8.12.12

Porto do Son: este domingo, 9 de decembro, parada de "Emily on the road", de Ramón Blanco

  • Presentación do poemario deste autor de Outes na casa da cultura ás 20:00 horas
  • Acompáñano Asunción Torres, concelleira de Cultura; o poeta e editor Manuel L. Rodrigues e Manolo do Río, do colectivo literario Sacou
Media_httpfarm9static_nfdsi

Ramón Blanco, recitando

Porto do Son, 8 de decembro de 2012. A editorial Acha Escrava presentará en Porto do Son o novo libro de poesía de Ramón Blanco (Outes, 1979), que leva por título Emily on the road (Unha viaxe ás terras do oeste). Será na Casa da Cultura, mañá, domingo 9 de decembro, ás 20:00 horas. O autor estará acompañado por Asunción Torres Parada, concelleira de culutra; Manuel L. Rodrigues, en representación da editora; e Manolo do Río, do colectivo literario Sacou, onde Ramón Blanco se iniciara como escritor.

O acto rematará cun recital poético-musical no que o autor lerá algúns fragmentos do libro, que ambientará coa súa música o saxofonista Pablo Sax. Esta é a décima dunha serie de presentacións por diversas vilas e cidades, no que a propia editora denominou "Xira Emily on the road".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical