nun primeiro paso cribar todo cunha malla dun milímetro. Logo faise un "triado", identifícase e tómanse os datos biométrcos. Para darse unha idea da labor que isto xera, nalgún chegaron a procesar unha tonelada.
O principal elemento que se atopa neles son cunchas, daí o nome, pero tamén restos de moluscos, crustáceos, alfarería ou metalurxia. Nos primeiros séculos antes de Cristo o normal é atopar por rigoroso orde en maior medida e como elementos principais, restos de lapas, mexillóns e ameixas e longueiróns, e como secundarios, berberechos, bígaros e ostras. De todo isto despréndese que había ausencia de sobreexplotación.
Un exemplo é o Castro de Punta Atalaia (Cervo-Lugo), onde o 99% do seu cuncheiro era exclusivamente a base de lapas.En opinión destes expertos, o Castro de Neixón (Cespón, Boiro) é o mellor datado ata o momento. O cuncheiro de Baroña atopouse xunto á casa número 5. Xa no interior, o normal é atopar restos de ostras, como en Astorga e León, pero tamén vieira e ameixas. En base a estes datos, detéctase que nos castros marítimos consumíanse as especies de baixo valor comercial (autoconsumo) e exportábanse as consideradas de maior valor. Pesca no mundo prerromanoNos séculos V-II A de C, poucas especies de peixes se pescaban, e só vertebrados. Unha característica é que non se atopan nin cabezas, nin escamas, o que induce a pensar que os limpaban no mar nada máis capturalos e que rexeitaban a cabeza. Estes peixes eran semigrasos e brancos, ningún azul e como eran especies caníbais, pescábanos cos azos que se acharon.
A partires do Século II A de C, xa se aumenta o número de especies que pescan: faneca, ollomol, maragota, xurelo e xarda e tamén se da un cambio: tráenos enteiros para terra. O aumento da poboación e dos castros conlevou a aparición de redes para poder alimentar a todos. Isto sábese porque tamén se atoparon pedras coas que fondeaban as súas redes para atrapar os peixes. Auga máis quentiña Naquela época era abundante a xarda pintada, máis propia de mares quentes, pero polos datos que se manexan, calculan que a temperatura da auga nesas épocas era 2 grados superior á día de hoxe. Xa en épocas máis recentes, sábese que por exemplo na Idade Media, pescábanse linguados e meros. Un dato moi importante (e óllase que non hai quen lle poña o axóuxere ao gato) é que a merluza -a pescada- cun tamaño envexable, moi abundante na época prerromana e romana, coa pesca do arrastre foise retirando cada vez máis da costa e mesmo desaparecendo. En Cantabria dende que se creou unha reserva mariña na que está prohibida a arte do arrastre, volveu aparecer a merluza. Hai que investigar o cuncheiro de Taramancos
Enorme cuncheiro atopado este ano no castro de Taramancos Como non podía ser menos, porque estes días está en boca de todos, falouse do cuncheiro atopado en Taramancos-Noia, e agardan que se-lles deixe investigalo. Veremos se impera o sentido común e non pasa como en tantas aberracións cometidas, tanto por políticos, como por expertos na materia e por profanos. Máis información sobre cuncheiros e relacionadas, en http://arqueomalacologia.blogspot.com/ "Castro de Baroña: paisaxe cultural e xacemento arqueolóxico".
Anxo Concheiro Coello Arqueólogo O Castro de Baroña require unha Reestruturación Arquitectónica
Algún día o castro converterase en tres illotes
Ás casas vanlle aparecer as portasConcheiro, un dos arqueólogos que máis estudou o Castro de Baroña, concibe este xacemento (pola súa silueta) coma un gran cetáceo que varou aí e destaca a súa espectacularidade, riqueza e pola súa defensa. A súa entrada é moi común noutros castros ingleses. Ángel Concheiro non está de acordo coa datación de Baroña por un escaso coñecemento científico e cre que é da Idade do Ferro. Foi descuberto en 1933 por Pablo Díaz, un capitán de carabineiros destinado en Porto do Son, que fixo a primeira escavación. José María Luengo entre 1969 e 1970, tamén o escava e fai outra mala reinterpretación da época. Nos anos 80 é Francisco Calo Lourido, o que intervén nel, hasta que nos 90, o propio Concheiro fai a súa achega, e agradeceu a colaboración de moita xente, entre eles, o veciño do Son Ramón Alonso Vila. Nada dos romanos en Baroña Un dato a destacar é que non apareceu ningunha simboloxía romana. Para iso amosou o pendente de ouro atopado no castro e outro de época romana, para que se vira a súa gran diferencia. O castro consolidouse grazas a Calo Lourido, que se atopou cunha ruína. Futuro Centro de Interpretación de BaroñaO arquitecto da ETSA de Coruña e máster en Urbanismo, Marcial Rodríguez Rodríguez, falou do proxecto do Futuro Centro de Interpretación, que consistirá en tres edificios de madeira e pedra, difuminados no entorno. Tamén se abordou a erradicación do campismo salvaxe (estes días é desaforado, como se pode ver nas fotos) e na expropiación desa mole branca -casa unifamiliar- co que se devolverá á zona a súa primitiva imaxe. Tamén se denunciou a escavación furtiva feita o ano pasado e o xeito de usaren as pedras xa do propio castro para facer figuras de pedra, simboloxía adaptada doutros lares, pois nin milladoiros propios doutros santuarios galegos, como Teixido, son. Acto de ClausuraJosé Luís Oujo Pouso, alcalde de Porto do Son, púxose todo solemne para dicir que "se renunciamos á nosa Historia non temos futuro" e comprometeuse a crear unha partida especifica para o próximo ano, adicada ao Castro de Baroña. Tivo o valor de recoñecer que a pesar de prometer o primeiro día acompañarnos nalgún acto, non o fixo. Agardemos que esa última promesa sexa algo máis firme, inda que vendo todas as feitas polos políticos sobre este castro ao longo da última década, mellor ser escépticos totalmente. Pola súa banda, Asunción Torres Parada, concelleira de Cultura de Porto do Son, pediu "a colaboración de todos e todas para preservar o noso legado e loitar contra os vándalos que o atacan". Manuel Mariño del Río, Director das Xornadas, agradeceu o feito e dixo que "detrás dunhas xornadas hai un gran traballo e moita colaboración altruísta". A coordinadora das Xornadas, Patricia Torrado Queiruga, asegurou que estas xornadas teñen moita razón de ser "e xa está en marcha a seguinte edición". Houbo unha actuación musical a cargo de Ramón Leis. Aínda que non viña no programa, estivo acompañado pola fermosa voz dunha soprano. Nota: Cada un é dono dos seus actos, pero persoalmente botei en falta a presenza de moitos máis políticos en activo ou retirados. Aburrirálles coñecela nosa Historia?
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia