Noia: aberta a preinscrición para un curso de teatro (YoCreo) de outubro a xuño que imparte María Creo post.ly/9Bfij
— Certo (@Certo) September 10, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: aberta a preinscrición para un curso de teatro (YoCreo) de outubro a xuño que imparte María Creo post.ly/9Bfij
— Certo (@Certo) September 10, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo móllase polo galego. quepasanacosta.com/?p=18004 vía @quepasanacosta cc/ @gconfidencial cc/ @prazapublica
— Certo (@Certo) September 10, 2012
O Concello de Rianxo e Vitaminas presentan a campaña "Móllate polo galego" praza.com/movementos-soc…
— CTNL (@ctnl) September 10, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo, 10 de setembro de 2012.- O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, mantivo esta mañá unha reunión de traballo coa confraría de Rianxo para profundizar nas iniciativas de vixilancia portuaria.
Rianxo: o Concello e a plataforma "Vitaminas para o galego" presentan este mércores 12 a campaña "Móllate polo galego" post.ly/9EtwE
— Certo (@Certo) September 10, 2012
Rianxeiros! Deixade aljo para mañá para disfrutar todo o que poidamos coa NASA nas nosas festas.
— Charanga NASA (@CharangaNASA) September 9, 2012
¿Estricta disciplina alemana y despilfarro español? Falso: la deuda de los länder es de 6.300€/hab. La de las CCAA españolas, 2.500 €/hab.
— estrella_rafa (@Estrella_Rafa) September 9, 2012
Logo dos múltiples comentarios de que esa #Feijooneta non representa o espírito do @ppdegalicia vos presentamos esta twitter.com/feixoo2012/sta…
— Feixoo 2012 (@feixoo2012) September 9, 2012
Rianxo: desembarco do PP na Guadalupe. Vexan xunta.es/image/image_ga…e sobre todo xunta.es/image/image_ga…
— Certo (@Certo) September 9, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 10 de setembro de 2012- Este domingo 16 de setembro terá lugar a 15ª edición da Carreira Popular de Santa Uxía, unha cita que completa o quinto Circuíto de Carreiras Populares Concello de Ribeira despois da celebración das probas de O Corgo en Corrubedo, A Guía en Carreira e O Demo en Artes.
A falla de dous días para rematar o peche do prazo de inscricións (nas páxinas web www.riveira.com e www.championchipnorte.com) son máis de 220 o número de inscritos nas modalidade absolutas da carreira (é dicir, as que deben completar o percorrido de 10.000 metros) e arredor de 600 os que tomarán parte entre as 15 subcategorías que forman parte da mesma (incluíndo os que deben completar distancias de 3.000, 1.500, 500 e 300 metros). Así o deu a coñecer o concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez, durante a presentación da proba, na que estivo acompañada da directora técnica da Federación Galega de Atletismo, Madó González.
Unha das grandes novidades desta edición é precisamente que a mesma proba se erixirá en Campionato Galego de 10.000 metros en Ruta que promove esta federación, en catro categorías: júnior, promesa, sénior e veteranos.
En todas estas a distancia a percorrer son 10.000 metros homologados pola Federación Galega que deberán completarse en dúas voltas. A saída terá lugar ás 10.30 horas na avenida do Malecón (á altura da Oficina de Turismo). Martínez Queiruga resaltou a idoneidade da carreira para alcanzar un bo tempo dado o perfil plano da mesma, carente de pendentes significativas.
Como posibles favoritos, Madó Fernández subliñou a Pedro Nimo e Alejandro Fernández en categorías masculina, e a Yolanda Gutiérres e Esther Naverrete en feminina.
Acto seguido terá lugar a proba en categorías inferiores: pitufo (300 metros), prebenxamín (500 metros), benxamín e alevín (1.500 metros) e infantil, cadete e xuvenil (3.000 metros).
Ollo: peches para o tráfico rodado
Juan Luis Martínez quixo agradecer a colaboración das empresas e colectivos veciñais que fixeron posible estas probas e aproveitou para pedir desculpas á cidadanía polos peches de tráfico que serán necesarios acometer para o desenvolvemento da cita: peches que afectarán ao paseo do Malecón e parque García Bayón e, máis puntualmente, ao paseo das Carolinas.
Relacionada:
Atletismo: a Carreira do Demo chegou á quinta edición en Artes
Ribeira: o parque público de Figueirido, en Palmeira, como novo post.ly/9Ew2L
— Certo (@Certo) September 10, 2012
A última ocorrencia de @marianorajoy e o seu goberno, o de chamar parados aos montes, analisada: laboro-spain.blogspot.com/2012/09/ley-tr… Si, mexan por nós! eló
— Certo (@Certo) September 10, 2012
Ribeira: abren prazo para anotarse á viaxe ao norte de Portugal do 21 de setembro post.ly/9EsTY
— Certo (@Certo) September 10, 2012
Ribeira: este sábado, 15 de setembro, homenaxe a Ánxel Vila, patrón do Xurelo post.ly/9EsFC
— Certo (@Certo) September 10, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Palmeira.- 10 de setembro de 2012.- Tan só faltan acometer os últimos detalles antes de concluír a remodelación do parque público situado no lugar de Figueirido (na parroquia de Palmeira, moi preto do seu límite coa cidade de Santa Uxía): unha actuación que tivo un investimento de 101.016,11 euros.
Co fin de fortalecer o uso recreativo desta parcela municipal (na que a vexetación existente impedía un correcto aproveitamento da mesma) o Concello decidiu crear unha zona axardinada con grellas e merendeiros, ademais dunha área infantil para os máis pequenos, con balancín, tobogán e outros elementos lúdicos. Así mesmo, fíxose unha senda peonil de zahorra artificial para dar acceso ao lugar e instalouse distinto mobiliario urbano.
Previamente, foi necesario desbrozar a superficie e remover a terra para compensar as partes con desniveis. A obra foi realizada pola empresa Lisardo Inversiones S.L. e tivo un prazo de execución de tres meses. A actuación está adscrita ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos (POS Complementario) da Deputación Provincial.
Os twitteiros galegos inda non felicitan a @feijoo2012 por este medio. Hoxe é o seu aniversario! Un pouquiño de por favor! eló PGL: «O galego, chave para os teus negócios no mundo» pglingua.org/noticias/infor… vía @pglingua Rianxo: o Concello e a plataforma "Vitaminas para o galego" presentan este mércores 12 a campaña "Móllate polo galego" post.ly/9EtwE Ribeira: abren prazo para anotarse á viaxe ao norte de Portugal do 21 de setembro post.ly/9EsTY Ribeira: este sábado, 15 de setembro, homenaxe a Ánxel Vila, patrón do Xurelo post.ly/9EsFC
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Rianxo, 10 de setembro de 2012. O vindeiro mércores, 12 de setembro, será presentada no Concello de Rianxo, ás doce do mediodía, a campaña "Móllate polo galego", destinada a aumentar a sensibilidade dos mozos polo idioma galego. Na presentación estarán o músico e actor Tonhito de Poi, ex compoñente de Heredeiros da Crus que agora milita en Rasa Loba; o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, e un dos integrantes de Certo, diario dixital do Barbanza que colabora na plataforma organizadora, Vitaminas para o galego.
"MÓLLATE POLO GALEGO": CAMPAÑA ACUÁTICA
Acuática será esta campaña, no mellor espazo estival que ten Rianxo -Tanxil-, xa no límite do verán co outono, o sábado 22 de setembro. Na presentación daranse os detalles da xornada, que ten como obxectivo concienciar á mocidade sobre a importancia de empregar a lingua propia de Galicia en todos os eidos, e tamén de xeito lúdico e artístico. QUE É VITAMINAS PARA O GALEGO?Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Barbanza-Noia, 10 de setembro de 2012. As organizacións CEMMA (Coodenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños), ADEGA, SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), PDR-CIES e FEG (Federación Ecoloxista Galega) apoian a proposta da retirada diaria das nasas destinadas á captura do polbo, nécora, choco e outras especies ao finalizar a xornada de pesca, co obxecto de reducir o esforzo pesqueiro. Deste xeito contribúese a diminuir o tempo que permanecen as nasas sumerxidas no mar, e por tanto, redúcense tamén os posibles impactos ambientais que poden chegar a producir no medio mariño, principalmente a captura accidental de grandes vertebrados mariños, algúns en perigo de extinción, que resultan vulnerábeis á interacción con obxectos estáticos presentes no mar. Informe IMPACTO NASAS (5.64 MB)
MANIFESTO SOBRE O IMPACTO DA PESCA CON NASA
A nasa é unha arte de pesca das máis antigas e máis usadas no mundo. Inicialmente foi unha trampa para atrapar peixes nos ríos, a expensa das correntes, e logo foi utilizada no mar, con cebo ou carnada para atraer ás especies obxectivo (crustáceos ou moluscos). Aínda que debía ser usada xa na época romana, non se recollen mencións ata épocas moi tardías, no século XVI. A primeira pesqueira de importancia nace no século XX, a da nécora (Necora puber) e do camarón (Palaemon serratus), e pode datarse entre 1940-50 aproximadamente. É una pesqueira mixta, ao utilizar ambas especies os mesmos hábitats.
As nasas actuais consisten nunha armazón de forma cilíndrica ou troncocónica, de madeira ou metal, recuberta por un pano de rede de fío ou plástica, cunha boca en forma de funil pola que entra o obxecto da captura. Interiormente colócase un cebo para atraer aos depredadores e deposítanse no mar unidas a un cabo nai formando caceas, unidos a unhas boias, e cébanse con diversos tipos de carnada. As especies obxectivo son recollidas con vida e ceibadas se non cumpren cos requisitos legais. Se ben a súa captura sempre provoca certo impacto, considérase que a súa supervivencia é máxima se son ceibadas una vez recollidas das nasas.
O uso da nasa está regulado como arte de pesca na normativa que emana da Lei 11/2008, e da Lei 6/2009, de pesca de Galicia, mediante DECRETO 15/2011, polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos de Galicia, e pola ORDE do 23 de decembro de 2011 pola que se aproba o Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o ano 2012.
Recentemente volveuse debater nos portos e Confrarías de Pontevedra sobre a proposta de ter que levar diariamente para terra as nasas destinadas á captura do polbo como medida de control dentro do plan de explotación da especie. Finalmente acordouse traer as nasa para terra só durante a fin de semana.
En base a esta situación a CEMMA ven de relizar o informe "IMPACTO DA PESCA CON NASA: avaliación e propostas de mellora" (5.64 MB) no que se presenta a información recollida por esta entidade ao longo dos seus vinte anos de traballo a prol do estudio, conservación e divulgación das tartarugas e mamíferos mariños nas augas de Galicia. No mesmo recóllese a información ao respecto da mortalidade por captura accidental nas nasas das seguintes especies: tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea), das que se comprobaron 13 capturas (61% vivas); quenlla peregrina ou momo (Cetorhinus maximus); balea xibarte (Megaptera novaeangliae), dous exemplares atrapados e un deles liberado; balea alibranca (Balaenoptera acutorostrata), arroaz boto (Grampus griseus), e tamén golfiños e lontras (Lutra lutra). Catro destas especies están incluídas na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial e do Catálogo Español de Especies Ameazadas (Real Decreto 139/2011, 2011): a balea xibarte e a balea alibranca na categoría de Vulnerable, e a tartaruga de coiro e o momo sen categoría de ameaza, aínda que consideradas en perigo crítico e como vulnerable, respectivamente, a nivel mundial (Lista vermella da IUCN).
É por iso que, as entidades asinantes deste manifesto: CEMMA, ADEGA, SGHN, PDR-CIES e FEG apoian a proposta da retirada diaria das nasas destinadas á captura do polbo, nécora, choco e outras especies ao finalizar a xornada de pesca, co obxecto de reducir o esforzo pesqueiro. Deste xeito contribúese a diminuir o tempo que permanecen as nasas sumerxidas no mar, e por tanto, redúcense tamén os posibles impactos ambientais que podan chegar a producir no medio mariño, principalmente a captura accidental de grandes vertebrados mariños, que resultan vulnerables á interacción con obxectos estáticos presentes no mar.
Os cabos das caceas das nasas son elementos susceptibles de engancharse nos corpos destes animais, podendo atrapalos e chegar a provocarlle a morte por asfixia ou afogamento.
Así mesmo, consideramos imprescindible a posta en marcha de programas de seguimento da pesqueira da nasa do polbo, nécora, choco e outras especies, que permitan investigar se existen zonas de pesca, horarios, épocas do ano, prácticas pesqueiras ou outros posibles factores que sexa necesario regular para reducir os impactos negativos sobre o ecosistema e as especies mariñas
Todas estas medidas deberán verse acompañadas dun control e seguimento por parte da administración, destinado a garantir que se cumpla coa lexislación pesqueira vixente, como medida para garantir a conservación dos recursos naturais pesqueiros e do medio mariño.
Consideramos necesario incidir no deseño de protocolos para a liberación de tartarugas e mamíferos mariños que sexan detectados aínda con vida, e atrapados nas caceas das nasas, co obxecto dunha actuación de emerxencia que garanta a súa supervivencia. A posta en marcha de programas de educación e sensibilización ambiental complementarios, dirixidos especificamente ao sector pesqueiro resultan imprescindibles para poder acadar bos resultados nesta liña.
Asinan este manifesto:
CEMMA (Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños), ADEGA, SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), PDR-CIES e FEG (Federación Ecoloxista Galega).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia